Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Propietarios de Parcelas del Parque Empresarial de Trabanca-Badiña (Vilagarcía de Arousa).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Propietarios de Parcelas del Parque empresarial de Trabanca-Budiña (Vilagarcía de Arousa), que abrangue os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: xestión, coordinación e defensa dos intereses dos adquirentes asociados.

Asinan a acta de constitución: Joaquín Buceta Hazas e Antonio García Gómez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 25 de outubro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra