Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación dun expediente de contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pavimentación dos accesos dos núcleos de Filgueira, A Carballeira, O Outeiro, Postemirón-A Graña, Gundixe e outros.

b) Lugar de execución: Filgueira, A Carballeira, O Outeiro, Postemirón-A Graña, Gundixe e outros.

c) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.229.312 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 204.587 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): non se require.

b) Outros requisitos: artigo 7.2º do prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 12 do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

9. Apertura das ofertas.

O día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil, ás 12 horas).

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso.

1. Melloras no proxecto técnico, que poderán consistir na mellora das condicións funcionais, que resulten de utilidade para os usuarios dos servicios: de 0 a 20 puntos.

2. Mellora da calidade dos materiais descritos no proxecto, ou noutras modificacións que representen un aumento da calidade final do proxecto executado: de 0 a 15 puntos.

3. Proposta de reducción de prazos de execución: de 0 a 10 puntos.

4. Programa de control interno de calidade: de 0 a 5 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 23 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado