Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 6/2000.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e pavimentación rúa 7 de Santa Lucía, 2ª fase.

3. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: 10.562.577 pesetas (63.482, 3663 euros).

5. Garantía provisional: 211.252 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: ofertas, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

D....., con DNI numero....., expedido en....., con data do....., en nome propio (ou en representación de....., como acredita por....), informado da convocatoria de poxa polo procedemento aberto, anunciada no Diario Oficial de Galicia número....., con data do....., toma parte nela comprometéndose a realiza-la obra de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e pavimentación rúa 7 de Santa Lucía, 2ª fase, no prezo de..... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas, que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 3 de novembro de 2000.

José A. Eiras Paz

Alcalde