Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 521

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 12 de xaneiro de 2001 pola que se dispón que o secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, que figuran no Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente, e ata que se produza o nomeamento do seu titular, ó secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria