Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Isolux Wat, S.A.

Visto o texto do expediente do convenio colectivo da empresa Isolux Wat, S.A. (código convenio nº 1503731) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-10-2000, posteriormente rectificado con data 27-10-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social, polo comité de empresa, o día 28-9-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro

e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de outubro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial de A Coruña

I Convenio colectivo de Isolux Wat, S.A. para a provincia de A Coruña

Capítulo I

Xeral

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo concértase entre os representantes da empresa e os representantes dos traballadores de Isolux Wat, S.A. dos centros de traballo da provincia da Coruña, para regula-las relacións de traballo, económicas e sociais entre ámbalas partes.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O ámbito de aplicación do presente convenio colectivo son os centros de traballo xa establecidos ou que poidan constituírse no futuro na provincia da Coruña, durante o tempo da súa vixencia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo será de aplicación ós traballadores dos centros de traballo de Isolux Wat, S.A. na provincia da Coruña, con excepción dos cargos directivos e asimilados.

Artigo 4º.-Ámbito temporal e denuncia.

O convenio colectivo entrará en vigor no momento da súa sinatura polas partes que o suscriben, excepto no tocante ás táboas salariais anuais, adxuntas como anexo II ó presente convenio; a súa vixencia retrotráese ó 1 de xaneiro de 2000, e a súa duración manterase ata o 31 de decembro de 2001.

Para o segundo ano de vixencia, as novas táboas salariais aplicaranse desde o día 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001.

Ó remate da vixencia temporal do presente convenio e entrementres non se substitúa por un novo, quedará vixente o seu contido normativo.

A denuncia deberá ser efectuada no período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de decembro do ano en que termine a súa vixencia ou de calquera das súas posibles prórrogas.

Ámbalas partes comprométense a inicia-la negociación dun novo convenio con dous meses de antelación á finalización da súa vixencia.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade e garantías persoais.

O presente convenio e as condicións nel pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica será considerado globalmente e no seu conxunto e, por tanto, se a xurisdicción competente, en uso das atribucións que lle confire o artigo 90.5º do Estatuto dos traballadores, modificará, en todo ou en parte, o contido do presente convenio, este quedará invalidado na súa totalidade, debendo reconsiderarse o seu contido.

No caso de que existise algún traballador que tivese recoñecidas condicións económicas que, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, fosen superiores cás establecidas neste convenio para os traballadores da súa mesma categoría ou nivel salarial, manteránselle con carácter estrictamente persoal.

Artigo 6º.-Absorción.

As disposicións de calquera orixe que poidan implicar variación económica en todos ou nalgúns dos conceptos retributivos ou pactados, unicamente terán eficacia práctica, se, unidas á valoración mínima de tódolos conceptos segundo establecen as vixentes disposicións, superasen o nivel total do convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras establecidas nel.

Capítulo II

Non discriminación

Artigo 7º.-Prohibición de discriminación.

Os asinantes deste convenio entenden que as accións emprendidas con respecto á igualdade de oportunidades no traballo non darán orixe, en por si, a unha igualdade de oportunidades na sociedade, pero contribuirán moi positivamente a conseguir cambios neste sentido. En consecuencia, é importante que se tomen as medidas oportunas para promove-la igualdade de oportunidades.

Obxectivo da igualdade de oportunidades no traballo.

Os asinantes coinciden en que son obxectivos importantes para o logro da igualdade de oportunidades sistemática e planificada os seguintes:

-Que tanto as mulleres coma os homes gocen de igualdade de oportunidades en canto ó emprego, á formación, á promoción e ó desenvolvemento no seu traballo.

-Que mulleres e homes reciban igual salario a igual traballo, así como que haxa igualdade en canto ás súas condicións de emprego en calquera outro sentido del.

-Que os postos de traballo, as prácticas laborais, a organización do traballo e as condicións laborais se orienten de tal maneira que sexan adecuadas tanto para as mulleres como para os homes.

-Para o logro destes obxectivos, teranse especialmente en conta tódalas medidas, subvencións e desgravacións, así coma os fondos nacionais e internacionais.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 8º.-Norma xeral.

A organización do traballo, consonte o previsto neste convenio, correspóndelle ó empresario, quen a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control de traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

No suposto de que se delegasen facultades directivas, esta delegación farase de modo expreso, de maneira que sexa suficientemente coñecida, tanto polos que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan por si mesmas o carácter de estables deberán serlles comunicadas expresamente a tódolos afectados e dotadas de suficiente publicidade.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima utilización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo é necesaria a mutua colaboración das partes integrantes da empresa: dirección e traballadores.

A representación legal dos traballadores velará porque no exercicio das facultades antes aludidas non se conculque a lexislación vixente, sen que iso poida considerarse trasgresión da boa fe contractual.

Artigo 9º.-Sistemas de organización do traballo.

No suposto de implantación, modificación ou substitución dos sistemas organizativos do traballo, seguirase o disposto na lexislación vixente.

Os representantes dos traballadores, ó expoñérlle-lo plan, recibirán información sobre os obxectivos da súa implantación, incidencia na productividade e o emprego, determinación dos elementos necesarios (máquinas ou elementos específicos) para que o traballador poida alcanza-lo rendemento normal, medidas de adaptación dos traballadores ó posto de traballo e garantías de que todo o proceso productivo se desenvolve nas adecuadas condicións de seguridade e saúde laboral.

Capítulo IV

Clasificación profesional

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

Remitímonos ó acordo marco sobre sistema de clasificación profesional para a industria do metal asinado por CC.OO., UGT metal, CIG metal e Confemetal; segundo Resolución do 5 de febreiro de 1996 publicado no BOE nº 55, do 4 de marzo de 1996.

Se durante a vixencia do presente convenio se incorpora ó convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña o previsto no parágrafo

2 do artigo 15 do vixente convenio colectivo provincial, é dicir, a implantación do sistema de clasificación profesional, unha comisión paritaria composta por representantes da dirección e o comité de empresa, tomará como referencia a dita clasificación para a súa adaptación ó presente convenio colectivo.

A comisión extinguirase unha vez alcanzado o acordo.

Capítulo V

Ingresos e cesamentos

Artigo 11º.-Ingresos.

Con excepción do persoal técnico titulado (tarifas de cotización 1 e 2) e os postos que impliquen mando ou confianza, para o acceso do persoal á condición de fixo de cadro de persoal, no momento que libremente determine a dirección da empresa, deberán superarse (xa se trate de persoal eventual con contratos en vigor ou de aspirantes externos) unhas probas de carácter práctico e teórico, baseadas nos mesmos programas previstos no procedemento de ascensos do persoal fixo. Se o aspirante a ingresar no cadro de persoal superou no seu día as probas prácticas e teóricas específicas para a categoría coa que ingresa, quedará exento da repetición delas.

Malia o expresado no parágrafo anterior, para o ingreso nas categorías inferiores de cada grupo profesional (especialistas, oficial de 3ª, auxiliar administrativo, calcador, delineante de 2?, etc.) queda a criterio da empresa a necesidade de realizar ou non probas de acceso.

No caso de convocatorias abertas para o ingreso na empresa, establécese unha preferencia de ingreso, en igualdade de condicións e puntuación có resto dos aspirantes, para os fillos dos traballadores de Isolux Wat, S.A. Iguais dereitos conservarán os fillos dos pensionistas que lle prestasen os seus servicios á empresa.

A representación dos traballadores ten garantida a súa presencia nos procesos selectivos mencionados, tendo coñecemento previo das probas de ingreso, e presencia no tribunal cualificador, que terá a mesma composición que o previsto no procedemento de ascensos.

Para cubri-las baixas que por xubilación regulamentaria, anticipada, voluntaria ou por invalidez se produzan, cando as expectativas de mercado sexan favorables, tratarase de incorporar ó cadro de persoal fixo, de forma escalonada, o persoal eventual con varios anos de contrato.

En canto ó persoal eventual, este poderá someterse ás probas prácticas que a empresa considere oportunas, que nunca serán de nivel inferior ó esixido para o ascenso do persoal fixo á categoría de que se trate.

Artigo 12º.-Escalafóns.

A empresa confeccionará anualmente os escalafóns do seu persoal, establecéndose un escalafón por cada profesión ou oficio, na súa confección deberá especificarse:

a) Nome e apelidos.

b) Data de ingreso na empresa.

c) Categoría profesional á que pertence o traballador.

d) Data de alta na categoría profesional.

e) Número de orde derivado da data de ingreso na categoría.

A orde de cada traballador na escala virá determinada pola data de alta na respectiva categoría profesional. En caso de igualdade seguirase a data de ingreso na empresa e se esta é a mesma, a maior idade do traballador.

Contra a escala caberá reclamación fundamentada dos traballadores, a través dos seus representantes legais, no prazo dun mes, ante a dirección da empresa, que deberá resolver sobre a dita reclamación no prazo de 15 días.

A empresa, dentro do primeiro trimestre do ano, exporá a escala nos taboleiros de anuncios, cos datos sinalados.

Artigo 13º.-Contratación.

A empresa priorizará a contratación directa.

Nos contratos de posta á disposición que concerte Isolux Wat, S.A. coas empresas de traballo temporal, a dirección facilitaralle ó comité de empresa fotocopia literal de cada un dos contratos realizados.

Nos contratos de persoal eventual, os fillos dos traballadores fixos de Isolux Wat, S.A., terán unha preferencia de ingreso, en igualdade de condicións có resto dos aspirantes.

Poderanse realizar contratos de duración determinada e a súa conversión en contratos para o fomento da contratación indefinida, tal e como se establece na lexislación vixente, coas peculiaridades que en cada momento determine o convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña.

O persoal eventual que ingresase na empresa antes do 1 de outubro de 1995 e permaneza actualmente no nivel salarial 19, pasará automaticamente ó nivel salarial 18 con efectos do día 1 de outubro de 2000.

O persoal eventual que traballase en Isolux Wat, S.A. un período de 12 meses anteriores ó 1 de xaneiro de 2001, con interrupcións non superiores a 3 meses, terá garantido o nivel salarial 18 a partir do 1 de xaneiro de 2001.

A partir do 1 de xaneiro de 2001, ó persoal eventual que acumule períodos de contratos -dentro dun ciclo de tres anos- superiores a 12 meses, garantiráselle o nivel salarial 18.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso dos traballadores considerarase feito a título de proba se así consta por escrito. Este período será variable segundo sexan os postos de traballo que se vaian cubrir e que, en ningún caso, poderán exceder do tempo fixado na seguinte escala:

-Persoal titulado: 4 meses extensible a 6 a petición do traballador.

-Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes, extensible a 2, a petición do traballador.

-Resto do persoal: 15 días.

Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolve-lo contrato de traballo sen prazo de aviso previo e sen dereito a indemnización ningunha.

Transcorrido o período de proba sen que se producise desistencia, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.

Salvo pacto en contrario, a situación de IT que afecte ó traballador durante o período de proba interromperá o seu cómputo, que se continuará a partir da data da reincorporación efectiva ó traballo.

Artigo 15º.-Ascensos.

Na provisión de vacantes en réxime de ascenso, de cada tres prazas, unha proverase por antigüidade, correspondendo esta á orde prevista na escala da profesión ou oficio na que se convocase a vacante, e as outras dúas por concurso e probas de aptitude.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

A) O ascenso dos traballadores a postos de traballo que impliquen mando ou confianza serán de libre designación pola empresa.

B) Para ascender a unha categoría profesional superior establécese un sistema, que se xunta como anexo I ó presente convenio.

C) En idénticas condicións de idoneidade adxudicaráselle o ascenso ó máis antigo.

Os representantes legais dos traballadores controlarán a aplicación correcta do anteriormente sinalado.

Artigo 16º.-Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa virán obrigados a poñelo en conocemento dela, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

-Persoal titulado: 2 meses.

-Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes.

-Resto de persoal: 15 días.

O incumprimento da obriga de avisar coa referida antelación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha contía equivalente ó importe do seu salario diario por cada día de atraso no aviso.

Avisando coa referida antelación, a empresa virá obrigada a liquidar, ó finaliza-lo dito prazo, os conceptos fixos que poidan ser calculados ó momento. O resto dos conceptos serano no momento habitual de pagamento.

O incumprimento desta obriga imputable á empresa, levará aparellado o dereito do traballador a ser indemnizado polo importe do seu salario diario por cada día de atraso na súa liquidación, co límite da duración do propio prazo de aviso previo. Non se dará tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito, se o traballador incumpriu a de avisar coa antelación debida.

Capítulo VI

Mobilidade

Artigo 17º.-Mobilidade do persoal.

a) Denomínase mobilidade funcional a mobilidade do persoal dentro dos límites do centro de traballo, que implique cambio de posto de traballo.

b) Denomínase mobilidade xeográfica o traslado de persoal que implique cambio de centro de traballo de carácter permanente.

c) Denomínase desprazamento do persoal a mobilidade do persoal de carácter temporal, ata o límite dun ano, a unha poboación distinta da súa residencia habitual.

Artigo 18º.-Mobilidade xeográfica.

Por razóns técnicas, organizativas ou de producción, a empresa poderá despraza-los seus traballadores con carácter temporal ata o límite dun ano, a unha poboación distinta á da súa residencia habitual, aboando, ademais dos salarios, os gastos de viaxe e as axudas de custo ou suplidos.

Cando o traballador se opoña ó desprazamento alegando xusta causa, compételle á xurisdicción social, sen prexuízo da executividade da decisión, coñece-la cuestión e a súa resolución, que recaerá no prazo máximo de 10 días e será de inmediato cumprimento.

Se o desprazamento se prevé superior a 15 días, o empregador virase obrigado a avisalo con 5 días mínimos de antelación.

Incorporación á obra.

Non existe desprazamento, senón incorporación á obra dentro do territorio nacional, na montaxe, tendido de liñas, electrificación de ferrocarrís, tendido de cables e redes telefónicas, etc., para o persoal contratado especificamente para estes efectos, nas cales a mobilidade xeográfica é condición habitual da súa actividade en consonancia co carácter transitorio, móbil ou itinerante dos seus centros de traballo, que se trasladan ou desaparecen coa propia execución das obras.

Se a incorporación á obra se prevé por tempo superior a 6 meses, a empresa verase obrigada a avisalo con 10 días, como mínimo, de antelación. Se a incorporación á obra se prevé por tempo entre 15 días e 6 meses, o aviso previo será de 5 días.

Se o desprazamento ou a incorporación á obra é por tempo superior a tres meses, o traballador terá dereito a un mínimo de catro días laborais de descanso no seu domicilio de orixe por cada tres meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, os gastos da cal correrán por conta do empresario.

En todo caso, o tempo investido na viaxe de desprazamento ou incorporación terá a consideración de traballo efectivo.

Non se entenderá que se producen as causas de desarraigo familiar previstas no Estatuto dos traballadores, artigo 40, nin consecuentemente, se dará lugar a días de descanso ou vacación, cando o traballador pactase coa empresa, e esta aboase o desprazamento del e da súa familia.

De mutuo acordo, poderá compensarse o desfrute dos ditos días por contía económica.

Os días de descanso poderán acumularse, debendo engadirse o seu desfrute ás vacacións, Semana Santa ou Nadal.

Artigo 19º.-Por diminución da capacidade física.

Nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade de persoal en razón da capacidade física diminuída do traballador, procurarase que esta se produza dentro da categoría profesional a que o traballador pertenza, e se fose necesario que ocupase posto pertencente a unha categoría inferior, conservará a retribución do seu posto de orixe e no caso de que a empresa contase con valoración de posto de traballo, percibirá o salario de cualificación correspondente no momento de cambio de posto, a dous niveis como máximo por debaixo do que viña percibindo.

Se o posto ó que fose cambiado correspondese a categoría superior, percibirá a retribución desta.

Artigo 20º.-Traballos en sábados e domingos.

Na actividade profesional desenvolvida en desprazamentos durante os sábados e domingos, o tempo mínimo que se aboará é de cinco horas, sendo de aplicación ademais as seguintes compensacións:

As medias axudas de custo abóanse desde as 13 horas.

Nas obras con dereito a media axuda de custos, aboarase a media axuda de custos correspondente a partir das 13 horas.

Nas obras que corresponda o dereito á percepción de axuda de custos completa, ademais da dita axuda de custos, compensarase coa media axuda de custos que estea en vigor.

No caso de encontrarse desprazado un traballador nunha obra na que corresponda a percepción de axuda de custos completa, se parte dela para realizar traballos noutra obra distinta, ademais da axuda de custos completa que lle corresponda será compensado coa media axuda de custos que estea en vigor e ten dereito a percibi-las viaxes de ida e volta de obra a obra, e as horas de viaxes correspondentes, como se fosen extras de sábado ou domingo, de acordo coas especificacións tanto en quilómetros como en horas de viaxe.

Artigo 21º.-Cortes de tensión.

Durante os cortes de tensión, o tempo mínimo que hai que aboar será de 5 horas máis as horas de viaxe. No anexo VII do presente convenio, establécense exemplos ilustrativos de varios supostos de cortes de tensión.

Artigo 22º.-Desprazamentos ó estranxeiro.

1. Os desprazamentos dos traballadores españois, contratados en España ó servicio da empresa no estranxeiro, rexeranse con carácter xeral, por este artigo, sen prexuízo das normas de orde pública que lles sexan de aplicación no país de destino e terán sempre carácter voluntario para o traballador.

2. Os gastos de viaxe serán por conta do empresario.

3. Os traballadores ós que se refire este artigo conservarán tódolos dereitos que lles corresponderían de continuar traballando no territorio español, someténdose á xurisdicción dos tribunais españois respecto ás controversias na interpretación e aplicación das súas condicións de traballo exterior.

4. Como mínimo aplicaránselles a estes traballadores as condicións seguintes:

a) Considerarase a súa xornada laboral, a que rexa no lugar de prestación do traballo, aboándose a diferencia con respecto á que fose de aplicación en España cunha recarga do 75%.

As horas que excedan da xornada laboral que rexa no lugar de prestación de servicios terán a consideración de horas extraordinarias.

b) Para efecto de cálculo de remuneracións e horas extraordinarias, a hora base establecerase tendo en conta as remuneracións que o traballador percibiría en España de seguir realizando as mesmas funcións, de acordo co que, convencional ou legalmente, lle sexa de aplicación.

c) As condicións de seguridade e saúde laboral vixentes en España, no que se refire ó lugar de traballo, deberán aplicarse no estranxeiro, salvo que as características do lugar de traballo non o permitan

d) O aloxamento deberá reuni-las condicións de hixiene e salubridade esixibles en España, sempre que as características do lugar de traballo o permitan.

e) En caso de incapacidade temporal, o traballador terá dereito a percibi-las prestacións que poidan corresponderlle en dereito. Igualmente, serán de aboamento as cantidades pactadas, como fórmula compensatoria estipulada en concepto de gastos de aloxamento, manutención ou axudas de custo.

Se transcorrido un período de 30 días o traballador permanece en situación de IT, a empresa poderá repatria-lo traballador, ou antes, se mediante dictame médico, se prevé que a curación excederá do dito prazo, percibindo desde o seu regreso as prestacións que legalmente lle correspondan.

A empresa non poderá proceder a repatria-lo traballador, mesmo transcorridos 30 días desde o comezo da IT, cando o traslado do traballador fose perigoso ou gravemente danoso para a súa saúde a xuízo do facultativo que o trate.

Mentres o traballador non sexa repatriado e permaneza en situación de IT continuará recibindo o tratamento previsto no parágrafo primeiro da letra e).

f) Para cada ocasión e país, o traballador, o comité de empresa e a dirección, definirán de mutuo acordo, a contía económica do complemento de permanencia no estranxeiro, para ser aboado en España á finalización do traballo. O traballador terá dereito á percepción da parte proporcional da contía establecida se regresa a España por causa de enfermidade, accidente ou outra non imputable ó traballador.

Se o traballador abandonase voluntariamente o traballo, seguirase o pactado en contrato.

g) Os traballadores terán dereito a realizar, como mínimo, unha viaxe de vacacións a España, cada ano de traballo no estranxeiro, sendo os gastos de transporte a cargo da empresa.

Artigo 23º.-Traballo en distinta categoría profesional.

A empresa, por necesidades organizativas ou productivas, poderá destina-los traballadores a realizar traballo ou tarefas nunha categoría profesional distinta á súa, reintegrándose o traballador ó seu antigo posto cando cese a causa que motivou o cambio.

Estes cambios serán suficientes e previamente xustificados ós representantes legais dos traballadores, agás por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, sen prexuízo de posterior xustificación.

Cando se trate dunha categoría superior, este cambio non poderá ser de duración superior a catro meses ininterrompidos, salvo os casos de substitución por servicio militar obrigatorio, ou social substitutorio, enfermidade profesional ou accidente de traballo. A retribución, metres se desempeñe traballo en categoría superior, será a correspondente a ela. En caso de que un traballador ocupe postos de categoría profesional superior durante doce meses alternos, consolidará o salario do dito posto a partir dese momento, sen que iso supoña necesariamente a creación del.

Se por necesidades perentorias e imprevisibles da actividade productiva se tivese que destinar un traballador a unha categoría inferior, o cambio realizarase polo tempo indispensable e esta situación non poderá prolongarse máis de dous meses ininterrompidos, conservando, en todo caso, a retribución correspondente á súa categoría de orixe. A empresa tratará de evitar reitera-lo dito cambio a un mesmo traballador. Se o cambio se producise por petición do traballador, o seu salario acondicionarase segundo a nova categoría profesional.

Artigo 24º.-Traslado do centro de traballo.

No suposto de que a empresa pretenda traslada-lo centro de traballo fixo a outra localidade que non comporte cambio de domicilio do traballador, e sen prexuízo das disposicións vixentes nesta materia, estará obrigada a comunicárllelo ós representantes legais dos traballadores con tres meses de antelación, salvo caso de forza maior.

Deberán detallarse no dito aviso os extremos seguintes:

-Motivo técnico, productivo, económico, etc., de tal decisión.

-Lugar onde se proxecta traslada-lo centro de traballo.

En calquera caso se por motivos de traslado resultase un gasto adicional para o traballador, este deberá ser compensado pola empresa da forma que se determine de mutuo acordo.

Capítulo VII

Promoción e formación profesional no traballo

Artigo 25º.-Formación profesional no traballo.

As partes asinantes recoñecen a necesidade da formación permanente dos traballadores.

Para estes efectos, as partes asinantes cren conveniente:

-Desenvolver e promove-la aplicación efectiva do artigo 22 do Estatuto dos traballadores, así como dos convenios internacionais, referentes ó dereito á formación continua, facilitando o tempo necesario para a formación.

-Avaliar de maneira continuada tódalas accións emprendidas, co fin de revisa-las orientacións, promover novas actividades e actualiza-la definición dos obxectivos da formación profesional.

Por iniciativa das partes créase unha comisión paritaria, integrada por representantes da dirección e representantes dos traballadores, co obxecto de analiza-las necesidades de formación na empresa, así como determinar, se é o caso, os cursos que sexan de interese para a actividade dela e adecuados para completa-la formación dos traballadores. A asistencia ós ditos cursos será voluntaria.

Esta comisión acordará, así mesmo, as licencias e calquera outro tipo de compensación para os traballadores participantes nos ditos cursos.

Os acordos da comisión paritaria serán por consenso.

Artigo 26º.-Promoción.

Os traballadores inscritos en cursos para a obtención dun título académico ou profesional, nun centro oficial recoñecido polo Ministerio de Educación, terán dereito ós permisos retribuídos necesarios, debidamente xustificados e polo tempo máximo de dez días por curso académico, para asistencia ós exames oficiais dos ditos cursos.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 27º.-Seguridade e saúde laboral.

A saúde laboral considérase como parte integrante do proceso productivo ó mesmo nivel que a producción, a calidade e os custos, establecéndose a súa planificación, coordinación e control, como un elemento máis das reunións de traballo ou dos temas que se van realizar.

A empresa dotarase dun plan de prevención en materia de saúde e seguridade, así como dos servicios necesarios para a súa realización. A representación legal dos traballadores participará e velará polo seu cumprimento.

Adecuaranse as medidas na empresa para potencia-lo labor preventivo do persoal designado por ela e do comité de saúde laboral, facilitándolle-los medios ó respecto.

As técnicas preventivas deberán ir encamiñadas á eliminación do risco para a saúde do traballador desde a súa propia xeración, tanto no que afecta ás operacións que se van realizar como nos elementos empregados no proceso.

Extremaranse as medidas de seguridadde e saúde laboral nos traballos especialmente tóxicos e perigosos, adecuándose as oportunas accións preventivas.

A formación en materia de saúde laboral e o adestramento profesional é un dos elementos esenciais para a mellora das súas condicións de traballo e seguridade. As partes asinantes do presente convenio significan a importancia da formación como elemento prevencionista, comprometéndose, así mesmo, a realizala de forma eficiente.

Os traballadores a través dos seus representantes legais participarán na mellora das condicións de traballo nos lugares onde se desenvolva a súa actividade laboral. Esta participación desenvolverase de acordo co establecido na vixente normativa ó respecto.

Nos aspectos non recollidos no presente acordo, será aplicable o establecido na Lei de prevención de riscos laborais e demais regulamentos e normas complementarias dela.

Artigo 28º.-Recoñecementos médicos.

A empresa, por medio dos seus servicios médicos ou da mutua de accidentes, xestionará a realización dun recoñecemento médico cada ano, do resultado do cal se lle entregará copia a cada traballador. A tódolos traballadores que de forma habitual fagan uso de pantallas nos seus postos de traballo, efectuaráselles un seguimento médico semestral.

Os postos de traballo en pantallas axustaranse nas súas condicións (ergonómicas), para evitar riscos á saúde dos traballadores (deseño e colocación de mobiliario e de equipo, luminosidade, ruído, etc.).

Artigo 29º.-Roupa de traballo.

A empresa, ademais de lles proporcionar ós seus operarios tódolos elementos de protección que determina a lei e regulamentos de desenvolvemento, subministraralle a cada un deles dous equipos de roupa de traballo ó seu ingreso na empresa e transcorrido un ano de servicio, entregaralle un máis, e outro cada seis meses, contado desde este ano; toda a roupa deberá te-las iniciais ou indicativos da empresa. Así mesmo, facilitaranse dúas toallas ó ano.

Capítulo IX

Tempo de traballo

Artigo 30º.-Xornada.

A duración máxima da xornada laboral será para os anos 2000 e 2001 de 1.774 horas. No suposto de que o convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña, de aplicación, para o ano 2001 fixará unha xornada laboral igual ou inferior ás 1.778 horas, a duración máxima da xornada que aquí se establece, reducirase de tal maneira que entre a xornada do presente convenio e a daquel existirá unha diferencia de 4 horas.

En verán, entre os días 1 de xuño e 24 de setembro, ambos inclusive, realizarase xornada continuada en taller e oficinas, de 7 horas diarias.

Antes do 1 de xaneiro de cada ano, a dirección, de acordo mutuo cos representantes dos traballadores, elaborará o calendario laboral para o ano seguinte.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de corenta horas semanais de traballo efectivo de media, respectando en cómputo anual a xornada máxima antes indicada.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, así como os períodos mínimos de descanso diario ou semanal, a empresa poderá realizar unha distribución irregular da xornada en períodos de tres meses.

O número de horas anuais que poderán ser aplicadas á distribución heteroxénea da xornada non poderá supera-las 70. En cada período trimestral, a distribución semanal poderá supera-las corenta horas de traballo co límite de nove horas diarias. O exceso de horas traballadas compensaranse nos períodos de menos traballo.

A distribución heteroxénea do máximo das 70 horas indicadas no parágrafo anterior realizarase respectando o calendario laboral preestablecido.

Antes do inicio de cada período de distribución irregular de xornada, publicarase o calendario correspondente ó dito período. Esta publicación realizarase como mínimo con quince días de antelación ó inicio do dito período.

Artigo 31º.-Vacacións.

O persoal fixo e eventual sen distinción de categorías profesionais terá dereito ó desfrute de 22 días laborables sen que poida exceder dun mes, nos meses de verán, ou parte proporcional. O período do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, podendo convir na división en dous do período total.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico.

Sen prexuízo do establecido na lexislación vixente e en desenvolvemento desta materia establécese:

Os traballadores que na data determinada para o desfrute da vacación anual non completasen un ano efectivo na empresa desfrutarán dun número de días proporcional ó tempo de servicios prestados. Neste suposto, de se ter establecido un peche do centro que imposibilite a realización das funcións do traballador, este non sufrirá mingua na súa retribución.

Se durante o desfrute das vacacións se producise unha situación de baixa por incapacidade temporal, debida a enfermidade ou accidente non laboral, quedarán interrompidas as vacacións, continuando o desfrute delas nas datas, que de común acordo, fixasen ámbalas partes.

O persoal con dereito a vacacións que cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional da vacación segundo o número de meses traballados.

Ós traballadores que ó inicio do desfrute das vacacións se encontren incorporados a unha obra en lugar distinto ó da súa residencia habitual, recoñeceránselles dous días naturais máis ó ano, en concepto de tempo de viaxes de ida e regreso ó mesmo centro de traballo, se o tempo de cada viaxe excede de 4 horas, computadas en medios de locomoción públicos.

Os conceptos retributivos por vacacións son os seguintes: salario base, complemento absorbible, complemento persoal, complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade, complemento de xefe de equipo, complemento de productividade.

Artigo 32º.-Licencia sen soldo.

En caso extraordinario, debidamente acreditado, poderanse conceder licencias polo tempo que sexa preciso sen percibo de haberes co desconto do tempo de licencia para efectos de antigüidade.

Os traballadores cunha antigüidade maior de cinco anos, poderán solicitar licencias sen soldo polo límite máximo de doce meses (tempo sabático), cando a mesma teña como fin o desenvolvemento profesional e humano do traballador, cando o proceso productivo o permita.

Artigo 33º.-Excedencias.

Excedencia forzosa.

Concederase excedencia forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo de antigüidade da súa vixencia, pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

Así mesmo, concederase excedencia forzosa ós cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal das organizacións sindicais máis representativas.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó do cesamento no cargo público ou función sindical.

Excedencia voluntaria.

Os traballadores cun ano de servicio poderán solicita-la excedencia voluntaria por un prazo mínimo de dous anos e non superior a cinco anos, non computándose o tempo que dure a situación para ningún efecto e sen que en ningún caso se poida producir nos contratos de duración determinada. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto preadoptivo como permanente contado desde a data de nacemento deste, ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. A excedencia recollida no presente punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa. Neste suposto, cando a excedencia non sexa superior a un ano, o reingreso será automático.

O reingreso deberá solicitarse por escrito, con antelación mínima dun mes á terminación da excedencia voluntaria.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso. Se non existise vacante na súa categoría profesional e si nunha inferior, o excedente poderá ocupar esta praza co salario a ela correspondente, ata que se produza unha vacante na súa categoría profesional, ou non reingresar ata que se produza a dita vacante.

Artigo 34º.-Licencias retribuídas.

A tódolos traballadores que o soliciten, e logo de xustificación da súa necesidade, seranlles consideradas licencias sen perda de retribución, polos motivos seguintes:

a) Por matrimonio: quince días naturais en caso de que un dos cónxuxes sexa o propio traballador, e un día natural se o fosen de irmáns, fillos ou pais.

b) Por parto de esposa: tres días naturais, podendo ampliarse ata dous máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento.

c) Por enfermidade grave de pais, avós, fillos, cónxuxes e irmáns: tres días naturais, podendo ampliarse ata dous máis cando o traballador teña que realizar desprazamentos por este motivo.

d) Por falecemento de pais, pais políticos, avós, fillos, netos, cónxuxes e irmáns: tres días naturais, podendo ampliarse ata dous máis cando o traballador teña que realizar un desprazamento por tal motivo.

Dous días naturais en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de afinidade, que se ampliarán a catro días naturais se necesita realizar un desprazamento.

e) Por traslado do seu domicilio habitual: un día.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste dunha norma legal ou convencional un período determinado, seguirase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

g) Polo tempo necesario para acudir a consulta médica da Seguridade Social cos límites que a continuación se establecen: polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co do traballo se prescriba a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presentar previamente o traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de dezaseis horas ó ano.

Tamén terán dereito aqueles traballadores que o soliciten a cinco días de licencia sen soldo por enfermidade ou defunción de familiares da liña recta ascendente ou descendente sen limitación ou colaterais ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller por vontade poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido fisico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario, entre alomenos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Capítulo X

Ordenación económica

Incremento e revisión salarial.

Artigo 35º.-Incremento salarial.

Os niveis salariais vixentes para o ano 2000 son os que se detallan no anexo II.

Para o ano 2001 acórdase incrementar tódolos niveis salariais vixentes do ano 2000, anexo II, desde o 1 de xaneiro, en medio punto por encima do IPC que prevexa o Goberno para ese mesmo ano.

Na data 1 de xaneiro de 2001, o valor das axudas de custo, horas de viaxes e horas extras, será incrementado no IPC previsto polo Goberno, máis medio punto.

Artigo 36º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC anual para o ano 2000 supere o IPC previsto, efectuarase unha revisión salarial sobre os niveis do anexo II, no exceso sobre a indicada cifra e aplicado sobre os niveis do pacto de empresa para o ano 1999, non podendo ser absorbido. Tal incremento terá carácter retroactivo desde a data en que o IPC real supere o IPC previsto, e aboarase nunha soa paga no primeiro trimestre do ano 2001. Este novo incremento en caso de operar conformará un novo parámetro como base de cálculo para o incremento do ano 2001.

Para a revisión salarial do ano 2001 aplicarase o mesmo procedemento que para o ano 2000.

Artigo 37º.-Conceptos retributivos.

A renumeración que percibirá o persoal afectado polo presente convenio estará integrada polos seguintes conceptos:

Salario base.

Complementos salariais.

a) Persoais.

-Complemento persoal.

-Complemento absorbible.

b) De posto de traballo.

-Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

-Complemento xefe de equipo.

-Complemento nocturno.

-Complemento de traballo en reparación de buques.

c) De cantidade de traballo.

-Complemento de productividade.

-Horas extraordinarias.

-Horas de viaxe.

d) De vencemento periódico superior ó mes.

-Pagas extraordinarias.

Devengos non salariais.

-Complemento de locomoción.

-Gastos desprazamento

-Axudas de custo.

Salario base.

Artigo 38º.-Salario base.

O seu valor detállase no anexo III do presente convenio e percibirase por mes.

Complementos salariais.

a) Persoais.

Artigo 39º.-Complemento persoal.

Este complemento trae causa do complemento de antigüidade e aplicarase nos termos recollidos no artigo 61 do convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña, anos 1998-2000. En consecuencia, manterano a título persoal os traballadores que o estiveran percibindo conforme o dito artigo e nas citadas condicións.

O complemento persoal non forma parte dos niveis salariais do convenio, como consecuencia, non será absorbible nin compensable, incrementándose e revisándose de acordo cos artigo 34º e 35º na mesma porcentaxe que se pacte, para os niveis salariais do anexo II.

Artigo 40º.-Complemento absorbible.

Este complemento resulta da diferencia salarial existente en cada momento, entre o nivel salarial asignado ó traballador e a suma do salario base e pagas extraordinarias.

Ámbalas partes comprométense a alcanzar un acordo para a nova denominación deste complemento.

b) De posto de traballo.

Artigo 41º.-Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

A excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade dos traballos quedará normalmente comprendida na valoración de postos de traballo e na fixación dos valores dos incentivos.

Cando non quede comprendida noutros conceptos salariais, aboaráselle ó persoal que teña que realizar aqueles labores, un complemento de acordo coas táboas do anexo II ó presente convenio, este complemento incrementarase e revisarase de acordo cos artigos 34º e 35º, na mesma porcentaxe que se pacte para os niveis salariais do anexo II. Este complemento reducirase á metade se se realiza o traballo excepcionalmente tóxico, penoso ou perigoso durante un período superior a sesenta minutos de xornada, sen exceder de media xornada.

Naqueles supostos nos que moi singularmente concorrese de modo manifesto a excepcional penosidade, a toxicidade e a marcada perigosidade superior ó risco normal da industria, o complemento percibirase polos importes que se indican na táboa anexa, para os supostos de concorrencia de dúas ou tres das circunstancias sinaladas.

Se por mellora das instalacións ou procedementos desaparecesen as condicións de penosidade, toxicidade ou perigosidade no traballo, unha vez consignada a desaparición destas causas pola autoridade competente, deixará de aboarse a citada bonificación, e

poderase recorrer contra a decisión adoptada de acordo co procedemento legal.

Na falta de acordo entre empresa e traballadores respecto á cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso, resolverase pola xurisdicción social.

O persoal da sección de pintura percibirá no período de vacacións, o complemento de toxicidade, penosidade ou perigosidade, conforme a media obtida nos tres últimos meses traballados con anterioridade á data de iniciación delas.

Artigo 42º.-Complemento de xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais de oficio que, efectuando traballo manual, asume o control de traballo dun grupo de profesionais en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes a persoal de superior categoría cá súa.

Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle a retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría, quede esta superada.

O complemento que percibirá o xefe de equipo será o que se indica no anexo V, incrementándose e revisándose de acordo cos artigo 34º e 35º, na mesma porcentaxe que se pacte para os niveis salariais do anexo II, a este convenio, a non ser que fose tido en conta dentro do factor mando, na valoración de posto de traballo.

Artigo 43º.-Complemento nocturno.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as vintedúas horas e as seis horas, podendo ser adiantado ou atrasado con autorización da Inspección de Traballo.

A bonificación por traballo nocturno regularase de acordo coas seguintes normas:

Traballando no dito período nocturno máis dunha hora sen exceder de catro, a bonificación percibirase exclusivamente polas horas traballadas.

Se as horas traballadas durante o período nocturno exceden de catro, cobraranse coa bonificación correspondente a toda a xornada realizada, estea comprendida ou non en tal período.

Queda exceptuado o cobramento da bonificación por traballo nocturno ó persoal vixilante de noite, porteiros e serenos que fosen contratados para realiza-la súa función durante o período nocturno expresamente.

De igual manera, quedan excluídos do mencionado suplemento todos aqueles traballadores ocupados en xornada diúrna que tivesen que realizar obrigatoriamente traballos en períodos nocturnos, a consecuencia de feitos ou acontecementos calamitosos ou catastróficos.

A distribución do persoal nos distintos relevos é incumbencia da dirección da empresa, con obxecto de que, o persoal non traballe de noite de maneira continuada, debe cambia-las quendas semanalmente como mínimo, dentro dunha mesma categoría ou oficio,

agás nos casos probados de absoluta imposibilidade, suposto no cal o comité de empresa ou os delegados de persoal emitirán o informe correspondente.

Tódolos traballadores con dereito a percibir este suplemento de nocturnidade percibirán as cantidades que se indican no anexo VI ó convenio; este complemento incrementarase e revisarase de acordo cos artigos 34º e 35º, na mesma porcentaxe que se pacte para os niveis salariais do anexo II.

Artigo 44º.-Complemento de traballo en reparación de buques.

Os traballos en reparación de instalacións a bordo de embarcacións, sexan desde varadoiros ou desde embarcación, terán unha prima diaria de 137 pesetas durante a vixencia deste convenio; este complemento incrementarase e revisarase de acordo cos art. 34º e 35º, na mesma porcentaxe que se pacte para os niveis salariais do anexo II.

c) De cantidade de traballo.

Artigo 45º.-Complemento de productividade.

Dada a variedade e complexidade dos traballos que se levan a cabo en talleres (Isowat), baséase este complemento non nun concepto de producción medible, xa que o traballo que se realiza no dito destino non é facilmente medible con táboas, nin é susceptible de cambios nos ritmos de traballo, senón no tipo de actividade que se desenvolve.

Este complemento aplicaráselle ó persoal de cadro con destino en talleres (Isowat), e ó persoal eventual co mesmo destino, unha vez superados seis meses ininterrompidos de contrato, independentemente do seu posto de traballo ou da súa categoría profesional.

Non se consideran como faltas ó traballo, para os efectos da perda deste complemento, do mes ou do día, aquelas que sexan como consecuencia dos permisos retribuídos que se determinan no presente convenio, agás por matrimonio. Nos producidos por accidentes ou incapacidade temporal, descontaranse os días de baixa.

Nas ausencias motivadas polo desempeño das súas funcións, os membros do comité de empresa e os delegados sindicais, se os houber, non sufrirán ningún tipo de desconto, cobrando ó mes como mínimo, a media do percibido nos últimos tres meses en que cobrasen tal concepto.

As retribucións que se pactan neste complemento considéranse como contraprestación dunha maior productividade en xeral dos traballadores.

As bases mínima e máxima deste complemento, para tódalas categorías, incrementaranse e revisaranse de acordo cos artigo 34º e 35º, na mesma porcentaxe cós niveis salariais do anexo II.

Nos casos de desprazamento de persoal de Isowat a obras e por traballos realizados ou relacionados co taller, percibirán o complemento como se estivesen no taller.

Tódolos traballadores de obras que se incorporen a Isowat de forma provisional ou definitivamente cobrarán o dito complemento.

Durante o mes de vacacións regulamentarias percibirase a media das cantidades deste complemento

aboadas nos tres meses anteriores ó desfrute das ditas vacacións.

Táboa de valores.

Producción mínima: 6.446 pesetas.

Producción máxima: 11.367 pesetas.

Artigo 46º.-Horas extraordinarias.

Se por necesidades de producción se tivesen que realizar horas extraordinarias, estas nunca excederán dos límites legais vixentes.

A representación dos traballadores entende que as horas extraordinarias se desfrutarán preferentemente como días de descanso en días laborables.

Os traballadores que realicen horas extraordinarias en sábados, domingos, pontes e festivos, cobraranas de acordo cos importes establecidos no presente documento. No caso de que se compensaran en tempo libre, por cada hora efectivamente realizada, computaríanse 2 horas de descanso.

As realizadas en días laborables cobraranse de acordo cos importes establecidos no presente documento. No caso de que se compensasen en tempo libre, por cada hora efectivamente realizada, computaranse 1,60 horas de descanso.

Clasificación das horas extraordinarias.

a) Forza maior.

Son as esixidas pola necesidade de previr ou reparar sinistros ou outros análogos que puidesen producir evidentes e graves prexuízos tanto á empresa como a terceiros, así como para previ-los riscos de perda de materias primas.

b) Períodos puntas imprevisibles.

Son as necesarias para previr un grave quebranto á actividade cando esta fose imprevisible e a súa constatación sexa evidente, tales como: ausencias imprevistas, posta en marcha ou paradas, cambios de quenda ou outras análogas. Manterase a realización desta modalidade cando non caiba, na súa substitución, a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas pola lei.

As horas extraordinarias pola súa naturaleza son voluntarias, exceptuando aquelas das cales a non realización produza á empresa graves prexuízos ou impida a continuidade da producción, e as dos demais supostos de forza maior.

En canto á información mensual ós representantes dos traballadores sobre horas extraordinarias traballadas, seguirase o disposto na normativa vixente.

As horas extraordinarias clasifícanse en:

Extras 2ª.-As realizadas en sábados, domingos, pontes e festivos

Extras 1ª.-O resto das realizadas.

Táboa de valores

Categorías profesionaisTipo de hora extraordinaria

Extra 1ªExtra 2ª

Peón-especialista1.6051.934

Oficial 3ª-calcador-auxiliar. adtvo.1.6131.951

Oficial 2ª-delineante 2ª-administra. 2ª1.6462.060

Oficial 1ª-capataz-delin.1ª-adtvo. 1ª1.6772.149

Encargado-xefe equipo-contramest.1.7682.257

Maestro taller-delineante proxectista1.9052.348

Artigo 47º.-Horas de viaxe.

Establécese o concepto de hora de viaxe para compensa-lo tempo de desprazamento a obra, segundo as dúas modalidades que a seguir se detallan:

-Hora de viaxe en día laborable: 680 pesetas

-Hora de viaxe en resto días: 1.325 pesetas

Nos cortes de tensión, as horas de viaxe aboaranse como horas extras de sábado ou domingo.

O punto de referencia ou quilómetro 0 é o centro de traballo a onde pertenza o traballador ou a poboación onde resida, en caso de estar desprazado.

As horas de viaxe computaranse da maneira que a continuación se indica:

-De 0 a 35 quilómetros non dá lugar a ningunha hora.

-Máis de 35 e ata 90 quilómetros, compútanse 1 hora de viaxe.

-A partir dos 90 quilómetros compútase 1 hora de viaxe por cada fracción de 55 quilómetros.

-Nas viaxes de ida e volta ó traballo, incluídos os dous necesarios para face-la comida, computaranse os quilómetros que excedan de 3 ó día.

d) De vencemento periódico superior ó mes.

Artigo 48º.-Pagas extraordinarias.

Aboaranse anualmente dúas pagas extraordinarias que se farán efectivas na primeira quincena do mes de xullo e o 22 de decembro.

As pagas extraordinarias aboaranse por 30 días de salario base, complemento persoal, se é o caso, e complemento absorbible, este último, na cantidade que resulte de dividi-lo complemento absorbible anual, entre o número de pagas a percibir no ano, (catorce pagas). Ratearanse en proporción ó tempo traballado por semestres naturais de ano que se outorguen.

Devengos non salariais.

Artigo 49º.-Complemento de locomoción

Todo o persoal que teña recoñecido o complemento de locomoción á entrada en vigor do presente convenio de empresa do ano 2000 manterao percibindo a cantidade mensual de 917 pesetas, ad personam.

Artigo 50º.-Gastos de desprazamento.

Por achegar vehículo particular nos desprazamentos, de 3 a 15 quilómetros aboarase a cantidade de 465 pesetas, de 16 a 30 quilómetros, aboaranse 870 pesetas. A partir dos 30 quilómetros, o prezo do quilómetro aboarase de acordo cos pactos que se establezan.

Artigo 51º.-Axudas de custo.

Os traballadores que por necesidade da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos a poboacións distintas a aquelas en que radique o seu centro de traballo, desfrutarán sobre o seu salario as compensacións que determine o presente convenio colectivo, fixándose como mínimo e para tódalas categorías, 3.840 pesetas se o desprazamento que se realiza é superior ós veinticinco quilómetros e inferior ou igual ós 125 quilómetros de

distancia do centro de traballo onde o traballador fose contratado e 4.635 pesetas se o desprazamento é superior a 125 quilómetros.

A media axuda de custos percibirase por desprazamentos superiores a 5 quilómetros e inferiores a 25 quilómetros desde o centro de traballo do traballador, establécese en 1.515 pesetas.

Nas obras dentro do termo municipal onde radique o centro de traballo, no caso da Coruña, no seu núcleo urbano, non se percibirán axudas de custo nin medias axudas de custo, agás que a interrupción da comida sexa igual ou inferior a unha hora, caso no que se percibirá media axuda de custos.

Por desprazamentos a obras situadas fóra da Comunidade Autónoma, percibirase unha axuda de custos por importe de 5.150 pesetas.

Para o ano 2001, incrementaranse os valores das axudas de custo e media axuda de custos no IPC previsto polo Goberno para ese mesmo ano, máis medio punto.

Os días de saída devengarán idéntica axuda de custos e os de chegada quedarán reducidas á metade, cando o interesado pernoite no seu domicilio, a non ser que tivese que efectuar fóra as dúas comidas principais.

Se os traballos se efectúan de forma tal que o traballador só teña que realizar fóra do lugar habitual o xantar, percibirá media axuda de custos.

As viaxes de ida e volta serán sempre a conta da empresa, que estará obrigada a facilitar billetes de primeira clase, excluídas as clases preferentes, a tódalas categorías.

Non se adquire dereito a axuda de custos cando os traballos se leven a cabo en locais pertencentes á mesma industria, en que non se prestan servicios habituais, se non están situados a distancia que exceda de tres quilómetros da localidade onde está a industria. Mesmo cando excede da dita distancia, non se devengarán axudas de custo cando na localidade onde se vaia prestar eventualmente traballo resulte se-la residencia do productor, sempre que independentemente desta circunstancia non se lle ocasione prexuízo económico determinado.

Nos casos en que os traballos se realicen en locais que non sexan habituais, a empresa ha de aboar sempre os gastos de locomoción ou proporciona-los medios adecuados de desprazamento.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados polo desprazamento superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecemento da mesma e posterior xustificación polos traballadores.

Capítulo XI

Réxime disciplinario

Artigo 52º.-Réxime disciplinario

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes.

Artigo 53º.-Graduación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, trascendencia e intención, en leve, grave e moi grave.

Artigo 54º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade sen xustificación no período dun mes.

b) Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, salvo caso de forza maior, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de o ter feito.

c) O abandono do servicio sen causa xustificada, mesmo por breve tempo, se como consecuencia del, se organizase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

d) Pequenos descoidos na conservación do material.

e) Faltas de aseo ou limpeza persoal.

f) Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

g) Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

h) Discutir violentamente cos compañeros dentro da xornada de traballo.

i) Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

Artigo 55º.-Faltas graves

a) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas no período de 30 días.

b) Falta de 1 a 3 días ó traballo durante un período de 30 días sen causa que o xustifique. Abondará unha soa falta cando tivese que relevar un compañeiro ou cando como consecuencia dela se causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poden afectar á Seguridade Social. A falsidade nos datos consideraranse como falta moi grave.

d) Entregarse a xogos durante a xornada de traballo.

e) A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo, incluída a resistencia e obstrucción a novos métodos de racionalización de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

f) Simula-la presencia doutro ó traballo, asinando ou fichando por el.

g) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha del.

h) A imprudencia en acto de traballo. Se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeros, ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En todo caso

considerarase imprudencia en acto de servicio o non uso da roupa e dos aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

i) Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada, así como o emprego, para usos propios, de ferramentas da empresa.

j) A reincidencia en falta leve, (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado sanción que non sexa a de amoestación verbal.

Artigo 56º.-Faltas moi graves

Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

a) Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade cometidas no período de seis meses, ou vinte nun ano.

b) As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos no período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) Os delictos de roubo, estafa, malversación, cometidos fóra da empresa, ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para esta desconfianza cara ó seu autor, agás que fose absolto.

e) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que exista falta cando un traballador en baixa por tales motivos realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste punto toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

f) A continuidade e a habitual falta de aseo e limpeza de tal índole, que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

g) A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

h) Viola-lo segredo de correspondencia ou documentos reservados da empresa, ou revelar a estraños a esta, datos de reserva obrigada.

i) Realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

j) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración ós seus xefes ou ós seus familiares, así como ós seus compañeiros e subordinados.

k) Causar accidentes graves por imprudencia ou neglixencia.

l) Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade, sen aviso previo.

m) A diminución non xustificada no rendemento do traballo.

n) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometan no período dun trimestre e fosen sancionadas

Artigo 57º.-Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

A sanción de faltas graves e moi graves requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e feitos que a motivaron.

A empresa daralles conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave ou moi grave que se impoña.

Artigo 58º.-Sancións.

As sancións máximas que poderán impoñérselles ós que incorran nas faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves.

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinte a sesenta días.

-Despedimento

Artigo 59º.-Prescrición.

Faltas leves: 10 días.

Faltas graves: 20 días.

Faltas moi graves: 60 días.

Todas elas a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometeren.

Capítulo XII

Representación colectiva

Artigo 60º.-Comité de empresa.

O comité de empresa, como órgano representativo unitario dos traballadores da empresa, ten como fundamental función a defensa dos intereses dos seus representados, así como a negociación e representación dos traballadores ante a empresa.

Os gastos de desprazamento (axudas de custo, quilometraxe e viaxes) dos membros do comité de empresa, motivados por reunións que convoque a empresa, correrán por conta desta.

Cando se trate de reunións ordinarias do propio comité, os gastos dos seus membros correrán pola súa conta, excepto as axudas de custo e os gastos de desprazamento do persoal de obras, que cun tope máximo de dous días, serán aboadas pola empresa.

Acórdase dotar dun fondo mensual o comité de empresa, para garanti-lo seu normal desenvolvemento de labores e funcións.

O incremento anual do dito fondo será na mesma porcentaxe de incremento có dos niveis salariais, anexo II.

Artigo 61º.-Asembleas.

A empresa autorizara a celebración de asembleas dentro do recinto da factoría, nas zonas que determine a dirección, fóra de horas de traballo, limitadas ós traballadores de Isolux Wat. S.A. A súa celebración comunicarase previamente á dirección.

Artigo 62º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

Haberase que ater ó que dispoña o Estatuto dos traballadores, Ley orgánica de liberdade sindical e demais lexislación vixente.

Artigo 63º.-Dereitos sindicais.

As partes asinantes deste convenio que respectan a Lei orgánica de liberdade sindical e as disposicións do Estatuto dos traballadores que conforman os dereitos sindicais, pactan as seguintes estipulacións que pretenden un máis fácil uso dos textos legais.

A empresa descontaralle a cada traballador afiliado sindicalmente as cotas mensuais dos distintos sindicatos, segundo as listas entregadas polos representantes das seccións sindicais.

As seccións sindicais con polomenos o 25% de afiliación do cadro de persoal fixo, disporán de 2 horas retribuídas anuais dos seus afiliados para a celebración de reunións sindicais fóra de horas de traballo. Estas reunións poderán realizarse tanto dentro como fóra dos locais da empresa.

A retribución destas reunións realizarase sobre o valor da hora ordinaria.

A retribución á que se fai referencia neste artigo poderá ser aboada, se así o acorda a correspondente sección sindical, a través do delegado sindical. Para tal efecto comunicaráselle a decisión á empresa, acompañando, en todo caso, escrito de cada un dos traballadores afiliados, autorizando o aboamento do dito importe a través do seu delegado sindical.

A sección sindical de CC.OO. sempre que ostente o 30% da representación do comité de empresa, estará representada por un delegado sindical, e terá dereito á utilización dun local adecuado designado pola empresa.

Capítulo XIII

Comisión mixta de interpretación e vixilancia

Artigo 64º.-Definición, composición e funcionamento.

As partes asinantes acordan establecer unha comisión mixta como órgano de interpretación e vixilancia de cumprimento do pactado no presente convenio.

A comisión mixta estará composta, de forma paritaria, por 4 membros dos representantes dos traballadores e 4 da dirección da empresa, os que, de entre eles, designarán secretario.

Esta comisión poderá utiliza-los servicios ocasionais ou permanentes de asesores en cantas materias sexan

da súa competencia. Estes asesores serán designados libremente por cada unha das partes.

Os asuntos sometidos á comisión mixta revestirán o carácter de ordinarios e extraordinarios. Outorgarán a dita cualificación as partes asinantes do presente convenio. No primeiro suposto a comisión mixta deberá resolver no prazo de 30 días e no segundo suposto o prazo será de 7 días.

Poderá proceder a convoca-la comisión mixta calquera das partes que a integren e as consultas que se sometan a ela deberán, inescusablemente, ser presentadas ou avaladas por algunha das partes integrantes dela.

As funcións da comisión mixta son:

-Interpretación do convenio.

-Vixilancia do cumprimento do pactado.

Capítulo XIV

Acción social

Artigo 65º.-Reserva do posto de traballo por incapacidade temporal.

Os traballadores fixos que cesaran na empresa por pasaren á situación de incapacidade temporal, e unha vez superados os 18 meses, terán dereito a ser declarados de novo aptos para o traballo e a ser reintegrados de novo nos postos de traballo que, con carácter normal, ocupaban na empresa na data en que causaron baixa.

Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro do mes seguinte á data da súa declaración de aptitude por resolución firme do organismo competente, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no prazo máximo de quince días seguintes ó da data en que o traballador formulara a súa petición de ingreso.

De non o facer no dito prazo a empresa quedará liberada da súa obriga de o readmitir.

Artigo 66º.-Xubilación.

Os traballadores que se xubilen como máximo á idade regulamentaria de 65 anos percibirán un premio consistente nunha mensualidade se levan na empresa de cinco a dez anos de antigüidade; se levasen de dez a vinte anos de antigüidade, percibirán dúas mensualidades; se levasen de vinte anos de antigüidade en diante, percibirán unha mensualidade por cada cinco anos, ata un máximo de cinco mensualidades.

Artigo 67º.-Xubilación especial ós 64 anos.

As partes acordan recomenda-la utilización do sistema especial de xubilación ós 64 anos, ó 100 por 100 dos dereitos pasivos, con simultánea contratación doutros traballadores desempregados rexistrados na oficina de emprego, nun número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten, por calquera das modalidades de contrato vixentes na actualidade, excepto as contratacións a tempo parcial, e a modalidade prevista no artigo 15.I b) do ET, con calquera traballador que estea inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego, cun período mínimo de duración en todo caso superior ó ano e tendendo ó

máximo legal respectivo, sempre e cando legalmente se estableza tal posibilidade de xubilación especial ós 64 anos, en consonancia co antes sinalado.

Artigo 68º.-Seguros colectivos.

Tódolos traballadores terán asegurados, por pólizas subscritas pola empresa, os seguintes riscos.

Póliza convenio

Póliza voluntaria

grupo

Póliza capital

Morte non causada por accidente1.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.

Morte por accidente laboral.3.000.000 de ptas.2.000.000 de ptas.5.000.000 de ptas.

Morte por accidente non laboral.2.000.000 de ptas.2.000.000 de ptas.

Morte por accidente de circulación in itinere (ó ir ou regresar ó traballo).3.000.000 de ptas.3.000.000 de ptas.

Morte por outros accidentes de circulación.3.000.000 de ptas.3.000.000 de ptas.

Invalidez permanente absoluta, procedente de enfermidade común ou accidente non laboral.1.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.

Invalidez permanente total, derivada de accidente de traballo.3.000.000 de ptas.3.000.000 de ptas.

Invalidez permanente absoluta, derivada de accidente de traballo.3.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.4.000.000 de ptas.

Grande invalidez derivada de enfermidade común ou accidente non laboral.1.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.

Grande invalidez derivada de accidente de traballo.3.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.4.000.000 de ptas.

Artigo 69º.-Complemento de incapacidade temporal.

En caso de enfermidade ou accidente de traballo, a empresa comprométese a paga-lo cento por cento do salario base, complemento persoal, complemento absorbible, complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade, complemento de xefe de equipo, así como complemento de locomoción, en caso de o ter recoñecido, desde o primeiro día da baixa, naqueles meses en que a media de absentismo por enfermidade dos doce meses anteriores sexa igual ou inferior ó 5% .

Os traballadores procedentes de Isolux Naval, S.A. quedarán totalmente á marxe deste acordo en canto ás limitacións porcentuais do absentismo.

Os días de baixa non terán repercusión nas pagas extraordinarias, que se percibirán íntegras.

Mensualmente entregaráselle ó comité relación das baixas cursadas durante o mes, así como detalle do correspondente índice de absentismo, para o seu debido control.

Artigo 70º.-Niveis salariais.

Os niveis salariais compóñenos o salario base, complemento absorbible e as pagas extraordinarias.

Son os reflectidos na táboa salarial anexo II.

Garántense para as seguintes categorías os niveis salariais mínimos:

CategoríaNivel salarial

Oficial 1ª de oficios15

Oficial 2ª de oficios16

Oficial 3ª de oficios19

O nivel 19 será o que determine en cada momento o convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña, para a retribución anual total da categoría de oficial de 3ª de profesional de oficios.

Artigo 71º.-Asociación asistencial dos traballadores de Isolux Galicia.

A achega da empresa por traballador fixo e mes, estea ou non asociado, á Asociación Asistencial de Traballadores de Isolux Galicia, é de 1.000 pesetas, sempre e cando os traballadores asociados pasen a achega-la mesma cantidade.

Artigo 72º.-Atrasos.

No centro de traballo do polígono industrial A Grela, non se considerara susceptible de desconto nin sanción, o atraso acumulado durante un mes, na incorporación ó posto de traballo, que non supere os vinteún minutos nun máximo de tres faltas de puntualidade, non superando cada unha delas os sete minutos.

Artigo 73º.-Servicio militar ou social substitutorio.

O traballador que se incorpore a filas con carácter oficial (non profesional), ou ó servicio social substitutorio, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo, durante o tempo en que permaneza cumprindo o servicio militar ou o social substitutorio e dous meses máis computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar ou social substitutorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias sinaladas no presente convenio.

Poderán reintegrarse ó traballo os licenciados do servicio militar ou do servicio social substitutorio, con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa o facelo cos que desfrutan permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que ámbolos casos medie a oportuna autorización administrativa para poder traballar.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar ou social substitutorio, ó regreso deste volverá ó seu antigo posto na empresa. Se a substitución fose efectuada por un traballador alleo á empresa contratado interinamente para substituílo, no momento do retorno do fixo, cesará sen dereito a indemnización ningunha se se lle notificase co prazo de oito días de antelación, aboándoselle estas se non se comunicase.

A non reincorporación do traballador fixo en servicio militar ou social substitutorio, dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo, salvo en caso de enfermidade, comunicada á empresa por escrito dentro do referido prazo de dous meses e debidamente xustificada, na que se reservará o posto ata que sexa dado de alta da dita enfermidade.

Artigo 74º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio, seguirase o que dispoña en cada materia o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Disposicións adicionais

Primeira.-O premio ou complemento de asistencia ou puntualidade regulado actualmente no artigo 68 do convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña, intégrase no soldo base aplicable a partir da entrada en vigor deste convenio de empresa, polo cal, ha de entenderse que os soldos base que se apliquen teñen absorbidos e compensados este complemento.

Segunda.-A empresa aboará a cota mensual que como tal lle corresponde, exclusivamente ós traballadores fixos dos cadros de persoal da Coruña e Santiago de Compostela, que permanezan de alta na Fundación Laboral Elco, con anterioridade ó 11 de decembro de 1995, tal como establece o pacto de empresa de 1995.

Disposición transitoria

Os asinantes deste convenio acordan acollerse, no referente a conflictos colectivos, ós procedementos de conciliación e mediación recollidos no AGA.

A Coruña, 28 de setembro de 2000.

ANEXO I

Ascensos

Isolux Wat S.A. e o comité de empresa da Coruña (polígono industrial A Grela), subscriben o presente acordo que regula o réxime de ascensos de categoría profesional, de conformidade coas vacantes anunciadas para tal fin, como desenvolvemento do establecido no artigo 24 do Estatuto dos traballadores e artigo 15 do convenio de empresa, e que afecta os traballadores de Isolux Wat, S.A. na provincia da Coruña.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do acordo será o definido polo convenio colectivo de Isolux Wat, S.A. da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente acordo entrará en vigor no momento da súa sinatura polas partes e manterá a súa vixencia mentres non sexa denunciado por calquera delas mesmas e substituído por un novo.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As categorías profesionais que impliquen funcións de mando ou confianza serán de libre designación pola empresa.

As condicións aquí reguladas afectan os ascensos do persoal ás categorías de persoal obreiro especialista e de profesionais de oficio, así como as categorías de oficial 2ª e oficial 1ª do persoal administrativo, calcador, delineante de 2ª e delineante de 1ª de técnicos de oficina e as categorías de auxiliar e técnico dos técnicos de oficina de organización científica do traballo.

Artigo 4º.-Provisión de ascensos.

De cada tres ascensos por categoría, un proverase por antigüidade, e as outras dúas por concurso-oposición, que terá que ser eminentemente práctico.

A orde de ascensos por categoría será a seguinte:

Primeiro: por concurso-oposición.

Segundo: por concurso-oposición.

Tercero: por antigüidade na categoría.

Artigo 5º.-Vacantes.

Dada a variedade e complexidade das actividades que exerce esta empresa, o número de ascensos que se vaia efectuar en cada momento será determinado pola dirección da empresa, logo de información ó comité de empresa.

Convocaranse probas de aptitude para ascensos, alomenos, cada dous anos.

Artigo 6º.-Convocatoria.

6.1. Anuncio.

A empresa anunciará, alomenos con 30 días de antelación, as vacantes ou postos a cubrir en réxime de ascenso, a data en que se efectuarán os exercicios e o programa que se vaia desenvolver, así como:

* Número de vacantes por categoría.

* Condicións requiridas.

* Forma e lugar de celebración.

* Puntuación mínima esixible.

* Data de presentación de solicitudes.

6.2. Condicións xerais.

Como norma xeral establécese que en cada convocatoria de ascensos de categoría poderase presentar calquera traballador do cadro de persoal da empresa, sempre que cumpra cos requisitos expresados a continuación.

Non poderá participar na convocatoria o persoal que se atope nalgunha das seguintes condicións:

* Excedencia voluntaria ou forzosa.

* Servicio militar.

* Non ter unha permanencia mínima de dous anos na categoría inmediata inferior á convocada.

6.3. Solicitudes.

Os candidatos presentaranlle as súas solicitudes ó Departamento de Persoal, mediante impreso facilitado para o efecto, no prazo máximo de 15 días contados desde a data de convocatoria.

6.4. Programa.

Os programas serán confeccionados por unha comisión de técnicos da empresa, nomeados para tal efecto pola dirección, nos cales se fará constar:

* Probas de coñecementos prácticos.

* Temas para as probas teóricas.

Unha vez aprobados estes programas pola dirección da empresa, tras consensualos co comité de empresa, procederase a convoca-las probas para ascensos, tendo en conta o prazo fixado no punto 6.1.

Estes programas fixaranse xunto coa convocatoria, nos taboleiros de anuncios de que dispón a empresa.

Consonte as convocatorias e programas, a empresa facilitará a formación teórica e de seguridadde e hixiene necesaria, que consistirá nun curso que se impartirá no lugar, horas e días que figurarán na propia convocatoria. En todo caso impartiranse os sábados pola mañá e a asistencia dos aspirantes terá carácter voluntario.

Artigo 7º.-Valoración de candidatos.

Para ascender a unha categoría superior teranse en conta as seguintes circunstancias:

7.1. Fase de concurso.

Valoración de méritos.

Cualificación, mediante informes reservados dos xefes directos que os aspirantes tivesen no transcurso dos dous últimos anos, de acordo co desenvolvemento da competencia profesional demostrada, fundamentalmente nas últimas obras onde se prestase servicio. Teranse en conta factores como:

* Calidade e interese polo traballo.

* Rendemento.

* Habilidade.

* Responsabilidade.

Idoneidade.

Segundo as características do posto e categoría á que se aspira, teranse en conta as seguintes circunstancias:

* Experiencia nos traballos da categoría solicitada.

* Capacidade para tomar decisións.

* Espírito de equipo.

* Coñecementos e titulacións académicas.

* Historial profesional.

7.2. Probas de aptitude.

En cada proba de ascensos que se celebre, presentaranse dous (2) sobres cerrados con temas e exercicios diferentes en cada un deles, e un aspirante elixirá o que servirá como proba de ascenso.

As probas de aptitude versarán sobre coñecementos teóricos e prácticos.

7.2.1. Probas de coñecementos teóricos.

Consistirán en coñecementos de carácter xeral que se relacionen co posto de traballo e ó nivel da categoría solicitada.

7.2.2. Probas prácticas.

Consistirán en coñecementos propios e específicos imprescindibles para o desenvolvemento da categoría solicitada e coñecementos prácticos de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 8º.-Cadro de antigüidade.

De acordo coa antigüidade na categoría, outorgaranse as seguintes puntuacións:

De 2 a 4 anos: 2 puntos.

Máis de 4 e ata 6 anos: 4 puntos.

Máis de 6 e ata 8 anos: 6 puntos.

Máis de 8 e ata 10 anos: 8 puntos.

Máis de 10 anos: 10 puntos.

Artigo 9º.-Puntuacións.

MáximoMínimo

Coñecementos prácticos5030

Coñecementos teóricos105

Valoración de méritos6-

Idoneidade9-

Antigüidade102

Para ser declarado apto tense que alcanzar alomenos a puntuación mínima en cada un dos conceptos que se van avaliar.

De acordo co numero de ascensos fixados na convocatoria para cada categoría e sección, optarán a eles os que consigan maior puntuación. En caso de producirse entre os ascendidos renuncias á categoría ou baixa na empresa, dentro do período máximo de 6 meses a partir da resolución da convocatoria, a súa vacante de categoría será cuberta polo traballador que o seguise en puntuación, dentro de cada especialidade.

Se ningún aspirante ó ascenso alcanzase a puntuación mínima esixida, declararase deserta a proba, e as prazas sairán a convocatoria no prazo máximo de 1 ano.

O tribunal das probas de ascenso terá coñecemento das cualificacións de valoración de méritos e idoneidade dos aspirantes, con antelación á realización das probas de coñecementos teóricos e prácticos.

Así mesmo terá as respostas dos exames teóricos e prácticos previamente á súa cualificación.

Artigo 10º.-Tribunal das probas de ascenso.

O tribunal para as probas de ascenso estará formado por:

* Presidente: designado pola empresa entre persoal de dirección.

* 1 vocal: designado pola empresa entre persoal da sección afectada.

* 1 vocal: designado pola empresa entre persoal de distinta sección da afectada.

* 2 vocais: designados polo comité de empresa.

A pertenza ó tribunal é incompatible coa condición de aspirante a ascenso.

Artigo 11º.-Niveis.

O ascenso por concurso-oposición ou antigüidade levará consigo a adecuación ó nivel salarial correspondente.

Artigo 12º.-Reclamacións.

Dentro do prazo de 7 días contados desde a comunicación dos resultados, os aspirantes poderán presentar ante o Departamento de Persoal, as reclamacións que consideren pertinentes. Estas reclamacións serán contestadas ós 10 días seguintes polo tribunal cualificador.

A Coruña, 28 de setembro de 2000.

ANEXO II

Táboas salariais

NiveisTotal anual

14.653.004

24.389.315

34.028.211

43.887.015

53.660.796

63.527.587

73.145.674

83.044.803

92.914.171

102.768.724

112.666.306

122.541.987

132.380.476

142.255.734

152.169.676

162.081.430

172.016.822

181.954.018

191.878.855

ANEXO III

(Retribucións mensuais)

14 pagas/ano

Categorías

Salario base

Complemento

persoal/mes

por ano servicio

* Persoal obreiro
Profesional de oficio de 1ª140.3021.076
Profesional de oficio de 2ª137.4851.052
Profesional de oficio de 3ª134.2041.025
Mozo de almacén133.5571.020
Especialista133.5571.020
Peón131.1551.000

* Persoal administrativo
Xefe de 1ª165.6121.280
Xefe de 2ª162.5881.255
Oficial de 1ª148.6661.140
Oficial de 2ª142.3411.088
Auxiliar134.4671.022
Viaxante148.6661.140

* Persoal subalterno
Listeiro135.2411.029
Almaceneiro134.4671.022
Chofer camión e guindastres autom.139.3411.063
Conductor máquinas automo.139.3411.063
Telefonista130.888993

* Persoal técnico
-Titulados
Titulado superior189.6901.480
Titulado grao medio182.5911.421
Técnicos industriais155.9531.200

* Outos técnicos
-Técnicos de taller
Xefe de taller165.6121.280
Mestre de taller154.2251.186
Contramestre150.9491.159
Encargado142.3411.088

-Técnicos de oficina
Delineante proxectista160.2981.236
Delineante de 1ª149.6521.148
Delineante de 2ª140.9791.076
Auxiliar de oficina técnica135.7631.033

-Técnicos de organización
Xefe de organización de 1ª160.2981.236
Xefe de organización de 2ª158.6031.222
Técnico de organización de 1ª149.6521.148
Técnico de organización de 2ª140.9791.076
Auxiliar de organización135.7631.033

-Técnicos de laboratorio
Xefe de laboratorio167.7151.298
Analista de 1ª148.6661.140
Analista de 2ª142.3411.088
Auxiliar de laboratorio135.7631.033

ANEXO IV

Complementos de toxicidade,

penosidade e perigosidade

(Importe hora de traballo)

Categorías

Concorrencia de supostos

UnDousTres

Persoal obreiro
Profesional de oficio de 1ª146182218
Profesional de oficio de 2ª142178214
Profesional de oficio de 3ª139173208
Mozo de almacén138172207
Especialista138172207
Peón135169203

ANEXO V

Complemento de xefe de equipo

(Importe mensual en 14 pagas)

* Categorías:

-Persoal obreiro:

Profesional de oficio de 1ª: 21.515.

Profesional de oficio de 2ª: 21.045.

Profesional de oficio de 3ª: 20.502

ANEXO VI

Complemento nocturno

(Importe hora)

* Categorías:

-Persoal obreiro:

Profesional de oficio de 1ª: 182.

Profesional de oficio de 2ª: 178.

Profesional de oficio de 3ª: 173.

Mozo de almacén: 172.

Especialista: 172.

Peón: 169.

-Persoal administrativo:

Oficial de 1ª: 193.

Oficial de 2ª: 184.

Auxiliar: 173.

Viaxante: 193.

-Persoal subalterno:

Listeiro: 174.

Almaceneiro: 173.

Chofer camión e guindastres autom.: 180.

Conductor máquinas automo.: 180.

Telefonista: 168.

-Persoal técnico:

Titulados.

Técnicos industriais: 203.

Outros técnicos.

Técnicos de oficina.

Delineante proxectista: 209.

Delineante de 1ª: 194.

Delineante de 2ª: 182.

Auxiliar de oficina técnica: 175.

Técnicos de organización.

Técnico de organización de 1ª: 194.

Técnico de organización de 2ª: 182.

Auxiliar de organización: 175.

Técnicos de laboratorio.

Analista de 1ª: 193.

Analista de 2ª: 184.

Auxiliar de laboratorio: 175.

ANEXO VII

Cortes de tensión

Exemplos:

a) Na obra na que se traballen 3 horas, habendo 2 horas de viaxe, aboaranse 7 horas extras de sábado ou domingo.

b) Na obra na que se traballen 4 horas, habendo 1 hora de viaxe, aboaranse 6 horas extras de sábado ou domingo.

c) Na obra na que se traballen 3 horas, habendo 1 hora de viaxe, aboaranse 6 horas extras de sábado ou domingo.

d) Na obra na que se traballen 5 horas, habendo 2 horas de viaxe, aboaranse 7 horas extras de sábado ou domingo.