Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o 27 de decembro do 2000, o estudio de detalle nº 7 zona comprendida estrada Salceda-Paramos e a rúa de conexión á vía rápida Salceda-O Porriño, promovido por Elvira Pino Rodríguez, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no DOG, BOP (Pontevedra) e nun dos diarios de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 44, punto 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na secretaría do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Salceda de Caselas, 29 de decembro de 2000.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde