Dándolle cumprimento ó disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e demais disposicións de aplicación, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e nun diario de gran tirada da provincia de Ourense, o expediente obxecto do trámite de excepción para ampliación de nave propiedade de Antonio Sousa Paz, no lugar de Souto, na parroquia
de Santo Estevo, para pasar de colleiteiro a industrial adegueiro.
Castrelo de Miño, 27 de decembro de 2000.
José Feijóo Villanueva
Alcalde

