Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba e se autoriza o proxecto denominado L.M.T. de Peche do Anel San Martiño de Mondoñedo-Santa Cilla do Valadouro, no concello de Foz. (Expediente 5/2000 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio para os efectos de notificación en Cidade de Viveiro 4-Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente a empresa chegou a un mutuo acordo con tódolos interesados sometidos ós trámites expropiatorios polo que, mediante escrito do 23 de xullo de 2000, solicita que se admita a súa desistencia en canto a solicitude inicial de declaración de utilidade pública da instalación L.M.T. Peche do Anel San Martiño de Mondoñedo-Santa Cilla do Valadouro (obxecto do presente expediente) e que se dicte resolución exclusivamente na parte que corresponda a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Visto que, en cumprimento do establecido no artigo 91.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 15 de xaneiro, deuse traslado desta solicitude de desistencia ós interesados sen que dentro do prazo establecido para o efecto se formularan obxecións a ela.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decre-

to 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a BEGASA o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

Primeiro.-L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. Os Carrís e remate na L.M.T. Santa Cilla do Valadouro de 2.424 m de lonxitude a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-110.

Segundo.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 6 de xuño de 2000.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 18 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo