Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 205

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 300/2000, do 21 de decembro, polo que se dispón o nomeamento de vocais do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado por Decreto 227/1997, do 20 de xullo; no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vocais, sendo todos eles nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o devandito artigo 10 do Regulamento do ente público Portos de Galicia, no seu número 8 establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vocal para ser proposto, ou a proposta emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións ou organismos que propuxeran o nomeamento; establece tamén este citado número 8, que os vocais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, das administracións locais e do persoal, agás as causas de cesamento que nel se consignan, desempeñarán o seu cargo durante catro anos. Así mesmo, o citado artigo 10 dispón no seu número 10 que os vocais representantes das administracións locais e dos sectores eco

nómicos relacionados coas actividades portuarias se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelexidos unha soa vez ó finalizaren o seu mandato.

Considerando que os vocais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia foron nomeados inicialmente en virtude do Decreto 227/1996, do 24 de maio, de acordo co procedemento previsto no xa citado artigo 10 do Regulamento do ente público, e considerando tamén que as vocalías suxeitas a renovación foron anovadas por primeira vez por metades e por defecto dado seu número impar, en virtude do Decreto 349/1998, do 4 de decembro, logo de acordo para tal efecto do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, do 30 de xullo de 1998, e visto que transcorreron catro anos desde a primeira designación de 1996, expirou o mandato de catro anos tanto dos vocais que non foron renovados como dos nomeados nese ano; é preciso pois, proceder á renovación de vocais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, así como do representante do persoal do ente público, polo que recibidas as propostas

correspondentes ás distintas administracións públicas, organismos, entidades e órganos, na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, de Manuel Pazos Vázquez.

Artigo 2º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo, de José Manuel Sánchez García.

Artigo 3º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia da Coruña, de Manuel Fontao Lampón.

Artigo 4º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Pontevedra, de Víctor Nogueira García.

Artigo 5º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en

representación das administracións locais pola provincia de Lugo, de Francisco Cacharro Pardo.

Artigo 6º

O nomeamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Lugo, de Manuel Díaz Sampedro.

Artigo 7º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Pontevedra, de Telmo Martín González.

Artigo 8º

O nomeamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Pontevedra, de Gonzalo Durán Hermida.

Artigo 9º

O nomeamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia da Coruña, de Alberto Blanco Rodríguez.

Artigo 10º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación do seu persoal, de Antonio Martín Jiménez.

Artigo 11º

O nomeamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación do seu persoal, de María del Carmen Martínez Domínguez.

Santiago de Compostela, vinteún de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda