Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., As Camelias.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea, de 420 m, en conductor R.H.V.-12/20, derivada desde a liña ó C.T. Polvorín (rexistro r/ Ponte Codesal) e remata no C.T. proxectado nas Camelias, con 400 kVA, 20.000-380/220 V. Redes de baixa tensión subterránea nas Camelias derivada do C.T.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 2 de outubro de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense