Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 4 de decembro de 2000 pola que se convocan axudas económicas para o acollemento familiar de persoas maiores e minusválidas.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais para Galicia, nos seus artigos 50 e 52 recolle a posibilidade de conceder de maneira singular prestacións económicas non periódicas a persoas en estado de necesidade.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 287/1993, do 10 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e o Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se fixa a estructura orgánica da consellería, ten ó seu cargo competencias en materia de servicios sociais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados pola Constitución española.

Por instancia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais aprobouse o Decreto 225/1994, do 7 de xullo, que establece o programa de acollemento familiar para persoas maiores e minusválidas, que foi modificado polo Decreto 184/2000, do 29 de xuño, e ten por finalidade o mantemento do ancián ou do minusválido no seu medio social habitual, facilitando así a integración e evitando o internamento en institucións, cando este non sexa adecuado ou desexado. Esta orde trata de dar cumprimento ó artigo 8 do devandito Decreto 225/1994, do 7 de xullo, que trala súa modificación feita polo Decreto 184/2000, do 29 de xuño, dispón que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais efectuará periodicamente unha convocatoria para o outorgamento das axudas económicas ós minusválidos e maiores de sesenta e cinco anos que desexen acollerse ós beneficios do citado programa.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificada nos seus artigos 78 e 79 pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de

función pública e actuación administrativa, establécense os requisitos xerais para as subvencións que concederá esta Administración autonómica.

Segundo a Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000 existe crédito adecuado na aplicación 11.03.212D.483.0 por un importe global máximo de 13.280.000 ptas., para financia-las axudas que se establecen no articulado desta orde e que se concederán, en todo caso, tendo en conta o límite das dispoñibilidades orzamentarias.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios ó fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das axudas.

Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas económicas individuais para persoas maiores de 65 anos e minusválidas que desexen acollerse ós beneficios do programa de acollemento familiar regulado polo Decreto 225/1994, do 7 de xullo (DOG do 22 de xullo), modificado polo Decreto 184/2000, do 29 de xuño (DOG do 13 de xullo).

Artigo 2º.-Contía das axudas.

1. O importe máximo subvencionable do servicio de acollemento familiar será o que a seguir se detalla en función dos distintos tipos de beneficiarios:

a) Para persoas minusválidas:

Válidas: persoas minusválidas que, posuíndo un grao de minusvalidez igual ou superior ó 65%, non estean afectados de discapacidades que lles impidan realizar con autonomía as actividades da vida diaria: 70.000 ptas./mes.

Asistidas: persoas minusválidas que, posuíndo un grao de minusvalidez igual ou superior ó 65%, estean afectadas de discapacidades graves ou severas que lles fagan precisar de axuda continuada doutra persoa para a práctica totalidade da realización das actividades da vida diaria: 90.000 ptas./mes.

b) Para persoas maiores:

Válidas: persoas maiores de 65 anos que poden valerse por si mesmas para a realización das actividades da vida diaria: 60.000 ptas./mes.

Asistidas: persoas maiores de 65 anos que necesitan doutra persoa para a realización das actividades da vida diaria: 90.000 ptas./mes.

2. Para efectos do cálculo da subvención considerarase que o beneficiario participa co 60% dos seus ingresos mensuais líquidos no custo do acollemento, polo que a contía máxima mensual subvencionable será a diferencia resultante entre os importes máximos establecidos no punto anterior e a achega do beneficiario establecida neste punto.

No cálculo dos ingresos mensuais do beneficiario así como na súa participación no custo do acolle

mento non se incluirán as pagas extraordinarias das pensións.

3. O importe da axuda poderá reducirse a teor do disposto no artigo 12 do Decreto 225/1994, do 7 de xullo.

Artigo 3º.-Beneficiarios, solicitudes, tramitación e resolución.

1. En relación cos beneficiarios, solicitudes, requisitos, tramitación e resolución das axudas aplicarase o disposto nos capítulos II, III e IV do Decreto 225/1994, do 7 de xullo, modificado polo Decreto 184/2000, do 29 de xuño.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán, así mesmo, presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º.-Presentación das solicitudes.

Poderase face-la presentación de solicitudes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, permanecendo aberto o prazo de presentación das solicitudes mentres non se derroge esta orde ó abeiro do previsto no artigo 8 do Decreto 225/1994, do 7 de xullo, polo que se regula o programa de acollemento familiar para persoas maiores e minusválidas, unha vez modificado polo Decreto184/2000, do 29 de xuño.

Artigo 5º.-Documentación.

1. Será necesario presentar toda a documentación citada no artigo 8 do Decreto 225/1994, do 7 de xullo, modificado polo Decreto 184/2000, do 29 de xuño, excepto a acreditación dos ingresos dos acolledores, utilizando os modelos de impresos elaborados para o efecto.

2. Segundo o establecido na resolución da Consellería de Economía e Facenda do 30-11-1999 (DOG nº 236, do 9) os peticionarios das axudas presentarán, coa solicitude inicial, unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

3. No caso de que a documentación resulte incompleta ou defectuosa requirirase o solicitante para que, nun prazo de 10 días, achegue os documentos preceptivos ou emende os defectos observados, facéndolle indicación de que, se así non o fixese, de acordo co artigo 71.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se considerará que desistiu da súa petición arquivándose logo da resolución dictada para o efecto, cos efectos previstos no arti

go 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6º.-Avaliación das solicitudes.

1. A avaliación das solicitudes será efectuada pola Comisión de Avaliación, que se constituirá para tal efecto en cada delegación provincial.

2. A Comisión de Avaliación estará constituída polos seguintes membros:

Presidente: o xefe da Área de Servicios Sociais da delegación provincial.

Vocais: dous empregados públicos da Área de Servicios Sociais, sendo un deles o xefe de servicio responsable deste programa e outro un empregado público encargado da súa xestión, designado polo delegado provincial. Actuará como secretario un dos vocais.

3. Poderá asistir ás sesións da comisión, con voz pero sen voto, un representante dos servicios sociais de Atención Primaria e un representante da respectiva Intervención Territorial.

4. Se, por calquera causa, no momento en que a Comisión de Avaliación teña que examina-las solicitudes algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designen os respectivos delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, sempre que sexa posible, o dito nomeamento deberá recaer noutro empregado público do mesmo servicio có substituído.

5. A Comisión de Avaliación, tendo en conta o orzamento asignado para este programa, daralles prioridade, dentro daquelas solicitudes que reúnan os requisitos sinalados no artigo 4º do Decreto 225/1994, do 7 de xullo, a aquelas persoas que:

-Vivan soas e carezan de familiares dispostos e/ou obrigados a prestarlles atención.

-Que precisando de axuda para a realización das actividades da vida diaria, non sexan beneficiarias do Servicio de Axuda no Fogar; ou aqueloutras que sendo beneficiarias do servicio antes mencionado, este xa non fose o recurso máis axeitado para esa persoa no momento actual.

-Que vaian ser acollidas por primeira vez ou fosen acollidas de feito en datas posteriores á da implantación deste programa.

-Que teñan menores recursos económicos.

-Que teñan máis idade, no caso de persoas maiores, e maior grao de minusvalidez, no caso de persoas minusválidas.

Artigo 7º.-Concesión das axudas.

1. As axudas, unha vez avaliadas pola Comisión Provincial e fiscalizadas pola Intervención, serán

concedidas polos respectivos delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2. Para os efectos establecidos no artigo 42 da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes será de 3 meses, notificándose a dita resolución ó interesado.

Entenderanse estimadas as peticións cando non recaese resolución expresa no prazo establecido para dictalas.

No caso de se producir resolución estimatoria pero, por falta de dispoñibilidade orzamentaria, non puidese concederse a axuda nese momento, o beneficiario pasará a formar parte dunha lista de espera.

3. No caso de producírense baixas debidamente acreditadas procederase á súa cobertura concedendo novamente as axudas ás persoas que máis o necesiten dentro daquelas ás que lles fose denegada con base nesta convocatoria por insuficiencia orzamentaria, e producirá efecto o día primeiro do mes seguinte ó da súa concesión.

Artigo 8º.-Recursos.

A resolución que se dicte esgota a vía administrativa, podéndose interpoñer contra ela recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu no prazo dun mes, na forma e condicións que o determina a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Igualmente, poderase impugnar directamente ante os órganos da xurisdicción contencioso-administrativa nun prazo de dous meses segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 9º.-Pagamento das axudas.

1. Terase dereito ó pagamento da axuda desde o día primeiro do mes seguinte á súa concesión.

2. O pagamento efectuarase por mensualidades vencidas na conta corrente que sinale o beneficiario e da que terá que ser titular o propio beneficiario ou o seu representante legal, logo da presentación do contrato de acollida, segundo anexo VII do Decreto 225/1994, do 7 de xullo, cando se trate do pagamento da primeira mensualidade.

3. Naquelas baixas que se produzan dentro da primeira quincena do mes, aboarase soamente a metade da contía correspondente, e nas que acontezan na segunda quincena aboarase a totalidade.

Artigo 10º.-Control e fiscalización.

Os beneficiarios das axudas quedan sometidos ás actuacións de comprobación que acorde a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e ás de control financeiro que lles corresponden á Consellería de Economía e Facenda, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ós procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os beneficiarios están obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Inter

vención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Disposicións adicionais

Primeira.-En relación coa prórroga das axudas, obrigas dos beneficiarios, seguimento e control daquelas, e a súa extinción, aplicarase o disposto no Decreto 225/1994, do 7 de xullo, modificado polo Decreto 184/2000, do 29 de xuño, e de conformidade co disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000 e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e normas que o desenvolven.

En todo caso e para que a prórroga poida facerse efectiva, presentarase na delegación provincial que corresponda, antes do día 15 de xaneiro de cada ano, a solicitude xunto cos dos anexos IV (relativo ó acollido) e V actualizados.

Segunda.-A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para o efecto no orzamento da Comunidade Autónoma para cada exercicio orzamentario.

Terceira.-O beneficiario estará obrigado ó reintegro, total ou parcial, da axuda percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, e ó seu conseguinte reintegro xunto cos xuros de demora. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Todo o anterior segundo o previsto nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, logo da súa modificación pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e normas que os desenvolven.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Servicios Sociais para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, permanecendo aberta a convocatoria por prazo indefinido mentres non se derroge esta orde.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais