A Sociedade Cooperativa Agraria Medela, Sdad. Coop. Ltda., con domicilio na estrada de Ramil, s/n, Taboada (Lugo), e CIF nº F/27021633, por medio da presente e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, na reunión de data 9-11-2000, acordou fusionarse, mediante a constitución dunha nova cooperativa, coas sociedades cooperativas agrarias Chataca, Cofaro e Codiproga. A nova cooperativa denominarase Icos, S. Coop. Galega.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Pablo García González
Presidente