Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno Municipal, en sesión do 28 de setembro de 2000, a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio; durante tal prazo calquera persoa física ou xurídica poderá examina-lo expediente nos servicios técnicos municipais, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que coiden oportunas.

Na área que a seguir se indica, á que se contrae a modificación, queda suspendido o outorgamento de licencias -por prazo dun ano-, dado que as novas determinacións do planeamento supoñen modificación do réxime urbanístico vixente.

Parcela con destino provisional a residencia colectiva en época estival e patio de colexio Luis Vives, sita en avda. de Ricardo Sánchez e rúa Cabanas desta vila.

Pontedeume, 20 de outubro de 2000.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde