Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/53-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., Seixalbo-urbanización Araújo.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV circunvalación urbanización Araújo: derivada da L.M.T. circunvalación aérea existente, sendo os primeiros 4 m aérea e conductor LA-110 e 1.165 m subterránea en conductor R.H.Z. 12/20 kV ata o remate no C.T. urbanización Araújo. Liña aérea a 20 kV de 3 m en conductor LA-110 desde a L.M.T. Velle-Rairo-Castrelo ata o C.T. O Piñeiral-2. Liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 410 m desde a L.M.T. subterránea centro informático Caixa Ourense ata a L.M.T. subterránea ó C.T. Pazo dos Deportes pasando polo C.T. predio Sevilla. L.M.T. subterránea de 30 m que une as liñas subterráneas ó C.T. O Piñeiral-2 e C.T. Caixa de Aforros, pasando polo C.T. O Piñeiral-1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 29 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense