Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. IV-13 Ramón Nieto 7 (expediente 4216/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do 23 de novembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar incialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución IV-13 Ramón Nieto, 7, presentado pola xunta de compensación, redactado pola arquitecta Alba Rodríguez Álvarez e visado colexial de datas 31 de marzo, 12 de xuño e 20 de xullo de 2000, coas precisións que, en canto á iluminación pública, se sinalan no informe técnico do 3 de novembro de 2000, sobre correccións de determinados extremos do proxecto con anterioridade á súa aprobación definitiva que de seguido se expresan:

* Cadro de mando: deberá existir un só armario xeral con estanquidade mínima IP55 situado no centro de cargas, fabricado en aceiro inoxidable de 2 mm de espesor segundo a norma Aisi 304, con pechaduras homologadas pola compañía subministradora da enerxía eléctrica. As placas de montaxe serán illantes. A caixa xeral de protección irá no interior do módulo de medida. Instalaranse no chan a unha altura mínima de 40 cm sobre bancada de formigón, a altura máxima da base irá condicionada á altura máxima dos contadores de 1,20 m ata o bordo infe

rior, de acordo coas normas de enlace da compañía subministradora e estará formado por:

-Unidade de medida. O contador deberá ser electrónico e permitira medicións de enerxía activa dobre tarifa e enerxía reactiva.

-Unidade de protección e mando. Levará interruptor diferencial antitormenta con reconexión automática; a intensidade de defecto limiar de desconexión destes será de 300 mA.

Así mesmo, o armario deberá ter capacidade para a instalación dunha unidade estabilizadora-reductora de tensión (25 kVA), do tipo homologado polo Concello de Vigo. E unha unidade de comunicacións, do tipo homologado polo Concello de Vigo.

* Dada a escasa potencia que se vai instalar, no momento do replanteo e de acordo co Servicio Técnico Municipal, recollerase a posibilidade de conexión coa iluminación existente máis próxima. En calquera caso o centro de mando proposto pasará a substituí-lo existente, o cal será entregado nos almacéns do Parque Central de Servicios do Concello de Vigo.

* O conductor de alimentación a luminarias deberá ser de 3x2,5 mm tipo RVK 0,6/1 kV.

* Os niveis de iluminación axustaranse ós seguintes valores:

-Zona que hai que iluminar: vía secundaria.

Iluminación media: 15 a 20 lux.

Unif. media: 0,45.

Unif. extrema: 0,2.

Zona que hai que iluminar: patios e xardíns.

Iluminación media: 10 lux.

Unif. media: -

Unif. extrema: -

Segundo.-Sométase o expediente ó trámite de información pública durante o prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individual ós propietarios afectados.»

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do art. 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 1 de decembro de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo