Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Pleno do Concello de Palas de Rei, en sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio de Palas de Rei.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Palas de Rei, 28 de setembro de 2000.

Fernando Alfredo Pensado Barbeira

Alcalde