Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 5/1999).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidad Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Enderezo para efectos de notificacións: r/ Betanzos, 1-1º esq., 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Corzán.

Concellos afectados: Negreira (A Coruña).

Superficie afectada: 2.950 ha.

Coordenadas UTM:

A(X=511.500, Y=4.753.500)

B(X=513.500, Y=4.753.500)

C(X=516.000, Y=4.753.000)

D(X=516.000, Y=4.751.500)

E(X=517.000, Y=4.750.000)

F(X=517.000, Y=4.748.000)

G(X=514.500, Y=4.745.500)

H(X=511.000, Y=4.748.500)

Potencia que se vai instalar: 36 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 27 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña