Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 10/2000).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Russula, S.A.

Enderezo: r/ Pasteur, 30, 15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico en montes de Serra da Barbanza.

Concellos afectados: Porto do Son e Boiro (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X=503.525; Y=4.727.300)

V: (X=504.500; Y=4.728.350)

V: (X=505.500; Y=4.728.225)

V: (X=506.500; Y=4.729.625)

V: (X=506.500; Y=4.730.000)

V: (X=507.125; Y=4.730.000)

V: (X=507.125; Y=4.729.000)

V: (X=505.700; Y=4.727.050)

V: (X=504.950; Y=4.727.050)

V: (X=503.525; Y=4.727.300)

Potencia que se vai instalar: 30 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 19 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña