Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.100

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2000 pola que se acorda publica-la estratexia galega de xestión de residuos.

A Resolución do Consello da Unión Europea do 24 de febreiro de 1997 (DOC 76, do 11 de marzo) sobre unha estratexia comunitaria de xestión de residuos afirma, no seu artigo 5, a necesidade de que na Comunidade Europea se aplique unha política global de xestión de residuos. Isto implica dispoñer dos instrumentos axeitados para conseguir este fin. Así, o artigo 46 desta resolución anima os Estados membros a faceren uso dunha ampla gama de medidas para a consecución dos seus obxectivos estratéxicos sobre residuos, da forma máis coherente posible. Neste sentido a actividade planificadora da xestión dos residuos no ámbito rexional, sinalada no artigo 45 da dita resolución, precisa dun instrumento que garanta que os plans específicos están elaborados con criterios homoxéneos e acordes coas directrices comunitarias.

En virtude do exposto, a Xunta de Galicia considerou necesario elaborar unha Estratexia Galega de Xestión de Residuos. Esta estratexia contribúe á aplicación dunha política global comunitaria de residuos (pois recolle os principios da Estratexia Comunitaria), ó tempo que avala a coherencia das medidas previstas pola planificación concreta da xestión dos distintos tipos de residuos, co fin de consegui- los obxectivos marcados pola normativa vixente no ámbito comunitario, nacional e rexional.

Aínda que a elaboración desta estratexia non constitúe unha obriga de acordo coa normativa vixente, a súa conveniencia e oportunidade quedan sobradamente demostradas: trátase dun instrumento que pretende defini-lo modelo básico de xestión de residuos en Galicia desde unha perspectiva global e integradora para garanti-la homoxeneidade das medidas que se deben adoptar e a súa conformidade coas directrices comunitarias.

En consecuencia, en exercicio das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

RESOLVO:

Facer pública a Estratexia Galega de Xestión de Residuos co obxecto de garanti-lo seu coñecemento ós cidadáns e ás administracións implicadas.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

Estratexia galega de xestión de residuos

1. Introducción.

A capacidade natural do ser humano para modifica-lo medio no que vive foi medrando de forma paralela á evolución dun desenvolvemento tecnolóxico que, ben que multiplicou as posibilidades de ocasionar prexuízos ó ambiente, tamén permitiu corrixir algúns dos danos inflixidos previamente e previ-la aparición doutros novos.

As actividades humanas realizadas con anterioridade á revolución industrial do século XVIII producían, en xeral, efectos dunha magnitude tal que lle daban un carácter marxinal e que as facía doadamente absorbibles polo medio receptor. É a partir da incorporación das novas tecnoloxías de producción e dos novos hábitos de consumo cando os resultados destas actividades adquiren unha natureza e magnitudes que chegan a supera-la capacidade natural de autorrexeneración do medio.

O modelo de desenvolvemento económico mundial dos dous últimos séculos deu lugar a unha degradación da calidade ambiental de amplas zonas do planeta que, nalgúns casos, poden estar considerablemente afastadas da fonte causante de tal degradación.

A concepción tradicional do ambiente considerou esta deterioración como o problema que resolver cando, en realidade, constitúe só un síntoma da mala xestión e o abuso indiscriminado. A causa desta situación, sobre a que é necesario actuar se se queren conseguir éxitos perdurables, reside nas pautas de conducta e consumo actual da humanidade que, entre outras cuestións, se atopa con dificultades para poñer prezo a determinados bens cun valor que non está sendo convenientemente considerado polo sistema económico.

O ser humano, a súas actividades e o medio bioxeofísico conforman unha unidade indisociable. As actividades humanas repercuten de maneira decisiva na calidade do medio e este, pola súa vez, condiciona directamente as posibilidades de desenvolvemento do ser humano. Esta visión global e integradora da nosa relación co medio supón a chave para garanti-la sustentabilidade do desenvolvemento socioeconómi

co, tal como puxo de manifesto o informe Os límites do crecemento, emitido en 1972 polo Club de Roma.

Unha das variables ambientais que máis directamente inflúen na calidade de vida dos cidadáns é a xestión dos residuos orixinados nas actividades humanas, polo que resulta necesario dispor dunha estratexia que, partindo desta nova concepción integral, asegure a optimización das decisións que en relación con esta materia sexan tomadas en cada momento.

No texto que segue preténdese desenvolve-los elementos que conforman a dita estratexia.

2. Antecedentes.

2.1. Marco comunitario.

O Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, tralas modificacións introducidas polo Tratado de Maastricht e o Tratado de Amsterdam, asumiu como obxectivo principal da Comunidade (art. 2) promover un desenvolvemento harmonioso, equilibrado e sustentable das actividades económicas no conxunto da Comunidade, o cal implicará, segundo se recolle no artigo 3, letra l, unha política no ámbito do ambiente.

No artigo 174 do dito tratado (antigo artigo 130 R) determínase que esta política terá como obxectivo alcanzar un nivel de protección elevado, baseándose nos principios de cautela e acción preventiva, no principio de corrección dos atentados ó ambiente, preferentemente na fonte mesma, e no principio de quen contamina paga, que conforman a filosofía xeral como ideas máis permanentes que dan a visión de síntese ó conxunto de obxectivos, políticas e programas de acción, dando así mesmo as pautas esenciais a que orientármonos na hora de entende-los obxectivos e políticas.

No artigo 5 (antigo 3 B) confírese grande importancia ó principio de subsidiariedade, especificando que a acción da comunidade nos ámbitos que non sexan da súa competencia exclusiva, como é o caso do ambiente, se desenvolverá só na medida en que os obxectivos da acción pretendida non poidan ser resoltos de maneira suficiente polos Estados membros. Esta cuestión incorpórase tamén no Tratado da Unión Europea (Maastricht, 1992), modificado polo Tratado de Amsterdam, que no seu artigo 1 (antigo A) especifica que as decisións serán tomadas da forma máis aberta e próxima ós cidadáns que sexa posible.

O quinto programa comunitario de política e actuación en materia de ambiente e desenvolvemento sustentable da Comunidade Europea, aprobado en 1993, revisado en 1998 e vixente ata o ano 2000, combina o principio de subsidiariedade co principio máis amplo de responsabilidade compartida, que implica non tanto a opción por unha actividade desde unha esfera con exclusión das demais senón, máis ben, unha combinación de axentes e instrumentos nas esferas adecuadas, sen prexuízo das súas respectivas competencias.

A meta final do programa é modifica-las pautas de crecemento da comunidade para dirixilo cara a un desenvolvemento sustentable, entendendo como tal o acuñado no Informe Brundtland de 1987: aquel que satisfai as necesidades do presente sen poñer en perigo a capacidade das xeracións futuras para satisface-las súas propias necesidades.

O programa considera, así mesmo, que a comunicación, a información, a educación e a formación son esenciais para estimula-la sensibilización sobre o ambiente e promover cambios de comportamento en tódolos sectores da sociedade.

2.2. Marco nacional y autonómico.

O artigo 45.1º da Constitución recoñece o dereito de todos a gozar dun ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo e a obriga dos poderes públicos de velar pola utilización racional dos recursos naturais, co fin de protexer e mellora-la calidade da vida e defender e restaura-lo ambiente, apoiándose na indispensable solidariedade colectiva.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, recoñécelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva para aproba-las normas adicionais sobre protección do ambiente e a paisaxe nos termos do artigo 149.1º.23 da Constitución.

A configuración xeral do sistema de defensa, protección, conservación e restauración, cando sexa o caso, do ambiente de Galicia aparece recollida na Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia.

No ano 1997 promulgouse a Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia, onde se describe o marco de xestión dos residuos sólidos urbanos na Comunidade Autónoma e se establece a obriga de redactar un Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia que sirva como instrumento director e coordinador de tódalas actuacións en materia de xestión deste tipo de residuos.

O artigo 4 da Lei 10/1998, de residuos, incluído no capítulo II, relativo ás competencias administrativas, especifica que corresponderá ás comunidades autónomas a elaboración dos plans autonómicos de residuos e a autorización, vixilancia, inspección e sanción das actividades de producción e xestión de residuos.

A Comunidade Autónoma de Galicia veu desenvolvendo ata o momento un conxunto de accións para a organización da xestión dos residuos xerados no seu territorio, centradas fundamentalmente nos residuos sólidos urbanos e os residuos industriais.

O 16 de xaneiro de 1992 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, no que, tras unha análise da situación da cuestión, se definían os criterios e se determinaban as liñas de acción para aborda-la xestión dos RSU.

A aparición en escena de novos criterios na xestión de residuos fixo necesario actualiza-los contidos iniciais deste plan, procedendo no ano 1997 a unha revisión del, que recibiu informe favorable do Consello Galego de Medio Ambiente en maio de 1997.

A publicación da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, e da normativa estatal sobre envases e residuos de envases fixo necesaria unha nova actualización do plan, que foi posteriormente aprobada mediante a Resolución do 28 de outubro de 1998 (DOG do 17 de novembro).

Canto ós residuos de orixe industrial, en 1995 aprobouse o Plan Nacional de Residuos Perigosos, que tivo unha aplicación na nosa Comunidade Autónoma instrumentada a través do Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia, elaborado o mesmo ano 1995.

Este plan, que marcou as actuacións do Goberno da Xunta de Galicia na materia ó longo dos últimos anos, está sendo obxecto de revisión e actualización no presente exercicio de 1999 co fin de o adaptar ás novas necesidades da Comunidade Autónoma.

As accións mencionadas anteriormente serviron para dar resposta a unha parte dos problemas relacionados cos residuos da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, tal como salienta a resolución do Consello do 24 de febreiro de 1997 sobre unha estratexia comunitaria de xestión de residuos, é preciso aborda-la xestión dos residuos desde unha perspectiva global, que asegure que tódolos plans de xestión específicos están elaborados con criterios homoxéneos e acordes coas directrices marcadas pola Unión Europea e a lexislación vixente.

A Xunta de Galicia, en virtude das facultades que o vixente ordenamento xurídico lle confire, elabora a presente estratexia de xestión de residuos, para establece-lo marco de actuación no que se deben desenvolver tódolos plans específicos de xestión de residuos da Comunidade Autónoma que esta elabore, nos que se concretarán, tal como di o artigo 5 da mencionada Lei 10/1998, de residuos, os obxectivos específicos de reducción, reutilización, reciclaxe e outras formas de valorización e eliminación, así como as medidas que se adoptarán para consegui-los ditos obxectivos, os medios de financiamento e o procedemento para a súa revisión.

3. Ámbito de aplicación.

3.1. Ámbito espacial.

3.1.1. Xeografía física e climatoloxía.

A Comunidade Autónoma de Galicia presenta unha complexa orografía que na súa parte norte se compón, basicamente, dunha sucesión de serras e vales orientados en dirección norte-sur no interior e nordeste-suroeste na fachada atlántica, mentres que no sur predomina esta segunda dirección. O territorio, en xeral, presenta un gradiente altitudinal positivo en sentido noroeste-suroeste.

A súa posición no extremo noroccidental da Península Ibérica, lugar frecuentemente varrido polas frontes oceánicas atlánticas, fai que se atope a maior

parte do ano baixo unha influencia marítima, sendo a chuvia a situación meteorolóxica predominante e causa da súa fisionomía natural.

Esta circunstancia, unida á súa latitude meridional e á influencia da corrente do Golfo, proporciónanlle un clima temperado e húmido, aínda que con diferencias importantes entre as distintas comarcas debido á súa particular orografía interior e á súa situación a cabalo entre o océano Atlántico e a Meseta.

As temperaturas medias anuais son suaves. As máximas, máis de 14 ºC, preséntanse nas zonas costeiras do sur da comunidade e no interior dos vales do Baixo Miño e o Sil, descendendo a medida que ascendemos en altura cara ó interior ata chegar por debaixo dos 8 ºC nas serras do sueste das provincias de Lugo e Ourense. A amplitude térmica aumenta se nos desprazamos en sentidos norte-sur e oeste-leste.

En canto ás precipitacións, a maior parte do territorio de Galicia atópase por riba da isohieta dos 1.000 mm/ano. En xeral, estas descenden desde o noroeste cara ó sueste, aumentando de norte a sur pola costa.

3.1.2. Xeografía humana.

Galicia estructúrase en 315 municipios e conta con 2.743.999 habitantes, o que representa un 6,9 % do total da poboación española, distribuídos por provincias da seguinte maneira: A Coruña, 1.110.302 hab.; Lugo, 371.684 hab.; Ourense, 346.909 hab.; e Pontevedra, 915.104 hab.

A densidade de poboación media é de 92,8 hab./km, concentrándose principalmente na costa, de forma especial ó longo do eixe formado pola Coruña-Santiago-Vigo.

O modelo de asentamento humano é similar ó doutras rexións atlánticas europeas, caracterizándose pola elevada densidade de poboamento e a atomización dos núcleos de poboación. O armazón do sistema de asentamento está formado por unha serie de elementos simples: aldeas, parroquias, vilas e cidades, que forman un dos espacios máis densamente urbanizados da poboación diseminada de Europa. Neste sentido, é significativo que das 63.613 entidades singulares de poboación existentes en España, case a metade, 29.179, estean situadas en Galicia, cunha densidade de 1,5 núcleos por km.

3.1.3. Xeografía económica.

A xeografía económica da Comunidade Autónoma de Galicia garda un paralelismo notable, con excepcións, coa distribución poboacional anteriormente descrita. As provincias da Coruña e Pontevedra concentran a maior parte da actividade económica da Comunidade e amosan, ademais, un maior dinamismo.

Tomando como referencia as 8.869 empresas máis importantes con sede social en Galicia (ver táboa 1), estas dúas provincias concentran case o 80% do total en número e máis do 85% do valor engadido bruto xerado.

Nº empresas%Ingresos 1997V.E.B. 1997

Ptas.%Ptas.%

A Coruña3.55239,711.893.02241,92391.06143,92

Lugo95510,77284.6166,355.5996,24

Ourense93110,5306.1886,7868.9717,75

Pontevedra3.46139,022.032.06745374.77542,09

Totais8.8691004.515.894100890.407100

Táboa 1: actividade empresarial das provincias galegas. Fonte ARDAN-1999.

Esta distribución ofrécenos unha pista de cales son as zonas de Galicia onde se van xera-las maiores cantidades de residuos, en xeral coincidentes coas zonas de maior actividade económica.

Por sectores, a actividade industrial tende a concentrarse na zona costeira da fachada atlántica, particularmente no eixe A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo, con excepcións como as cidades de Lugo, Ourense e outros núcleos de menor importancia. Dentro disto, obsérvase unha certa concentración da industria relacionada co automóbil na provincia de Pontevedra e da industria téxtil na da Coruña.

Dentro da actividade industrial, o subsector mineiro ten un peso notable nas provincias de Ourense e Pontevedra, directamente proporcional ós recursos de lousa e granito de que dispoñen, respectivamente. Estas actividades resultan de grande importancia nesta estratexia dado que son xeradoras dunha importante cantidade de residuos.

Un trazo que hai que destacar da producción de residuos industriais en Galicia é que unha elevada porcentaxe da cantidade total xerada ten a súa orixe nun reducido número de empresas, exemplo do cal é a producción de lodos vermellos na industria do aluminio do Concello de Cervo e os entullos mineiros.

A CoruñaLugoOurensePontevedra

Mil. de

persoas

%Mil. de

persoas

%Mil. de

persoas

%Mil de

persoas

%

Agricultura e pesca59,716,6964,546,1421,118,6151,517,64

Industria61,417,1610,57,5120,918,4359,420,34

Construcción43,212,07117,8713,712,0830,810,55

Servicios193,554,0853,838,4857,750,88150,351,47

Non agrarios298,183,3175,353,8692,381,39240,582,36

Total357,8100139,8100113,4100292100

Táboa 2: poboación ocupada por sectores económicos (media 1997). Fonte INE. Enquisa de poboación activa.

Na táboa 2 preséntase a distribución da poboación ocupada por sectores e provicias e na táboa 3 a

distribución provincial por sectores das 8.869 empresas máis importantes con sede en Galicia.

A CoruñaLugoOurensePontevedra

Nº. de

empresas

%Nº de

empresas

%Nº. de

empresas

%Nº de

empresas

%

Agricultura e pesca1082,71433,8840,381934,98

Industria73118,3717415,7020519,6978020,14

Construcción76219,1519217,3322221,3369117,85

Minería210,53171,53535,09391,01

Servicios2.35759,2468261,5555753,512.16956,02

Total3.9791001.1081001.0411003.872100

Táboa 3: distribución provincial por sectores das 8.869 empresas con sede en Galicia. Fonte: ARDAN 1999.

Unha das actividades do sector servicios con maiores crecementos na última década é a prestación de servicios sanitarios, xeradores dunha importante cantidade de residuos que requiren dunha xestión específica.

Galicia está organizada en tres rexións sanitarias e 11 áreas de saúde. A rexión sanitaria norte comprende as áreas da Coruña, Ferrol, Cervo e Cee agrupando a 14 centros sanitarios públicos e privados con máis de 3.414 camas en total. O Complexo Hos

pitalario Juan Canalejo da Coruña é o maior dos centros sanitarios incluídos nesta rexión.

A rexión sanitaria centro inclúe as áreas de Santiago de Compostela, Lugo e A Barbanza, con máis de 13 centros sanitarios e arredor de 2.489 camas. O centro máis relevante é o Hospital Xeral de Galicia.

A rexión sanitaria sur é a que maior cantidade de poboación atende, comprendendo as áreas sanitarias do Barco, Monforte de Lemos, Verín, Ourense, Pontevedra, O Salnés e Vigo. Neste territorio localízanse case 32 centros sanitarios, algúns de gran tamaño como o Xeral-Cíes e a Clínica Povisa en

Vigo, ou o Cristal Piñor en Ourense, que agrupan na súa totalidade máis de 5.022 camas.

O sector agrario, que tal como o sanitario presenta unha especial relevancia desde o punto de vista da xeración de residuos, ten especial peso na provincia de Lugo e no interior das da Coruña e Pontevedra, sendo esta última a de maior importancia no que respecta ás actividades relacionadas coa pesca, seguidas da Coruña e, a maior distancia, Lugo.

Galicia conta cunha cantidade de gando moi importante e a súa producción agraria oriéntase, fundamentalmente, cara á producción de forraxe para a alimentación deste gando.

(Datos en toneladas)A CoruñaLugoOurensePontevedraGalicia

Trigo17.52017.19614.2561.31550.278

Pataca temperá56.4506.3003.1705.39371.313

Pataca estación248.740105.250145.12065.462264.572

Millo forraxeiro1.575.000315.690104.788362.2322.357.710

Nabo forraxeiro60.000158.29034.45027.152279.892

Pradería polifita1.785.0002.215.77140.630426.7524.468.153

Col-repolo31.85038.3925.84238.052104.136

Mazá12.25022.1084.30019.37558.033

Uva vinificación12.48323.59865.10088.927190.108

Táboa 4: principais produccións agrarias 1997. Fonte: IGE.

No ano 1997 Galicia contaba, segundo o Instituto Galego de Estatística, cunhas 950.000 cabezas de gando bovino e preto de 1.000.000 de porcino (900.000 e 700.000 en 1989, respectivamente), sendo as principais produccións agrarias as de pradería polifita e millo forraxeiro, ámbalas dúas dedicadas á alimentación animal (táboa 4).

A maior parte deste gando concéntrase (táboa 5) nas provincias da Coruña e Lugo, sobre todo a bovina, e dentro destas en determinadas comarcas.

A característica principal das explotacións agrarias galegas é a atomización, reflectida nunha superficie media e un número de cabezas de gando por explotación moi inferior á media de España, cun número de parcelas por explotación notablemente superior.

A CoruñaLugoOurensePontevedraGalicia

Gando bovino384.613425.09559.99776.127945.832

Gando porcino319.005248.422251.010162.716981.153

Táboa 5: efectivos gandeiros por provincias 1997. Fonte: IGE.

3.2. Residuos ós que resulta aplicable.

A Estratexia Galega de Xestión de Residuos aplícase sobre os residuos que se orixinen e/ou se xestionen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das seguintes actividades:

-Actividades domésticas, comerciais, de oficinas e de servicios.

-Actividades agropecuarias.

-Actividades industriais.

-Actividades do sector da construcción.

-Actividades sanitarias e veterinarias.

En definitiva, o ámbito de aplicación desta estratexia resulta coincidente co da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE 96, mércores 22 de abril 1998), sendo así mesmo de aplicación supletoria sobre as materias especificadas no seu artigo 2.2, naqueles aspectos regulados expresamente na súa normativa específica.

3.2.1. Tipoloxías de residuos.

A clasificación dos residuos orixinados a consecuencia das actividades anteriormente mencionadas pode realizarse segundo diferentes criterios e é aínda hoxe obxecto de controversia.

Esta discusión pode estar orixinada polo feito de na lexislación vixente se incluíren unha serie de definicións (art. 3 da Lei 10/1998, de residuos) que foron interpretadas como unha clasificación de residuos, cuestión non admisible posto que un residuo concreto pode ter cabida en varias definicións, e non como o que son, é dicir, simples definicións de termos utilizados na propia lei.

Nesta estratexia adóptase o criterio contido na Posición Común (CE) Nº 49/1998, aprobada con vistas á adopción da directiva relativa á vertedura de residuos, onde se introduce unha clasificación dos residuos baseada na súa perigosidade, que distingue unicamente entre residuos perigosos (os catalogados como tales pola lexislación vixente) e residuos non perigosos (tódolos demais), subdividindo estes últimos en residuos inertes e outros residuos non perigosos.

Tendo en conta este criterio, do conxunto de actividades indicadas ó comezo deste punto resultan os seguintes tipos de residuos que xestionar:

-Residuos perigosos: aqueles que figuren na lista de residuos perigosos aprobada polo Real decreto 952/1997, así como os recipientes e envases que os contivesen. Os que fosen cualificados como perigosos polo Goberno de conformidade coa normativa europea ou en convenios internacionais dos que España sexa parte.

Estes residuos proceden na súa maior parte das actividades de carácter industrial, aínda que son xerados igualmente tanto no ámbito doméstico como no sanitario, no da construcción e no agrario. Entre outros atópanse, por exemplo, determinadas pilas e baterías, fluorescentes, residuos infecciosos, residuos de certos productos químicos e os seus envases, algúns residuos da demolición de edificios e restos de certos productos fitosanitarios e veterinarios.

-Residuos inertes: os residuos que non experimentan transformacións físicas, químicas ou biolóxicas significativas. Os residuos inertes non son solubles nin combustibles, nin reaccionan física nin quimicamente de ningunha outra maneira, nin son biodegradables, nin afectan negativamente a outras materias coas cales entran en contacto de forma que poidan dar lugar a contaminación do ambiente ou prexudica-la saúde humana.

A lixiviabilidade total, o contido de contaminantes dos residuos e a ecotoxicidade do lixiviado deberán ser insignificantes, e en particular non deberán supoñer un risco para a calidade das augas superficiais e/ou subterráneas.

As maiores cantidades deste tipo de residuos xéranse a consecuencia das actividades constructiva, industrial e mineira, aínda que tamén poden formarse no ámbito doméstico, con residuos como o vidro, a louza e restos de obra menor domiciliaria.

-Outros residuos non perigosos: inclúense neste grupo os residuos que non poidan ser encadrados en ningunha das dúas categorías anteriores. Nesta

categoría atópanse, por exemplo, a maior parte dos residuos xerados no ámbito doméstico non catalogados como perigosos (materia orgánica, papel e cartón, plásticos) así como unha gran cantidade de residuos orixinados a consecuencia das actividades industriais e agropecuarias (por exemplo lodos de depuradoras de augas residuais urbanas e materias fecais non reutilizables na explotación, respectivamente) e, en menor medida, nas actividades sanitarias e da construcción.

3.3. Ámbito temporal e revisión do plan.

A Estratexia Galega de Xestión de Residuos recollida no presente documento manterá a súa vixencia en tanto non o revise o goberno da Xunta de Galicia.

A fin de poder avalia-los resultados do modelo de xestión aquí proposto e adoptar así as medidas oportunas para corrixi-las posibles desviacións detectadas, a Xunta de Galicia revisará a presente estratexia cunha periodicidade mínima de catro (4) anos, podendo ser, en calquera caso, revisado de oficio cando as circunstancias así o aconsellen.

4. Marco legal.

O ordenamento xurídico vixente no momento da redacción da Estratexia Galega de Xestión de Residuos recóllese a continuación clasificado en función da súa orixe.

4.1. Acordos e tratados internacionais.

Acordos e tratados internacionais subscritos por España.

-Convenio internacional para a prevención da contaminación polos buques, 1973, asinado en Londres o 17 de febreiro de 1978: MARPOL73/78.

-Convenio sobre o control do transporte transfronteirizo de residuos perigosos e a súa eliminación. Basilea, 22 de marzo de 1989.

-Acordos do Cumio de Río de 1992: Declaración de Río e Axenda 21.

-Convenio para a Protección do Medio Mariño do Atlántico Nordeste (París, 22 de setembro de 1992), que substitúe os convenios de Oslo de 1974 e de París de 1976.

4.2. Normativa europea.

Tratados.

-Tratado constitutivo da Comunidade Europea, do 25 de marzo de 1957, e as súas modificacións posteriores.

-Tratado da Unión Europea, asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992.

-Tratado de Amsterdam, do 2 de outubro de 1997.

DirectivaDecisiónResolución

Directiva 75/439/CEE, do 16 de xuño de 1975, relativa á xestión de aceitas usados. (DOCE L 194, do 25 de xullo de 1975).

Directiva 75/442/CEE, do 15 de xullo de 1975, relativa ós residuos. (DOCE L 194, do 25 de xullo de 1975).

Directiva 78/176/CEE, do 20 de febreiro de 1978, relativa ós residuos procedentes da industria de dióxido de titanio. (DOCE L 54, do 25 de febreiro de 1978).

Directiva 84/631/CEE, do 6 de decembro de 1984, relativa ó seguimento e control na comunidade dos traslados transfronteirizos de residuos perigosos. (DOCE L 326, do 13 de decembro de 1984).

Directiva 86/278/CEE, do 4 de xullo de 1986, relativa á protección do ambiente e, en particular, dos solos, na utilización de lodos de depuradora en agricultura. (DOCE L 181, do 4 de xullo de 1986).

Directiva 87/101/CEE, do 22 de decembro de 1987, relativa á xestión de aceitas usados. (DOCE L 42, do 12 de febreiro de 1987).

Directiva 87/217/CEE, do 19 de marzo de 1987, sobre a prevención e a reducción da contaminación do ambiente producida polo amianto. (DOCE L 85, do 28 de marzo de 1987).Resolución do Consello, do 21 de decembro de 1988, relativa ós traslados transfronteirizos de residuos perigosos a países terceiros (DOCE C 009 do 12 de xaneiro de 1989).

Directiva 88/379/CEE, do 7 de xuño de 1988, relativa á clasificación e envasado de substancias perigosas. (DOCE L 187, do 16 de xullo de 1988).

Directiva 89/429/CEE, do 21 de xuño de 1989, relativa á reducción da contaminación atmosférica procedente de instalacións existentes de incineración de residuos municipais (DOCE L 203, do 15 de xullo de 1989).Resolución do Consello, do 7 de maio de 1990, sobre política en materia de residuos (DOCE C 122, do 18 de maio de 1990).

Directiva 91/156/CEE, do 18 de marzo de 1991, pola que se modifica a Directiva 75/442/CEE, do Consello do 15 de xullo de 1975. (DOCE L 78, do 26 de marzo de 1991).

Directiva 91/157/CEE, do 18 de marzo de 1991, relativa ás pilas e ós acumuladores que conteñan materias perigosas (DOCE L 78, do 26 de marzo de 1991).

Directiva 91/689/CEE, do 12 de decembro de 1991, relativa ós residuos perigosos (substitúe a D 78/319/CEE) (DOCE L 377, do 31 de decembro de 1991).

Directiva 92/112/CEE, do 15 de decembro de 1992, pola que se fixa o réxime de harmonización dos programas de reducción, con vistas á supresión, da contaminación producida polos residuos da industria do dióxido de titanio (DOCE L 409, do 31 de decembro de 1992).Resolución do Consello e dos representantes dos gobernos dos Estados membros, reunidos no seo do Consello, do 1 de febreiro de 1993, sobre un Programa comunitario de política e actuación en materia de ambiente e desenvolvemento sustentable (DOCE C 138, do 17 de maio de 1993).

Directiva 93/86/CEE, do 4 de outubro de 1993, relativa ás pilas e ós acumuladores que conteñan materias perigosas (DOCE L 264, do 23 de outubro de 1993).

Directiva 94/31/CEE, do 27 de xuño de 1994, pola que se modifica a Directiva 91/689/CEE, relativa ós residuos perigosos (DOCE L 168, do 2 de xullo de 1994).

Directiva 94/62/CEE, do 20 de decembro de 1994, relativa ós envases e residuos de envases (DOCE L 365, do 31 de decembro de 1994).

DirectivaDecisiónResolución

Directiva 94/67/CEE, do 16 de decembro de 1994, relativa á incineración de residuos tóxicos e perigosos (DOCE L 365, do 31 de decembro de 1994).

Decisión 94/3/CE, do 20 de decembro de 1994, pola que se establece unha lista de residuos de conformidade coa letra a) do artigo 1 da Directiva 75/442/CEE (DOCE L 5, do 7 de xaneiro de 1995). Catálogo europeo de residuos.

Decisión 94/904/CE pola que se establece unha lista de residuos perigosos en virtude do punto 4 do artigo 1 da Directiva 91/689/CEE do Consello, relativa a residuos perigosos (DOCE L 356, do 31 de decembro de 1994).

Decisión 96/350/CE, do 24 de maio de 1996, pola que se adaptan os anexos II A e II B da Directiva 75/442/CEE, relativa ós residuos (DOCE L 135, do 6 de xuño de 1996).

Directiva 96/59/CE, do 16 de setembro de 1996, relativa á eliminación de policlorobifenilos e policloroterfenilos (PCB/PCT). (DOCE L 243, do 24 de setembro de 1996).Resolución do Consello do 24 de febreiro de 1997 sobre unha estratexia comunitaria de xestión de residuos (DOCE C 76, do 11 de marzo de 1997).

Directiva 96/61/CE, do 24 de setembro de 1996, relativa á prevención e ó control integrado da contaminación (DOCE L 257, do 10 de outubro de 1996).Decisión 2179/CE do Parlamento e do Consello do 24 de setembro de 1998 relativa á revisión do Programa comunitario de política e actuación en materia de ambiente e desenvolvemento sustentable (DOCE L 275, do 10 de outubro de 1998).

Directiva 1999/31/CE do Consello, do 26 de abril de 1999, relativa á vertedura de residuos (DOCE L 182, do 16 de xullo de 1999).

4.3. Normativa española.

LeiReal decretoOrde ministerialResolución

Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local.
Real decreto 833/1988 (derrogado parcialmente por Lei 10/1998), do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos.Orde ministerial do 13 de outubro de 1989 polo que se determinan os métodos de caracterización de residuos tóxicos perigosos.Resolución do 24-7-1989 Acordo do Consello de Ministros polo que se aproba o Plan Nacional de Residuos Industriais e se constitúe a comisión de seguimento (BOE nº 179, do 27-7-1989).
Orde ministerial do 13 de novembro de 1989, pola que se engaden novos métodos de ensaio para a determinación das propiedades de substancias perigosas ós aprobados pola Orde do 14 de marzo de 1988 (BOE nº 274, do 15-11-1989).

Orde ministerial do 12 de marzo de 1990 sobre traslados transfronteirizos de residuos tóxicos e perigosos (BOE nº 65, do 16-3-1990).

Real decreto 108/1991, do 1 de febreiro, sobre prevención e reducción da contaminación do ambiente producida polo amianto. (BOE nº 32, do 6 de febreiro de 1991).

LeiReal decretoOrde ministerialResolución

Real decreto 1088/1992, do 11 de setembro, polo que se aproban novas normas sobre a limitación de emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes de instalacións de incineración de residuos municipais.

Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases.

Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, polo que se modifica o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básico de RTP aprobado mediante Real decreto 833/1988, do 20 de xullo (BOE nº 160, do 5-7-1997).

Real decreto 1217/1997, do 18 de xullo, sobre incineración de residuos perigosos e de modificación do Real decreto 1088/1992, do 11 de setembro, relativo ás instalacións de residuos municipais (BOE nº 189, do 8-8-1997).

Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE 96, mércores 22 de abril 1998).

Orde do 27-4-1998. Cantidades que se cobrarán en concepto de depósito e símbolo identificativo.
Real decreto 782/1998, do 30 de abril, regulamento de envases.
Resolución do 30-9-1998, Dirección Xeral de Tributos. IVE e envases.

4.4. Normativa autonómica.

O artigo 27 do Estatuto de autonomía recoñécelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva para aproba-las normas adicionais sobre protección do ambiente e a paisaxe nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución.

Ó amparo desta premisa, a Xunta de Galicia realizou un importante esforzo na promulgación de normativa apropiada á súa realidade específica, que no caso dos residuos se concreta na seguinte relación de normativa relacionada:

LeiReal decretoOrdeResolución

Decreto 154/1993, do 24 de xuño, polo que se aproba o réxime xurídico básico do servicio público de xestión dos residuos industriais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 130, do 9-7-1993).
Resolución do 28 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio de colaboración subscrito entre a devandita consellería e o Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente sobre actuacións derivadas do Plan Nacional de Residuos Perigosos 1995-2000 (DOG nº 94, do 18-5-1995).

LeiReal decretoOrdeResolución

Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de finanzas en materias ambientais.
Orde do 31 de xaneiro de 1997 pola que se regula a colaboración coas entidades locais en materia de xestión de residuos sólidos urbanos para Galicia (DOG nº 37, do 24-2-1997).
Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia (DOG nº 168, do 2 de setembro e BOE nº 237, do 3 de outubro).
Decreto 460/1997, do 21 de novembro, polo que se establece a normativa para a xestión dos residuos dos establecementos sanitarios na Comunidade de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 245, do 19 de decembro de 1997; corrección de erros DOG do 4-8-1998).

Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e se lle atribúen competencias en residuos perigosos.

Orde do 27 de maio de 1998 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas, agrupacións ou asociacións de empresas que realicen investimentos, estudios e xestión de residuos industriais encamiñados a mellorar e controla-lo ambiente (DOG nº 107, do 5-6-1998).
Decreto 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o catálogo de residuos de Galicia (DOG nº 107, do 5 de xuño).

Decreto 260/1998, do 10 de setembro, polo que se regula a autorización de xestor de residuos sólidos urbanos e a inscrición no Rexistro Xeral de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos.

Decreto 263/1998, do 10 de setembro, polo que se regula a autorización e se crea o Rexistro de Productores e Xestores de Residuos Perigosos.

Resolución do 28 de outubro de 1998, pola que se aproba o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia. (DOG nº 225, do 19 de novembro de 1998).
Orde do 11 de marzo de 1999 pola que se convoca e regula o réxime de concesións de axudas a empresas, agrupacións ou asociacións de empresas que realicen investimentos, estudios e xestión de residuos industriais dirixidos a mellorar e controla-lo ambiente.

Ademais de todo o anterior, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia elaborou en 1997 unha proposta de niveis de referencia de calidade do solo para a Comunidade Autónoma.

5. Principios de desenvolvemento.

A Estratexia de Xestión de Residuos de Galicia elabórase baixo un enfoque integral e en concordancia cos principios básicos expostos a seguir, que constitúen unha referencia obrigada para tódalas actuacións relacionadas cos residuos que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia, sendo, polo tanto, os constitutivos da filosofía da estratexia.

-Integración da política ambiental nas políticas sectoriais: este principio aparece recollido directamente no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea trala modificación realizada polo artigo 2 do Tratado de Amsterdam: as esixencias da protección do ambiente deberán integrarse na definición e na realización das políticas e accións da comunidade a que se refire o artigo 3, en particular con obxecto de fomentar un desenvolvemento sustentable. A idea de que esta cuestión constitúe un factor fundamental para a consecución do obxectivo do desenvolvemento sustentable está presente tamén na revisión de 1998 do quinto programa comunitario de política e actuación en materia de ambiente e así é asumida por parte deste plan.

-Principio de subsidiariedade e proporcionalidade: a Xunta de Galicia actuará nos ámbitos que non sexan da súa exclusiva competencia só na medida en que os obxectivos da acción pretendida non poidan ser alcanzados de maneira suficiente polos axentes directamente involucrados. Este principio forma parte, así mesmo, do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea e do Tratado da Unión Europea (Maastricht).

-Principio de responsabilidade compartida: tódalas partes implicadas na xeración e xestión de residuos (administracións autonómica e local, axentes económicos e consumidores) deben asumi-la súa parte de responsabilidade nos problemas suscitados e traballar de forma concertada e en colaboración para consegui-la súa solución. Sobre este principio aséntase directamente o quinto programa comunitario de acción en materia de ambiente e desenvolvemento sustentable, así como a Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia.

-Principio de quen contamina paga: os responsables da contaminación do ambiente son tamén os responsables dos custos derivados de dita contaminación. Este principio non debe ser interpretado en ningún caso como que quen paga ten dereito a contaminar. Máis ben ó contrario, o obxectivo último é a reducción da contaminación, que virá dada cando os axentes contaminadores internalicen os custos ambientais inherentes á súa actividade e expoñan entón como reducilos. Este principio forma parte da política ambiental da Comunidade Europea desde os seus albores.

-Principio de autosuficiencia: a Comunidade Autónoma de Galicia deberá dispoñer dunha rede integrada de xestión de residuos que permita a autosuficiencia no tratamento daqueles residuos para os que exista a masa crítica que o xustifique. A autosuficiencia no tratamento de residuos é un principio introducido pola Directiva 91/156/CEE, pola que se modifica a Directiva 75/442/CEE, relativa ós residuos, que no seu artigo 5.1 especifica que a rede de tratamento de residuos dos estados membros ... deberá permitir á Comunidade no seu conxunto chegar a ser autosuficiente na eliminación de residuos e a cada Estado membro individualmente tender cara a ese obxectivo ...

-Principio de proximidade: a localización das instalacións de tratamento de residuos realizarase utilizando un criterio de proximidade ós lugares de xeración, a fin de evitar traslados innecesarios. A mesma directiva que no caso anterior inclúe este principio no seu artigo 5.2º.

-Principio da separación en orixe: os productores de residuos deben realizar unha separación en orixe deles de acordo coas planificacións específicas desenvolvidas como elemento indispensable para asegura-lo éxito dos modelos de xestión que se propoñan en cada caso.

-Principio de busca do óptimo económico-ambiental: na aplicación deste principio deberase ter en conta que as opcións analizadas deben incorpora-la totalidade dos custos ambientais a que cada unha dea lugar.

Xunto cos principios anteriormente enumerados, esta estratexia desenvólvese incorporando a nova concepción da xestión dos residuos recollida na revisión de 1998 do quinto programa comunitario de política e actuación en materia de ambiente e desenvolvemento sustentable, que se remite ó expresado na resolución do Consello do 24 de febreiro de 1997 sobre unha estratexia comunitaria de xestión de residuos.

Nesta resolución proponse, por esta orde, a seguinte xerarquía para as operacións de xestión, cunhas prioridades que inspiran o contido deste documento:

-Reducción: a prevención na formación de residuos debe ocupa-lo primeiro lugar na xerarquía, tanto polo que se refire á cantidade de residuos producidos como á súa perigosidade.

Esta prioridade supón un aforro de materias primas e unha reducción nos volumes finais de residuos que se van xestionar, redundando nunha maior eficiencia na aplicación dos recursos.

-Valorización: entendendo como valorización o aproveitamento dos residuos para a súa utilización como input no mesmo ou no novo proceso de producción, esta opción de xestión engloba varias posibilidades: a reutilización, a valorización de materiais e a recuperación de enerxía contida nos residuos, nesta orde de prioridades. A valorización dos residuos é un instrumento adecuado para reduci-la can

tidade destes destinada á eliminación e economizar recursos naturais e está expresamente recomendada na Resolución do Consello, do 24 de febreiro de 1997, sobre unha estratexia comunitaria de xestión de residuos.

-Eliminación: constitúen operacións de eliminación aquelas que non teñen cabida nos grupos anteriores. Tódolos residuos que, unha vez xerados, non poidan ser valorizados necesitan ser eliminados de forma segura en instalacións axeitadas. Na resolución do Consello citada no punto anterior especifícase que é necesario reducir ó mínimo a eliminación de residuos, o que se logrará coas opcións de xestión anteriormente mencionadas.

Conforme o principio de quen contamina paga e o de responsabilidade compartida, tódolos axentes económicos, incluídos fabricantes, importadores, distribuidores e consumidores, deben cargar coa súa parte específica de responsabilidade no que se refire á prevención, valorización e eliminación de residuos.

Os contidos deste documento teñen que ser acordes cos principios rectores, obxectivos, metodoloxía e demais aspectos pedagóxicos cos establecidos na Estratexia Galega de Educación Ambiental.

6. Obxectivos.

A Estratexia Galega de Xestión de Residuos ten como obxectivo a

«protección e mellora do ambiente, a saúde e a calidade de vida dos cidadáns de Galicia».

Este obxectivo xeral inclúe os seguintes obxectivos instrumentais, que deberán ser tidos en conta na elaboración dos correspondentes plans específicos de xestión de residuos:

-Defini-lo modelo de xestión de residuos de Galicia desde unha perspectiva global e integradora, facilitando a coordinación das actuacións da Xunta de Galicia e o resto de administracións e organizacións implicadas a fin de lograr unha mellora da eficacia e eficiencia das accións que se van emprender.

-Fomenta-la prevención e reducción da xeración das diversas tipoloxías de residuos producidos en Galicia.

-Incrementa-los niveis de valorización de residuos como medio para reduci-la cantidade que debe ser finalmente destinada á eliminación.

-Proporcionar un tratamento ambiental correcto a tódolos residuos xerados en Galicia, presentando as actuacións e infraestructuras necesarias para completar un sistema integrado de xestión de residuos capaz de satisface-las necesidades da Comunidade Autónoma.

-Establecer criterios básicos de referencia para a definición, construcción, financiamento, xestión e explotación das infraestructuras de tratamento e eliminación de residuos da Comunidade.

-Determina-las prioridades de intervención en materia de xestión de residuos en Galicia.

-Fixar directrices e marcos de actuación para a recuperación dos espacios degradados existentes.

-Orienta-lo desenvolvemento da normativa necesaria para regular e executa-las medidas de actuación previstas.

7. Configuración da Estratexia Galega de Xestión de Residuos.

A Estratexia Galega de Xestión de Residuos, tal como queda recollido nos seus obxectivos e ámbito de aplicación, tenta dar unha resposta axeitada a tres tipos fundamentais de residuos (perigosos, inertes e outros non perigosos) xerados nos cinco ambientes descritos: doméstico, industrial, sanitario, agropecuario e da construcción.

Para isto, a estratexia configúrase en catro plans de xestión específicos:

-Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, cun ámbito de aplicación que se estende ó que a Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, no seu artigo 3 b) e, particularmente, a Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, definen como residuos sólidos urbanos. En xeral, este ámbito comprende a tódolos residuos cunha recolla, transporte, almacenamento, tratamento ou depósito controlado que corresponda ós concellos, de acordo co establecido na Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local e demais disposicións vixentes.

Así mesmo, o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos aplícase tamén ós espacios degradados cunha deterioración que fose ocasionada pola vertedura de residuos deste tipo.

Na actualidade atópase en vigor o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia aprobado por resolución da Consellería de Medio Ambiente do 28 de outubro de 1998 (DOG nº 225, do 19 de novembro), que xa foi redactado coa filosofía reflectida neste documento.

-Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia, que se aplica ós residuos xerados en Galicia no ámbito industrial e da construcción, calquera que sexa a súa tipoloxía, así como sobre a xestión dos solos contaminados nos que a orixe da contaminación resida nas actividades mencionadas.

-Plan de Xestión de Residuos Sanitarios de Galicia, con ámbito de aplicación a tódolos residuos xerados a consecuencia das actividades sanitarias e veterinarias.

Este ámbito de aplicación comprende a xestión tanto intra como extracentro dos residuos sanitarios da Comunidade Autónoma, independentemente da titularidade, pública ou privada, dos productores e/ou xestores dos residuos.

-Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia, aplicable ós residuos xerados nas actividades do sector primario productivo, incluídos os efluentes dos almacéns de esterco e salas de muxidura. Non se inclúen aquí os residuos procedentes da industria agroalimentaria, tratados no Plan de Residuos Industriais.

Como pode apreciarse, o criterio básico utilizado para a configuración da estratexia é a procedencia dos residuos, simplificándoo mediante a aglutinación dos residuos industriais y da construcción nun só plan.

Preferiuse unha configuración deste tipo por dar lugar a unha estructura sinxela, clara e inequívoca, que permite facilita-la súa aplicación práctica polas institucións públicas, empresas e cidadáns implicados en cada caso e que conta ademais coa vantaxe de adaptarse perfectamente á distribución de competencias delimitada na lexislación vixente.

Hai que salientar que os distintos plans non supoñen unha compartimentación estanca da xestión dos residuos na Comunidade Autónoma de Galicia, senón que presentan interconexións entre si, de forma que algúns residuos xerados no ámbito de aplicación dun plan concreto poden pasar a formar parte doutro plan distinto nalgún momento do seu proceso de xestión.

Cada un dos catro plans específicos englobados na estratexia articúlase nunha estructura particular, apropiada á problemática concreta dos residuos sobre os que intervén.

Os plans de xestión de residuos mencionados, proporán a gama de instrumentos axeitados para a consecución dos obxectivos, tal como se anima na resolución do Consello do 24 de febreiro de 1997, os de tipo económico.

8. O Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia.

8.1. Diagnóstico da situación actual.

A Directiva 91/689/CE, relativa ós residuos perigosos, establece que os estados membros deberán elaborar, por separado ou no marco dos seus plans de xestión de residuos, programas específicos para a xestión dos residuos perigosos.

No ano 1989 aprobouse un primeiro Plan Nacional de Residuos Perigosos.

En febreiro de 1995 aprobouse un novo Plan Nacional de Residuos Perigosos para o horizonte 1995-2000 co fin de orienta-la actuación do Goberno da nación en materia de residuos perigosos a medio e longo prazo. Este plan recolle a autonomía competencial das comunidades autónomas na materia e fixa principios básicos para homoxeneiza-lo tratamento dos residuos de acordo coa normativa comunitaria.

No desenvolvemento das súas competencias, a Xunta de Galicia elaborou en 1995 o Plan de Xestión de Residuos Perigosos e Solos Contaminados de

Galicia no que se estableceu unha estratexia de xestión específica adaptada á realidade industrial e social galega.

Este plan constitúe o instrumento de adaptación do plan nacional no territorio da nosa Comunidade Autónoma, proba do cal é o convenio subscrito nese mesmo ano pola Consellería de Industria e Comercio e o Ministerio de Obras Públicas, Industria e Transporte (resolución da Consellería de Industria e Comercio do 28 de febreiro de 1995) sobre actuacións derivadas do Plan Nacional de Residuos Perigosos 1995-2000.

A xestión dos residuos industriais en Galicia evolucionou substancialmente ó longo da última década.

A comezos dos anos 90, non existían en Galicia unhas instalacións axeitadas para a xestión dos residuos perigosos xerados, polo que a metade eran vertidos de forma incontrolada ou almacenados temporalmente polas empresas productoras, dedicándose á reutilización, recuperación e valorización un 30% e recibindo un tratamento final adecuado unicamente un 20% del total. Esta realidade fixo que o plan de 1995 se centrase especialmente nos residuos perigosos e solos contaminados, quedando en segundo plano outros residuos xerados pola actividade industrial.

Froito do esforzo realizado nos últimos anos, Galicia conta na actualidade coas seguintes instalacións de tratamento de residuos industriais:

-Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), que consta das seguintes instalacións particulares:

-Planta de tratamento físico-químico.

-Depósito de seguridade.

-Planta de inertización.

-Planta de tratamento de pilas.

-Outras instalacións comúns: laboratorio ambiental, depuradora biolóxica, aula ambiental, oficinas, taller, etc.

-Instalacións para a recolla e tratamento de aceites usados.

-Instalacións de recolla e tratamento de residuos Marpol.

Xunto coas anteriores instalacións, Galicia dispón dunha extensa rede de transportistas e xestores autorizados que cobren a práctica totalidade dos residuos perigosos que se poden xerar no seu territorio, o cal lle proporciona á industria galega o marco de actuación para a correcta xestión dos residuos perigosos.

Así mesmo, a Xunta de Galicia realizou, no marco deste plan, numerosas actuacións en relación cos solos contaminados, entre outras:

-Elaboración do Mapa de Vulnerabilidade do Medio Físico, proposta de niveis de referencia para a calidade do solo e anteproxecto de lexislación para

a protección do solo na Comunidade Autónoma de Galicia.

-I Fase do Programa Operativo de Solos Contaminados de Galicia, consistente na actualización do Inventario Nacional na nosa Comunidade Autónoma, centrado na localización de lugares englobados nas categorías 1 e 2 do dito inventario. Dado que gran parte destes lugares eran vertedoiros de RSU, o seu tratamento remitiuse ó Plan de Adecuación, Clausura e Selaxe de Vertedoiros, dependente do Plan de Xestión de RSU.

-II Fase do Programa Operativo de Solos Contaminados de Galicia, centrado especificamente na identificación e inspección de solos potencialmente contaminados pola actividade industrial. Estes programas serviron, ademais, para establecer prioridades nas actuacións e avalia-las necesidades financeiras para acomete-las ditas actuacións.

-Actuacións sobre puntos concretos do territorio, que se irán estendendo a outros lugares a medida que a dispoñibilidade financeira o permita:

-Redacción de proxectos de recuperación.

-Actuacións de recuperación en lugares.

Ademais do cambio de infraestructuras mencionado, desde 1995, data de elaboración do plan, producíronse importantes cambios na normativa vixente relativa a residuos e ó mapa industrial de Galicia. Tal como se expón no punto un desta estratexia, evolucionou substancialmente, incorporándose novos tipos de industrias non recollidas no seu día.

Por outra parte, é necesario xa afondar na resolución da xestión dos residuos industriais non catalogados como perigosos, incluídos os inertes, a cal foi regulada pola Lei 10/1998, básica de residuos.

As actividades industrial e constructiva xeran unha cantidade considerable, aínda non ben cuantificada, deste tipo de residuos, que precisan de instalacións axeitadas para o seu correcto tratamento e eliminación, de se-lo caso; instalacións que teñen que resolver unha situación que se presenta no ámbito municipal e que se debe solucionar a través das diferentes actuacións dos axentes sociais e institucionais en coordinación.

Tradicionalmente, algúns destes residuos recolléronse selectivamente e recicláronse con posterioridade (chatarras de aceiro, cobre ou aluminio, por exemplo), aínda que estes supoñen só unha pequena parte do total do fluxo de residuos xerados.

En realidade, a maior parte acaban sendo depositados nos mesmos vertedoiros cos RSU ou en puntos de vertido dispersos polo territorio, algúns deles situados no interior das instalacións das propias empresas xeradoras.

A posta en marcha do Plan de Adecuación, Selaxe e Clausura de Vertedoiros de Galicia e do Plan Operativo de Solos Contaminados suporá, en moitos casos, a desaparición dos vertedoiros nos que estes residuos son depositados actualmente, polo que é

necesario preve-la infraestructura axeitada, co fin de evita-la súa eliminación incontrolada ó longo e largo do territorio.

En resumo, a situación actual respecto ós residuos de orixe industrial e da construcción pódese sintetizar nas seguintes conclusións:

-As empresas galegas productoras de residuos perigosos dispoñen de canles operativas axeitadas para a xestión deste tipo de residuos.

-Tódolos residuos perigosos xerados na Comunidade Autónoma poden ser tratados de forma axeitada ben nas instalacións existentes en Galicia, ben noutras instalacións españolas ou comunitarias, no caso daqueles con volumes xerados que non xustifican a disposición dunha instalación no noso territorio.

-A maior parte do volume de residuos industriais xerados corresponde a un reducido número de empresas (industria extractiva e primeira transformación do aluminio, por exemplo).

-É preciso dispoñer de ferramentas de xestión da información que melloren o grao de coñecemento e seguimento da producción e xestión dos residuos industriais xerados.

-É necesario afondar nas estratexias de reciclaxe e recuperación de residuos industriais de todo tipo, pouco desenvolvidas ata o momento.

-Aínda que a iniciativa privada, coa axuda da Administración, xa está construíndo algunhas instalacións para o tratamento de residuos non perigosos industriais e da construcción, é necesario realizar un diagnóstico preciso da situación e produccións actuais que permita deseña-la infraestructura mínima necesaria para a súa axeitada xestión.

-Precísase desenvolver suficientemente o marco normativo para a xestión dos residuos non perigosos de orixe industrial co fin de proporciona-la seguridade xurídica necesaria ás empresas privadas que desexen implantar instalacións de xestión deste tipo de residuos no noso territorio.

-O fluxo de residuos non perigosos industriais e da construcción contén importantes recursos que poden e deben ser obxecto dun axeitado aproveitamento.

-É necesario realizar programas e/ou actividades de educación e formación ambiental continuada especificamente dirixidas ós profesionais implicados nos puntos anteriores.

8.2. Principios xerais do plan.

O Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia debe realizarse tendo en conta especialmente o establecido polo V Programa comunitario de política e actuación acción en materia de ambiente e desenvolvemento sustentable, revisado en 1998, así como a estratexia comunitaria sobre xestión de residuos.

No seu desenvolvemento deben observarse, ademais dos principios xerais enumerados para o conxunto da Estratexia Galega de Xestión de Residuos, os seguintes principios xerais:

-Integración: o plan debe abordar de forma integrada a totalidade do ciclo dos residuos, ofrecendo solucións que abrangan desde o momento previo á súa xeración (estratexias de prevención) ata o seu tratamento e eliminación, pasando polas opcións de reutilización e reciclaxe.

-Eficacia: o plan debe resolver de forma eficaz o problema da xestión dos residuos sobre os que se aplica.

-Eficiencia: cuns recursos económicos limitados, as actuacións previstas polo plan deben asegura-la eficiencia na aplicación dos ditos recursos.

-Proporcionalidade: estreitamente ligado co anterior, fai referencia á necesidade de que as accións que se propoñan garden proporción coa magnitude do problema que hai que resolver.

-Flexibilidade e multiplicidade de solucións: para a xestión de cada tipo de residuo poden coexistir no territorio galego varias alternativas técnica, económica e ambientalmente aceptables. En calquera caso, estas alternativas deben ser abertas e suficientemente flexibles para adaptarse ós cambios que, previsiblemente, se producirán nos próximos anos.

-Delimitación de responsabilidade: a obriga de xestiona-los residuos de forma que non dean lugar a danos para o ambiente e a saúde humana corresponde a quen os xera (productor) ou a quen, posteriormente, acepta a súa titularidade (xestor).

Ademais destes principios xerais, deben ser tidos en conta os seguintes principios de orde menor:

-Aumento do grao de coñecemento sobre a producción e xestión dos residuos industriais como forma de dispoñer dunha información fiable para a planificación.

-Integración dos criterios ambientais nos criterios económicos que se van utilizar na selección das alternativas de xestión que se implantarán na Comunidade Autónoma.

-Promoción do desenvolvemento de tecnoloxías con menor consumo de materiais e fomento da utilización de tecnoloxías limpas que permitan a reducción en orixe tanto do volume de residuos producidos como da súa perigosidade.

-Fomento da reutilización e da reciclaxe de residuos.

-Desenvolvemento axeitado dos procesos de valoración de residuos mellor adaptados á situación da Comunidade Autónoma.

-Respecto da paisaxe e dos espacios naturais, con especial atención ós que gozan de protección especial.

-Prevención da aparición de lugares contaminados e puntos de vertedura de residuos procedentes do ámbito industrial e da construcción.

8.3. Obxectivos do plan.

O Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia proponse alcanza-lo seguinte obxectivo xeral, que deberá estar presente en tódalas actuacións que alí se propoñan:

«Reducir, na medida do posible, os riscos para o ambiente e a saúde humana derivados dos residuos xerados polas actividades industriais e da construcción, como medio para mellora-la calidade de vida dos cidadáns de Galicia».

Este obxectivo xeral preténdese alcanzar, de acordo cos principios anteriormente indicados, mediante os seguintes obxectivos particulares:

-Coñece-lo estado actual da xestión dos distintos tipos de residuos incluídos no ámbito do plan: produccións, distribución territorial da producción, cantidades destinadas a reciclaxe e reutilización e tecnoloxías empregadas, cantidades tratadas en instalacións de eliminación e outras variables que axuden a defini-la realidade presente.

-Establece-las alternativas de xestión máis indicadas para os distintos tipos de residuos xerados, de acordo coas posibilidades técnicas, económicas e ambientais e a realidade socioeconómica de Galicia.

-Fomenta-la incorporación de tecnoloxías limpas nos procesos xeradores de residuos.

-Promove-la reducción das cantidades e perigosidade dos residuos xerados no ámbito de aplicación do plan.

-Fomenta-la reutilización e a reciclaxe como medios para aumenta-lo número de ciclos dos materiais utilizados na elaboración dos productos.

-Establece-la rede de infraestructuras necesarias para asegurar unha eliminación axeitada de tódolos residuos para os que non sexa posible a súa valorización.

-Fomenta-las propostas e iniciativas de xestión dos residuos, sexan públicas ou privadas, que sirvan para alcanza-los obxectivos propostos no plan.

-Completa-lo coñecemento existente da realidade galega respecto á existencia de puntos de vertedura e lugares contaminados polas actividades industriais e da construcción e previ-la reaparición deste fenómeno no futuro.

-Planifica-la recuperación dos lugares contaminados detectados.

-Realizar programas e actividades de educación, formación e información ambiental que acompañarán a posta en marcha do plan.

-Avalia-las necesidades económicas derivadas das accións propostas no plan e propoñe-lo modelo de financiamento que se aplicará para consegui-los capitais, de calquera orixe, necesarios para a súa satisfacción.

-Desenvolve-la normativa adicional necesaria para configura-lo marco xurídico da xestión dos residuos afectados polo plan.

8.4. Estructura do plan.

O Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia comprende, pola súa vez, os seguintes programas específicos interconectados entre si.

8.4.1. Programa de Xestión de Residuos Industriais Perigosos de Galicia.

Unha vez postas en marcha as instalacións necesarias para a aplicación do modelo de xestión dos residuos perigosos de Galicia, o esforzo deste programa de xestión deberá orientarse principalmente cara á reducción das cantidades e perigosidade dos residuos producidos, a afondar nas opcións de reutilización, reciclaxe e valorización e á mellora da xestión da información procedente da producción e manexo destes residuos.

As accións de investigación, formación e divulgación perfílanse como potentes instrumentos para alcanza-los obxectivos anteriormente indicados.

8.4.2. Programa de Xestión de Residuos Industriais Inertes e Non Perigosos de Galicia.

No caso dos residuos industriais inertes e non perigosos os obxectivos prioritarios a alcanzar consisten en deseña-lo modelo que se implantará en Galicia para a xestión deste tipo de residuos, determina-los recursos necesarios no tempo para a súa posta en marcha e establece-lo modelo de financiamento que se utilizará para satisface-las ditas necesidades, todo isto no marco dos principios enumerados tanto para o conxunto da estratexia, como para o Plan de Xestión de Residuos Industriais en particular. Por suposto, a cualificación destes obxectivos como prioritarios non supón a exclusión doutros, tales como os expostos para o Programa de Xestión de Residuos Industriais Perigosos.

Do mesmo xeito que no anterior programa as accións de investigación, formación e educación perfílanse como potentes instrumentos para alcanza-los obxectivos anteriormente indicados.

8.4.3. Programa de xestión de solos contaminados de Galicia.

Os obxectivos principais deste programa son:

-Previ-la xeración de novos solos contaminados.

-Recupera-los espacios contaminados existentes.

Tamén aquí, as accións de investigación, formación e educación se perfilan como potentes instrumentos para alcanza-los obxectivos anteriormente indicados.

8.5. Programación temporal, valoración e financiamento do Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados.

O Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia debe conter unha programación temporal das actuacións que se realizarán no seu ámbito de aplicación, cunha valoración dos

orzamentos de investimento necesarios para desenvolver esta programación, así como os criterios que se aplicarán na definición dos modelos de financiamento necesarios para cubri-los custos orzados.

O Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia de 1995, actualmente en vigor, presenta signos de obsolescencia debido ós cambios lexislativos habidos desde o momento da súa aprobación, a que se foron cumprindo gran parte dos obxectivos alí propostos e á aparicición de novos tipos de residuos como consecuencia da adopción de novos tratamentos fin de liña (depuración de augas e gases), polo que está sendo sometido nestes momentos a unha revisión de acordo con esta estratexia.

Á hora de redacta-lo novo plan deberán ser tidos en consideración os resultados das fases I e II do Plan Operativo de Solos Contaminados (POSC), así como o resto de traballos previos realizados pola Administración autonómica na materia.

No anexo III preséntase unha copia do Plan de Xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de 1995, en vigor ata o momento de aprobación da revisión en marcha.

9. O Plan de Xestión de Residuos Sanitarios de Galicia.

9.1. Diagnóstico da situación actual.

As actividades sanitarias xeran un amplo abano de residuos de características moi heteroxéneas, algúns deles tipificados como perigosos, que, caso de non seren xestionados adecuadamente, poden supoñer riscos para a saúde humana e o ambiente. Ademais, o aspecto de moitos destes residuos esixe tratamentos específicos propios previos á súa eliminación.

Así, no Catálogo de Residuos de Galicia, publicado mediante Decreto 154/1998, do 28 de maio, e elaborado tendo como base o Catálogo Europeo de Residuos, tipifícanse como residuos perigosos varios dos residuos incluídos no epígrafe 18 00 00, referido a residuos de servicios médicos ou veterinarios e/ou de investigación asociada (excluídos residuos de cociña e restaurantes que non son de procedencia directa de coidados sanitarios).

Ó obxecto de previ-los riscos derivados dos residuos sanitarios, o Consello da Xunta de Galicia aprobou con data do 21 de novembro o Decreto 460/1997 polo que se establece a normativa para a xestión dos residuos dos establecementos sanitarios da Comunidade de Galicia.

Neste decreto defínense os residuos sanitarios como aqueles xerados polas actividades sanitarias, incluíndose nestas as correspondentes ós laboratorios de análises clínicas e de investigación médica, así como as realizadas nos centros, servicios e establecementos veterinarios asistenciais e centros de investigación animal, e establécese unha clasificación destes en catro clases:

-Clase I. Residuos sólidos urbanos: residuos similares ós domésticos xerados nas áreas dos centros

sanitarios nas que non se realizan actividades especificamente sanitarias: oficinas, almacéns, salas de espera, cafeterías, comedores e outros. Inclúense, así mesmo, os procedentes de pacientes non infecciosos, de pacientes infecciosos non incluídos nas clases II y III, así como os da clase III que fosen sometidos a algún proceso de desinfección previo á súa eliminación, exceptuados os pertencentes ás clases 8 e 9.

-Clase II. Residuos sanitarios asimilables a urbanos: aqueles xerados como resultado da actividade sanitaria propiamente dita, procedentes de pacientes non infecciosos ou de infecciosos non incluídos na clase III, cun risco de infección que se limita ó interior dos centros sanitarios. Son residuos tales como: material de curas, tabuladuras, xesos, filtros de diálises, sondas, luvas e outros residuos cirúrxicos e, en xeral, calquera material contaminado con sangue, secrecións ou excrecións e de características similares de pacientes non incluídos na clase III.

-Clase III. Residuos sanitarios especiais: aqueles cunha xestión intracentro ou extracentro que debe observar especiais medidas de prevención por representar un risco específico para a saúde laboral e pública ou para o ambiente. Nesta clase inclúense os seguintes grupos específicos de residuos:

-Grupo 1. Infecciosos. Substancias que conteñen microorganismos viables, ou as súas toxinas, dos que se sabe ou existen razóns fundadas para crer que causan enfermidades no ser humano ou noutros organismos vivos.

-Grupo 2. Cultivos e reservas de axentes infecciosos e o material de refugallo que estivo en contacto con eles.

-Grupo 3. Filtros de diálises de máquinas reservadas a pacientes portadores de enfermidades de transmisión sanguínea e SIDA.

-Grupo 4. Líquidos corporais, sangue e hemoderivados líquidos en envases de capacidade superior a 100 ml.

-Grupo 5. Residuos cortantes e punzantes da actividade sanitaria.

-Grupo 6. Residuos anatómicos humanos de escasa entidade excluídos do Regulamento de policía sanitaria mortuoria e o Decreto 108/1983 da Consellería de Sanidade.

-Grupo 7. Residuos de animais infecciosos ou inoculados con certos axentes infecciosos.

-Grupo 8. Residuos da actividade sanitaria con pacientes infectados pola enfermidade de Creutzfeldt-Jacob ou as súas variantes.

-Grupo 9. Residuos citostáticos e todo o material utilizado na súa preparación ou en contacto con eles.

-Clase IV. Residuos de natureza química e outros residuos tipificados en normativas singulares.

No capítulo II do decreto, relativo ós procedementos de xestión dos residuos sanitarios, defínense as operacións de xestión intra e extracentro sanitario

que se realizarán cos distintos tipos de residuos mencionados, así como os tratamentos a que deberán ser sometidos, e no seu capítulo III recóllense as obrigas dos productores, transportistas e outros xestores de residuos sanitarios, así como os deberes da Administración da Xunta de Galicia e da Administración local relativos a estes residuos.

Como novidade importante respecto á situación anterior a este decreto establécese a obriga do productor de residuos sanitarios de elaborar un plan de xestión intracentro, que deberá ser aprobado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, no que, entre outras cuestións, se recollerá:

-Identificación dos lugares nos que se xera cada tipo de residuos.

-Criterios de segregación, envasado e identificación en orixe.

-Descrición dos almacenamentos intermedios, se existisen.

-Descrición das operacións de transporte interior.

-Descrición do almacenamento final.

-Descrición das operacións de compactación dos residuos das clases I e II, se existisen.

-Medidas de seguridade.

-Medidas de emerxencia.

-Sistemas de tratamento e/ou eliminación previstos para os residuos da clase III e acreditación da autorización da instalación de tratamento dos residuos.

-Contrato de cesión dos residuos a un transportista autorizado.

Á hora de analiza-lo estado actual da xestión dos residuos sanitarios é necesario diferenciar entre os grandes centros productores de residuos (hospitais) e os de pequeno tamaño (clínicas odontolóxicas, consultas médicas, pequenos laboratorios de análises, clínicas veterinarias e outros), así como entre a xestión intracentro e a extracentro.

O Decreto 460/1997 supón unha referencia clara para a organización da xestión intracentro dos residuos sanitarios. Os plans de xestión intracentro, de elaboración e aplicación obrigatoria para as instalacións productoras, constitúen unha ferramenta que permite asegurar un correcto manexo dos residuos ata o momento da súa saída do centro, facilitando o seu posterior tratamento e/ou eliminación.

Polo que respecta á xestión extracentro, os residuos perigosos non específicos de actividades sanitarias, pertencentes á clase IV (aceites usados, disolventes, productos químicos, envases e outros), réxense pola lexislación específica sobre residuos perigosos e dispoñen para o seu tratamento e/ou eliminación da rede de transportistas e xestores autorizados encadrada no Plan de Xestión de Residuos Industriais.

De igual forma, os residuos radioactivos e os restos humanos de suficiente entidade, rexidos por normativa específica, dispoñen de canles axeitadas para o seu tratamento e/ou eliminación.

En canto á xestión extracentro dos residuos pertencentes á clase III, é necesario elaborar unha planificación específica que a ordene e determine as referencias coas que esta debe ser levada a cabo.

En resumo, a situación actual da xestión dos residuos sanitarios pode sintetizarse nos seguintes puntos:

-A existencia dunha referencia para a organización da xestión intracentro dos residuos sanitarios (Decreto 460/1997 da Xunta de Galicia) determina que existan uns procedementos dos que o seu desenvolvemento permite organizar adecuadamente esta xestión.

-Unha parte dos residuos sanitarios acaba indebidamente nos vertedoiros municipais, como parte da corrente de residuos sólidos urbanos, debido á ausencia dunha adecuada planificación da xestión extracentro.

-As técnicas de tratamento utilizadas actualmente na xestión de residuos son manifestamente mellorables desde o punto de vista ambiental.

-Os pequenos productores de residuos sanitarios non dispoñen de facilidades para facer chega-los seus residuos ás instalacións de tratamento e eliminación existentes.

-É preciso dispoñer de información actualizada no tocante á producción e xestión dos residuos sanitarios, particularmente dos da clase III, como base para realizar unha planificación axeitada e un seguimento efectivo dos resultados de aplicación das medidas que se propoñan.

-É necesario realizar programas e/ou actividades de educación e formación continuada especificamente dirixidas ós profesionais e os colectivos sociais implicados nos puntos anteriores.

O Decreto 460/1997, que supuxo un importante avance en materia de xestión de residuos sanitarios en Galicia, precisa dunha visión de conxunto da problemática derivada dos residuos orixinados nos centros sanitarios.

Esta cuestión, unida á necesidade de coordina-la súa xestión coa doutros residuos da mesma categoría incluídos noutros plans, fai necesario dispoñer dun instrumento de xestión específico para este tipo de residuos que, en función das produccións actuais, a súa evolución futura e as instalacións existentes, ordene integralmente as actuacións na materia.

9.2. Principios.

A elaboración do Plan de Xestión de Residuos Sanitarios de Galicia debe realizarse de acordo, ademais de cos principios que sustentan a totalidade desta Estratexia Galega de Xestión de Residuos, cos seguintes principios xerais:

-Integración: o plan debe presentar solucións para a totalidade do ciclo dos residuos producidos nas actividades sanitarias, desde o momento da súa xeración ata a súa eliminación final, involucrando a tódalas partes implicadas no problema.

-Eficacia: as solucións expostas no plan terán que ser eficaces para resolve-los problemas actuais.

-Eficiencia: debe existir proporcionalidade entre os investimentos necesarios para a posta en marcha

do plan e os resultados que con eles se espera conseguir.

-Hixiene e inocuidade: o plan debe garantir que a xestión dos residuos sanitarios se realiza en todo momento con garantías de hixiene e inocuidade para a saúde pública e o ambiente, evitando en todo momento a transferencia da contaminación a outros medios receptores.

Xunto con estes principios xerais, o Plan de Xestión de Residuos Sanitarios observará os seguintes principios de orde menor:

-Segregación en orixe dos residuos, como medio para racionaliza-los volumes sometidos ós tratamentos máis esixentes e, polo tanto, máis custosos.

-Control axeitado da xestión dos residuos sanitarios que permita dispoñer de información actualizada verbo das cantidades de residuos sanitarios xeradas e/ou xestionadas na Comunidade Autónoma.

-Integración dos criterios ambientais nos criterios económicos que deben utilizarse para a selección das alternativas de xestión que se implantarán na Comunidade Autónoma.

-Integración no plan de tódolos productores de residuos sanitarios de Galicia.

-Fomento da reducción da producción de residuos naquelas categorías nas que esta teña sentido.

-Adecuación e coordinación da súa xestión coas solucións adoptadas para os diferentes tipos de residuos xerados na Comunidade Galega.

9.3. Obxectivos do plan.

O obxectivo xeral para alcanzar coa posta en marcha do plan deberá ser:

«Proporcionar un tratamento ambiental correcto á totalidade dos residuos producidos polas actividades sanitarias de Galicia, que garanta a ausencia de riscos para a saúde humana e o ambiente».

De maneira particular, adóptanse os seguintes obxectivos instrumentais, como medio para alcanzar este obxectivo xeral:

-Fomenta-la introducción en toda a rede sanitaria de Galicia de sistemas axeitados de reducción da producción de residuos sanitarios, recolla selectiva, envasado e almacenamento intracentro dos residuos sanitarios, de acordo co establecido no Decreto 460/1997, do 21 de novembro, polo que se establece a normativa para a xestión dos residuos dos establecementos sanitarios na Comunidade de Galicia.

-Introduci-la recolla selectiva dos residuos asimilables a urbanos nos centros sanitarios nos que isto sexa posible.

-Deseñar e promove-la implantación en Galicia das infraestructuras de xestión extracentro máis axeitadas técnica, económica e ambientalmente para os residuos xerados.

-Fomenta-los programas de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías para a mellora da xestión dos residuos sanitarios, coa finalidade de conseguir unha reducción das cantidades e perigosidade dos residuos xerados.

-Realizar programas e actividades de educación, formación e información ambiental que acompañarán a posta en marcha do plan.

-Avalia-las necesidades económicas derivadas das accións propostas no plan e propoñe-lo modelo de financiamento que se aplicará para consegui-los capitais necesarios para a súa satisfacción.

-Desenvolve-la normativa adicional necesaria para configura-lo marco xurídico da xestión dos residuos afectados polo plan.

9.4. Estructura e contidos do Plan de Residuos Sanitarios de Galicia.

Dadas as cuestións que se van tratar no Plan de Xestión de Residuos Sanitarios, enténdese que será necesario desenvolver dous programas diferenciados para alcanza-los obxectivos propostos.

9.4.1. Programa de Xestión Intracentro dos Residuos Sanitarios de Galicia.

O obxectivo principal deste programa é estende-lo modelo de xestión intracentro proposto no Decreto 460/1997 da Xunta de Galicia á totalidade dos centros productores deste tipo de residuos na Comunidade Autónoma, co fin de que tódolos residuos xerados sexan tratados de acordo coas súas características particulares.

Entre os obxectivos deste programa atópase tamén o de promove-la investigación e mellora dos procesos de xestión interna.

9.4.2. Programa de Xestión Extracentro de Residuos Sanitarios de Galicia.

O obxectivo principal será deseñar e implantar un modelo de xestión extracentro para os residuos sanitarios producidos na Comunidade Autónoma de acordo cos principios e obxectivos enumerados anteriormente, e tendo en conta que:

-A xestión extracentro dos residuos pertencentes ás clases I e II realizarase de conformidade coa lexislación sobre xestión de residuos sólidos urbanos e coa planificación da Xunta de Galicia na materia: Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

-A xestión extracentro dos residuos pertencentes á clase III realizarase de acordo co seguinte:

-Transporte: o transporte deberá ser efectuado nas condicións especificadas no Decreto 460/1997 por un transportista autorizado e de acordo coa regulamentación sobre residuos perigosos.

-Tratamento e eliminación: os residuos dos grupos 8 e 9 da clase III poderán ser eliminados unicamente despois de seren sometidos a un proceso de incineración. O tratamento e eliminación do resto

dos residuos desta clase deberá garanti-la eliminación dos xermes patóxenos e a protección da saúde pública e o ambiente.

-A xestión extracentro dos residuos pertencentes á clase IV realizarase de acordo coa normativa específica que se aplique a cada un deles, en particular: residuos radioactivos, residuos perigosos, policía mortuoria.

Este programa ten tamén como obxectivo avalia-la oportunidade de amplia-lo marco normativo actual incorporando nova regulamentación sobre o asunto.

En aplicación do principio de subsidiariedade, e tal como no resto das actuacións previstas na presente estratexia, a Xunta de Galicia intervirá directamente só no caso de que as condicións de contorno non permitan que o servicio de xestión destes residuos sexa prestado en condicións óptimas pola iniciativa privada.

9.4. Programación temporal, valoración e financiamento do Plan de Xestión de Residuos Sanitarios de Galicia.

O Plan de Xestión de Residuos Sanitarios de Galicia debe conter unha programación temporal das actuacións que se realizarán no seu ámbito de aplicación, cunha valoración precisa dos capitais necesarios para a posta en marcha da dita programación, así como os criterios que se aplicarán na definición dos modelos de financiamento necesarios para cubri-los custos orzados.

As consellerías de Medio Ambiente e de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia están a traballar conxuntamente na actualidade para elaborar un Plan de Xestión de Residuos Sanitarios de Galicia acorde coas directrices contidas nesta estratexia.

Neste sentido estase a traballar en dúas propostas claramente definidas:

a) O estudio das alternativas viables de xestión intra/extracentro, tanto para a rede (asistencial) pública como privada.

b) A elaboración dun catálogo de residuos sanitarios que propoña o marco para a determinación das fórmulas de xestión.

10. Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia.

10.1. Situación actual.

Os modos de producción primaria da Comunidade Autónoma de Galicia experimentaron profundos cambios nas últimas décadas, pasando en moitos casos dunha producción de subsistencia a unha producción case industrial.

Esta realidade faise especialmente patente na producción pecuaria, na que os modelos de explotación actual non teñen nada que ver cos utilizados a mediados de século.

As prácticas tradicionais de producción agraria eran capaces de valorizar nas propias explotacións

a práctica totalidade dos residuos por elas xerados, incorporándoos ós solos como fertilizantes e/ou melloradores das súas propiedades físicas, debido ós seus contidos en materia orgánica e nutrientes minerais esenciais para as plantas.

Sen embargo, os cambios acontecidos nos sistemas de producción viñeron condiciona-lo uso destas prácticas tradicionais de xestión de residuos, dando lugar a unha situación na que cabe salienta-las seguintes cuestións:

-Unha parte das explotacións gandeiras intensivas, sobre todo no sector porcino e avícola pero tamén algunhas de vacún, carecen de base territorial propia ou esta resulta insuficiente para absorbe-las cantidades de residuos procedentes das dexeccións dos animais estabulados. Isto pode dar lugar a acumulacións nas explotacións ou a aplicación de doses superiores ás admisibles polo terreo, producíndose un traslado da contaminación a outros medios.

-Existe unha tendencia á concentración das explotacións gandeiras en determinadas zonas do territorio, o cal aumenta os riscos anteriormente mencionados.

-O abandono de terras marxinais, a reforestación de superficies anteriormente cultivadas e a presión urbanística sobre o territorio, así como a concentración das explotacións anteriormente mencionada, deron lugar en determinadas zonas a un aumento da carga gandeira (unidades de gando maior por unidade de superficie agraria útil).

-O aumento do tamaño e a concentración das explotacións dificulta a utilización como fertilizante orgánico dos residuos producidos polo gando, debido ó incremento dos custos de distribución orixinado polas maiores distancias a percorrer para a súa aplicación naquelas explotacións que non teñan base territorial suficiente.

-As infraestructuras necesarias para o almacenamento e tratamento do xurro e esterco xerados nas explotacións gandeiras en xeral presentan en moitos casos problemas como, por exemplo, dimensións menores das aconsellables, fugas e entrada de augas pluviais.

-Aínda que a investigación científica permitiu nos últimos anos aumentar substancialmente os coñecementos para a mellora da xestión dos residuos agrarios, as características particulares do medio rural galego dificultan notablemente a transmisión desta información ós propios agricultores.

-A mecanización agraria e o uso de productos químicos (herbicidas, praguicidas e pesticidas, fertilizantes químicos, productos veterinarios e outros) levan consigo a xeración de residuos non valorizables directamente na propia explotación: residuos procedentes da maquinaria (aceites, graxas e baterías, fundamentalmente) e unha ampla variedade de residuos de envases, algúns deles con carácter perigoso. A maioría dos residuos de envases terminan, no mellor dos casos, incorporándose ós fluxos de resi

duos sólidos urbanos dos municipios respectivos e a xestión dos residuos procedentes da maquinaria agrícola presenta dificultades propias debido á dispersión dos puntos de xeración.

-Extensión da técnica da ensilaxe de forraxes e aumento continuado da superficie de cultivos baixo plástico, o que deu lugar á aparición de novos tipos de residuos non presentes ata datas recentes no campo galego e que tampouco son valorizables directamente na explotación: filme de plástico, canalizacións de rega, etc.

A situación descrita pode dar lugar á aparición puntual de problemas ambientais. Por unha parte, os residuos non directamente valorizables nas explotacións poden acabar depositados en puntos de vertedura clandestina, contribuíndo así a sementa-la paisaxe galega destes elementos estraños á súa condición natural; e por outra, as aplicacións de esterco e xurro en doses ou épocas inadecuadas (tanto por condicións meteorolóxicas como dos propios cultivos) poden supoñe-la contaminación química e/ou bacteriolóxica das augas do contorno, restrinxindo os seus usos potenciais e cos conseguintes prexuízos para a súa potabilidade e o desenvolvemento adecuado da vida acuática.

Precisamente para preserva-lo dominio público hidráulico, o Goberno de España promulgou o Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro, sobre protección das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias, adaptación a España da Directiva 91/676/CEE, no que se establecen medidas relacionadas coa aplicación de fertilizantes, entre eles o esterco e o xurro, limitando a súa contribución a 170 kg de nitróxeno por hectárea e ano nas zonas declaradas como vulnerables.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Alimentaria elaborou un Mapa de Vulnerabilidade de Galicia, como resultado do cal ningunha zona da Comunidade Autónoma pode ser considerada como vulnerable. Así mesmo, esta consellería publicou recentemente unhas normas de boas prácticas agrarias, obriga establecida para os países membros na directiva anteriormente mencionada.

En 1987, con anterioridade á Directiva 91/676/CEE, a Comunidade Europea xa publicara un documento sobre agricultura e ambiente no que se poñía de manifesto a estreita ligazón entre ámbolos dous conceptos, chegando posteriormente a introducir na política agrícola común (reforma de 1992) a idea dunha producción menos intensiva que permita alivia-la carga que na actualidade ten que soporta-lo ambiente. Así mesmo, o Consello Europeo de Viena de 1998 remarcou a necesidade de que as decisións da política agrícola aborden adecuadamente os problemas ambientais no contexto da Axenda 2000, cuestión que xa está sendo introducida nos novos regulamentos da política agrícola común.

Visto o anterior parece necesaria unha planificación organizada da xestión e aproveitamento dos residuos agrarios para evitar que esta problemática poida medrar ata niveis non sustentables polo medio natural.

Neste sentido, se cadra o termo que mellor resuma a estratexia que hai que adoptar en relación coa producción primaria sexa o utilizado polo Cumio de Río de 1992: agricultura sustentable. A necesidade de estende-lo concepto de desenvolvemento sustentable ás actividades do sector primario vese reforzada pola crecente conciencia ambiental dos consumidores, que demandan, cada vez máis, bens producidos de forma o máis natural posible.

10.2. Principios xerais do Plan de Xestión de Residuos Agropecuarios de Galicia.

Por tratarse dunha parte integrante da Estratexia Galega de Xestión de Residuos, o Plan de Xestión de Residuos Agropecuarios debe tomar en consideración para a súa elaboración tódolos principios xerais alí enumerados.

No caso particular dos residuos de efluentes gandeiros debe observarse especialmente o principio de proximidade, por tratarse de grandes volumes de residuos, cun transporte que a partir de certas distancias pode supoñer un custo tal para os productores primarios que desincentive notablemente a participación no sistema de xestión planificado.

Así mesmo, as actuacións que se propoñan no Plan para a Xestión dos Residuos Agropecuarios deberán estar guiadas polas mesmas prioridades que no caso do resto dos residuos, é dicir: reducción-valorización-eliminación.

De forma específica, a elaboración deste plan deberá asentarse sobre os seguintes principios xenéricos:

-Principio de integración: o plan deberá propoñer solucións integradas para a totalidade dos residuos que forman o ámbito de aplicación do plan, evitando a transferencia da contaminación a outros medios.

-Principio de eficacia: as solucións propostas deberán ser capaces de resolve-los problemas detectados trala realización dun diagnóstico profundo da situación de partida.

-Principio de eficiencia, co fin de asegura-lo equilibrio entre o custo das solucións adoptadas e os resultados que, previsiblemente, se obterán coa súa aplicación.

-Principio de simplicidade, xa que ten que se adaptar á realidade sociocultural do agro galego co fin de mante-la eficacia das medidas propostas.

Adicionalmente a estes principios xerais, establécense os seguintes principios de orde menor, que deberán ser igualmente observados na elaboración do plan:

-Promoción da investigación aplicada ó tratamento dos residuos de orixe agrogandeira.

-Respecto á paisaxe e ós espacios naturais, con especial atención ós que gozan de protección especial, coordinando as actuacións previstas cos seus respectivos plans de ordenación de recursos.

-Promoción dos medios necesarios para a transferencia de coñecementos sobre a xestión de residuos agrogandeiros ós productores primarios.

-Aproveitamento da estructura de persoal da Xunta de Galicia que se atopa en contacto máis directo coa realidade do campo galego.

-Control axeitado da xestión dos residuos que permita dispoñer de información actualizada no tocante ás cantidades xeradas e/ou xestionadas na Comunidade Autónoma.

-Combinación dos criterios económicos e ambientais na selección das alternativas de xestión que se van implantar na Comunidade Autónoma.

-Promoción das iniciativas particulares que, cumprindo cos principios aquí enumerados, sirvan para avanzar na consecución dos obxectivos do plan.

10.3. Obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Agropecuarios de Galicia.

O obxectivo principal do Plan de Xestión de Residuos Agropecuarios de Galicia é:

Asegurar que os residuos e efluentes das actividades agropecuarias son xestionados de maneira que non se pon en perigo a calidade ambiental e a saúde pública, ó tempo que se aproveitan da mellor forma posible os recursos alí contidos.

Para alcanza-lo anterior obxectivo xeral establécense os seguintes obxectivos particulares:

-Completa-la información existente sobre a xeración e xestión actuais dos residuos incluídos no plan e establecer un sistema de manexo de dita información que permita no futuro dispoñer con facilidade de datos actualizados sobre estes extremos.

-Fomenta-la utilización de prácticas agrarias e técnicas de manexo de gando tendentes á reducción dos residuos xerados nas explotacións agropecuarias.

-Establece-las alternativas de xestión máis axeitadas para cada tipo de residuo incluído no plan.

-Racionaliza-la utilización como fertilizantes dos efluentes gandeiros de forma que se aumente a eficiencia do aproveitamento dos recursos alí contidos.

-Defini-lo marco de actuación que permita a implantación das instalacións necesarias para a correcta xestión ambiental dos residuos que non poidan valorizarse na propia explotación.

-Fomenta-la investigación sobre reducción e mellora da xestión dos residuos agrarios e asegura-la transferencia dos resultados destas investigacións ós interesados.

-Avalia-las necesidades económicas para a aplicación do plan e propoñe-lo modelo financeiro para consegui-los capitais pertinentes.

-Propoñer, se fose necesario, a normativa adicional que se desenvolverá para completa-lo marco xurídico da producción e xestión dos residuos agrarios.

-Realizar programas e actividades de educación, formación e información ambiental que acompañarán a posta en marcha do plan.

10.4. Estructura e contidos do Plan de Xestión de Residuos Agrarios.

O Plan de Xestión dos Residuos Agrarios de Galicia estructúrase en tres programas parciais. Dous deles, de carácter sectorial, instruméntanse en función das posibilidades de tratamento dos residuos: o de xestión de residuos orgánicos (incluídos os efluentes procedentes de salas de muxidura e pilas de esterco), valorizables nas explotacións, e o de xestión de residuos non valorizables nas explotacións, mentres que o terceiro, o Programa de Educación Ambiental, aplica horizontalmente a todo o plan e ven a complementa-los dous anteriores.

10.4.1. Programa de Xestión de Residuos Orgánicos Agrarios.

O obxectivo principal deste programa ten unha dobre vertente: por unha banda, e tal como se especifica na Directiva 96/61/CE (IPPC), evita-la transferencia da contaminación procedente dos residuos e efluentes orgánicos xerados nas explotacións agrarias a outros medios receptores e, por outra, aproveitar racionalmente os recursos alí contidos como medio para conseguir un aforro no consumo de fertilizantes.

10.4.2. Programa de Xestión de Residuos Agrarios Non Valorizables nas Explotacións.

O problema deste tipo de residuos difire substancialmente dos tratados no programa anterior, ó ser necesario dispoñer dun sistema de recollida e transporte de residuos por non ser estes tratables in situ.

Ademais, dada a heteroxeneidade dos residuos incluídos no ámbito deste programa, no que se inclúen tamén algúns catalogados como perigosos, é necesario realizar unha clasificación en orixe dos residuos e encamiñalos cara ós tratamentos que lles correspondan en cada caso.

Así pois, o obxectivo principal deste programa será implantar un sistema de xestión para estes residuos que permita dar un tratamento axeitado á totalidade dos residuos non valorizables nas explotacións.

10.4.1. Programa de Educación Ambiental Agraria.

Os dous anteriores programas configurarán, unha vez desenvolvidos, o modelo que se implantará en Galicia para a xestión dos residuos agrarios.

Sen embargo, ó igual que acontece no caso dos residuos sólidos urbanos, de nada serven os modelos de xestión se non se conta para a súa implantación coa colaboración dos propios xeradores dos residuos. Neste sentido, as accións de educación ambiental constitúen a panca máis importante para modifica-los comportamentos das persoas, aínda que a súa efectividade pode tardar tempo en ser advertida.

Por estes motivos, enténdese que a aplicación dos programas anteriores debe ir necesariamente acompañada dun programa de educación ambiental cos seguintes obxectivos:

-Difundir entre os productores de residuos agrarios a información e coñecementos necesarios para adecua-la súa xestión de residuos ós modelos previstos.

-Sensibilizar estes productores da necesidade de incorpora-los ditos modelos á xestión da súa explotación como forma de estender ó campo galego o modelo de agricultura sustentable e asegurar así a súa propia supervivencia.

-É necesario realizar programas e/ou actividades de educación e formación continuada especificamente dirixidas ós profesionais e ós colectivos sociais implicados nos puntos anteriores.

Hai que salientar que tódalas actuacións que se realicen ó amparo deste programa deberán observar escrupulosamente o principio de simplicidade enumerado no punto 10.2, utilizando unha linguaxe accesible e comprensible para as persoas ás que a mensaxe vai dirixida.

10.5. Programación temporal, valorización e financiamento do Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia.

Ó igual que o resto dos plans que conforman esta estratexia, o Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia debe conter unha programación temporal das actuacións que se realizarán no seu ámbito de aplicación, cunha valoración precisa dos capitais necesarios para a posta en marcha da dita programación, así como os criterios que se aplicarán na definición dos modelos de financiamento necesarios para cubri-los custos orzados.

As consellerías de Medio Ambiente e de Agricultura, Gandería e Política Alimentaria da Xunta de Galicia están na actualidade traballando conxuntamente para redacta-lo plan específico de xestión dos residuos xerados nas actividades agrogandeiras.

11. Principios para a determinación de custos e o establecemento do modelo de financiamento dos plans de xestión de residuos de Galicia.

Cada un dos plans e programas que definen a Estratexia Galega de Xestión de Residuos deberá incluí-lo debido estudio de investimentos, así como da orixe dos fondos necesarios para a súa posta en marcha, acordes coa normativa vixente, en especial a Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

A determinación das cantidades necesarias para investimentos e explotación realizarase de acordo cos seguintes principios:

-Previo á valoración económica de cada plan determinaranse, co maior grao de precisión posible, as actividades e infraestructuras necesarias para alcanza-los obxectivos propostos.

-Utilizaranse os prezos de mercado para a cuantificación das investimentos e custos de explotación necesarios para o funcionamento do plan.

A determinación do modelo de financiamento para a obtención dos fondos que permitan facer fronte ós gastos previstos asentarase nos seguintes principios:

-Principio de responsabilidade ambiental: en aplicación do principio de «Quen contamina paga», a responsabilidade inicial do financiamento da xestión de residuos recaerá, directa ou indirectamente, sobre os productores e/ou posuidores dos residuos que se van xestionar, sen prexuízo de que as administracións públicas poidan intervir, na medida en que sexa necesario, para asegura-lo éxito na consecución dos obxectivos da presente estratexia.

-En aplicación do principio de subsidiariedade, avaliarase en primeiro lugar a posibilidade de que as actuacións sexan realizadas directamente pola iniciativa privada, sempre que esta teña en conta que a xestión de residuos é un servicio que debe ser prestado con garantía de calidade e permanencia, asegurando unha axeitada protección do ambiente, sen prexuízo de que, en determinados casos, sexa máis aconsellable a intervención directa das administracións públicas.

-Exploración intensiva das posibilidades de obtención de capitais procedentes da Unión Europea e do Goberno de España ó amparo dos programas específicos que estas institucións desenvolvan no futuro.

A integración dos criterios ambientais nos económicos, principio xeral que hai que ter en conta, deberá estar implícita nas solucións que presenten cada un dos planos que configuran esta estratexia, utilizando os modelos apropiados para isto.