Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: subministración de productos cárnicos.

3. Orzamento (IVE incluído): 19.000.000 de pesetas.

4. Duración do contrato: ano 2001.

5. Lugar de entrega: Centro Residencial e Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) (Lugo).

6. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

7. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

8. Presentación das ofertas: oito (8) días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

10. Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 262, con data do 15 de novembro de 2000.

Lugo, 15 de novembro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo