O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 1 de decembro de 2000, resolución estimatoria dos recursos formulados por Henriqueta Pardo Varela e Rosa Varela Conde contra a Resolución do 11 de agosto de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) (lista B) do grupo IV.
Dado que o carácter da resolución é estimatorio das peticións das interesadas, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por estas, nas listas publicadas por Resolución do 11 de agosto de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) (lista B) do grupo IV, cos seguintes datos:
-Mª Henriqueta Pardo Varela. DNI 32.763.933, lista B. Puntuación: 3,600.
No posto número 22 no ámbito xeográfico U0000.
-Rosa Varela Conde. DNI 34.903.151, lista B. Puntuación: 2,740.
No posto número 64 no ámbito xeográfico U0000.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.
Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública

