Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Tablicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Tablicia, S.A. (código 2700492), da provincia de Lugo, asinado o día 25 de outubro de 2000, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de novembro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de Tablicia, S.A.

ano 2000-2001

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo afectará a tódolos traballadores que manteñan relación laboral coa empresa Tablicia, S.A., ou que durante o presente convenio colectivo puidesen establecer relación laboral coa empresa.

1. Ámbito funcional.

A empresa Tablicia, S.A., está dedicada á fabricación de taboleiro aglomerado de partículas de madeira.

2. Ámbito territorial.

A empresa Tablicia, S.A. está situada no lugar de Nadela, s/n, provincia de Lugo.

3. Ámbito temporal.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, retrotraéndose os seus efectos económicos ó día 1º de xaneiro de 2000, prolongándose a súa duración ata o 31 de decembro de 2001.

Artigo 2º.-Denuncia.

Acórdase que se estableza denuncia de forma automática ó termo do presente convenio colectivo.

Artigo 3º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria, integrada pola totalidade dos compoñentes da comisión negociadora deste convenio. As competencias da dita comisión serán:

-Interpretación do convenio.

-Vixilancia do cumprimento das cláusulas e artigos do dito convenio.

-A comisión reunirase por petición de calquera das partes.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo na empresa afecta polo presente convenio terá as seguintes modalidades:

1. Xornada partida.

2. Xornada continuada.

3. Xornada a quendas.

A duración da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada partida e de 40 horas de traballo efectivo en xornada continuada.

A xornada a quendas poderá ser de dúas, tres ou catro quendas de traballo.

A empresa queda autorizada para establecer con plena liberdade a xornada de catro ou máis quendas de persoal, co obxecto de non interrompe-lo proceso de producción que ten que ser continuado, asegurando o traballo durante todo o mes.

Para tales efectos recoñécese expresamente o sistema de quendas de traballo, e de xornada aprobados por resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, de data do 17 de outubro de 1980, referida a esta empresa, independente da facultade que a esta, á empresa, se lle recoñece no parágrafo anterior.

A todo traballador que realice a xornada en tres, catro ou máis quendas se lle recoñece a posibilidade de traballar unha xornada dos seus descansos correspondentes a 28 días, comprometéndose a empresa a aboárllelos a todos aqueles que non renunciasen de acordo co establecido no parágrafo seguinte.

Os traballadores interesados no manifestado no parágrafo anterior notificaranlle á empresa ó entrar en vigor o presente convenio as xornadas de descanso que desexen traballar, e traballarán no día de traballo a que o descanso corresponde, a xornada continuada, durante a mañá-tarde do martes. No momento no que o productor desexe rescindir este compromiso, a empresa quedará liberada deste e posteriormente, só poderá, a nova petición deste, reconsidera-la posibilidade de ofrecer tal traballo se a súa organización llo permite, e sen compromiso mentres non realice esta xornada.

Durante as paradas de fabricación que teñan unha duración superior a 24 horas, a empresa respectará os descansos dominicais e non se realizarán en xor

nadas nocturnas a excepción daquel persoal que sexa necesario para a posta en marcha, para efectua-los traballos de mantemento de necesidade inmediata ou para aqueles outros dos que, pola súa natureza, non se puidese prescindir.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, sen que isto implique ningún transtorno no normal desenvolvemento da actividade productiva da fábrica. O dito tempo será contabilizado para tódolos efectos como tempo efectivo de traballo.

Á entrada en vigor do presente convenio colectivo, tempo efectivo de traballo entenderase sempre referido con respecto ós horarios de entrada e saída das correspondentes quendas na fábrica. Os horarios de referencia serán os establecidos na resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia con data do 17 de outubro de 1980, xa anteriormente mencionada.

1. O persoal acollido ó réxime de xornada partida (persoal técnico, administrativo, encargados, persoal de carga e almacén, de mantemento, servicio forestal, etc.) realizaraa distribuíndo as 40 horas semanais desde o luns ó venres, de acordo co seguinte cadro horario, de forma que quede libre a xornada do sábado.

Xornada de mañá: de 9 a 14 horas.

Xornada de tarde: de 16 a 19 horas.

Non obstante, cando a dirección da empresa, a razón da necesidade de realizar traballos de calquera índole, considere preciso que determinado número de traballadores deba acudir ó traballo a xornada do sábado, en día festivo ou en horario nocturno, a prestación do servicio polos traballadores designados para tal fin, será obrigatoria para os efectos previstos no artigo 35.4º do Estatuto dos traballadores, compensándose, no caso da xornada do sábado, coas mesmas horas de descanso e o dobre de horas no caso de días festivos ou en horario nocturno. O descanso terá lugar calquera outro día da semana que fixe a dirección da empresa de acordo co persoal afectado.

2. Días de Noiteboa e fin de ano.

Nestos dous días non se traballará nas quendas de noite, as quendas de tarde rematarán ás dezaoito horas e os traballadores de xornada partida realizarana de 9 a 14 horas.

Artigo 5º.-Vacacións.

Todo o persoal vinculado ó presente convenio colectivo desfrutará dun período anual de 30 días naturais e ininterrompidos de vacacións. Salvo acordo expreso noutro sentido, estas desfrutaranse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Con dous meses de antelación ó comenzo do desfrute das vacacións, a empresa deberá expor no taboleiro de anuncios o programa de desfrute destas.

O tempo de baixa por incapacidade laboral non afectará ó período de vacacións.

Cando coincide o último día de traballo dunha quenda que traballara sete días consecutivos, co anterior ó inicio das vacacións anuais, aumentaranse estas en dous días.

Será preceptiva a consulta ó comité de empresa.

Artigo 6º.-Condicións mínimas.

As melloras económicas que se implanten neste convenio teñen o carácter de mínimas. A empresa manterá aqueles pactos, cláusulas e situacións de feito que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

Os traballadores terán dereito a permiso retribuído coa oportuna xustificación nos seguintes casos:

-Por matrimonio 15 días naturais.

-Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais o irmáns de familiares do cónxuxe no mesmo grao de parentesco, 4 días naturais.

-Por falecemento de avós, netos, tíos sobriños e cuñados, dous días naturais.

-Por voda dun fillo, un día. No caso de realizarse fóra da provincia, dous días.

-Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns, dous días naturais.

-No caso de incumprimento inescusable de deberes públicos legalmente esixibles, o tempo necesario para iso.

-Por razóns de estudios, as licencias necesarias para a asistencia a convocatorias de exames finais.

-Por razón de cambio de domicilio, dous días naturais; se se realiza fóra da localidade, cinco días.

-Por parto da esposa, tres días naturais, ampliables a outros dous non retribuídos.

1. Licencias non retribuídas.

-Por asuntos propios, 3 días non retribuídos, exclusivamente para o persoal que traballe en xornada partida, (de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas), en cómputo anual.

Artigo 8º.-Período de proba.

O período de proba concrétase no seguinte:

-Persoal técnico titulado: dous meses.

-Oficiais: un mes.

-Peonaxe: quince días.

Artigo 9º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo básease no principio de estabilidade no emprego, coas excepcións previstas na lei.

Artigo 10º.-Postos vacantes de nova creación.

Os postos de traballo vacantes e de nova creación serán cubertos pola empresa, dando prioridade absoluta ó persoal do cadro que supere as probas establecidas para o obxecto, para os efectos de facilita-la promoción profesional dos traballadores. Quedan excluídos os postos directivos e de responsabilidade.

Artigo 11º.-Traballos de categoría superior.

Cando o traballador realice traballos de categoría superior á que teña atribuída, recibirá durante o tempo de prestación a remuneración total que veña percibindo o productor da categoría á que circunstancialmente teña quedado adscrito.

Os ditos traballos non poderán exceder de tres meses ininterrompidos, debendo o traballador ó cabo deste tempo volver á función da súa anterior categoría ou ser ascendido automaticamente á categoría superior.

Artigo 12º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores que, por accidente, enfermidade, idade ou outras circunstancias, vexan diminuída a súa capacidade, deberán ser destinados a traballos adecuados ás súas posibilidades. Esgotaranse tódolos medios terapéuticos posibles para a súa rehabilitación no mesmo posto de traballo. En calquera caso, a súa retribución nunca será inferior á categoría profesional que tivera recoñecida.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará ó persoal de dúas pezas de roupa de traballo cada ano. Naqueles postos de traballo que fosen necesarios e logo de xustificación, serán provistos das precisas.

Artigo 14º.-Servicio militar.

O persoal da empresa que realice o servicio militar terá reservado o seu posto de traballo. Rematado o período de permanencia en filas, a reincorporación do traballador deberá efectuarse no prazo de trinta días naturais despois do remate real do dito servicio.

O tempo de realización do servicio militar será computable para a antigüidade. Así mesmo, durante o dito período terá dereito á percepción das pagas extraordinarias.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, a empresa contratará a favor dos traballadores a ela vinculados unha póliza de seguros polos seguintes valores:

Falecemento por calquera causa: 1.976.996.

Morte por accidente: 1.317.997.

Morte por accidente de circulación: 3.294.993.

Incapacidade profesional total e permanente: 3.294.993.

As garantías de morte ou falecemento son acumulativas, dependendo da causa que o orixine.

Os traballadores designarán a persoa beneficiaria das contías establecidas.

A póliza de seguros actualizarase con respecto ó incremento que poida experimenta-lo índice de prezos ó consumo, establecido de forma anual polo INE.

Artigo 16º.-Premio de xubilación.

A súa xubilación, o traballador que permanecera alomenos 10 anos na empresa percibirá o importe de dúas mensualidades, e unha máis por cada 5 anos ou fracción que exceda os dez mencionados.

Se un traballador desexara xubilarse anticipadamente percibirá as cantidades que se establecen na seguinte táboa:

Ós 60 anos: 225 días de soldo.

Ós 61 anos: 170 días de soldo.

Ós 62 anos: 135 días de soldo.

Ós 63 anos: 110 días de soldo.

Ós 64 anos: 90 días de soldo.

Artigo 17º.-Aprendices.

Os aprendices realizarán unicamente traballos de aprendizaxe de oficialía.

No presente convenio colectivo establécese a prohibición absoluta de que estes realicen horas extras, así como efectuar traballos penosos, perigosos ou nocturnos.

En ningún caso poderán efectuar traballos os menores de 16 anos.

Unha vez superada a aprendizaxe e, logo de exame, o aprendiz ingresará na categoría de oficial, resultante da citada proba.

Artigo 18º.-Baixa por accidente laboral.

No caso de accidente laboral, no centro de traballo ou in itinere, a empresa, á parte da prestación da Seguridade Social, aboará ó traballador un 10% do seu salario real, durante toda a incapacidade transitoria, e desde o primeiro día do accidente.

Se o suposto sinalado dese lugar á hospitalización do traballador, a empresa completará ata o 100% do seu salario convenio, exclusivamente durante o tempo que dure tal situación.

1. Baixa por enfermidade.

A partir de dúas semanas ininterrompidas, o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que, adicionado á prestación do INSS, complete o 100% dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médido e o visto e prace en sección conxunta do comité de empresa e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extra.

Os tres primeiros días de baixa por enfermidade, a empresa aboará o 60% da base reguladora correspondente á dita situación de baixa.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal percibirá as seguintes pagas extraordinarias:

-Nos meses de xullo e decembro, equivalentes cada unha delas a trinta días de salario base máis antigüidade.

-Unha paga de beneficios por un importe de trinta días de salario base máis antigüidade, que se aboará na primeira quincena do mes de marzo.

1. Bolsa de reis.

Con motivo da festividade dos Reis Magos, aboarase no ano 2000 unha paga equivalente ó 60% dunha extraordinaria normal (xullo e decembro).

No ano 2001, a paga con motivo desta festividade será equivalente ó 65% dunha extraordinaria normal (xullo e decembro).

Artigo 20º.-Complemento de nocturnidade.

No ano 2000 será equivalente ó 45% do salario do convenio.

No ano 2001 será equivalente ó 50% do salario do convenio.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Para os traballadores a xornada continuada, terán como consideración de horas extraordinarias as que excedan de cento sesenta ó mes en cómputo cuadrimestral.

Poderanse realizar horas extraordinarias as que sexan necesarias para pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural.

Para o pagamento efectivo das horas extraordinarias, haberá que aterse ós valores vixentes na data de hoxe, incrementados nun 3,5% para o ano 2000 e, nun 3,5% para o ano 2001. O prezo destas cumpre co artigo 35.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Retribucións.

No presente convenio colectivo páctase para o primeiro ano da súa vixencia unha subida salarial do 3,5% respecto ós do ano 1999 e para o segundo ano de vixencia, páctase outra subida do 3,5% respecto ós do primeiro ano de vixencia.

As táboas salariais para os anos 2000 e 2001 serán as que se xuntan nos anexos I e II.

Páctase, así mesmo, que no caso de que o índice de prezos ó consumo para os anos 2000 e 2001 do Instituto Nacional de Estatística, IPC anual, supere o 3,5%, se efectuará unha regularización de subi

da salarial do presente convenio consistente no aboamento dunha paga que polos diferentes conceptos retributivos supoña a diferencia entre o 3,5% e o IPC anual, engadindo a esa diferencia 0,5 puntos.

Complemento de quendas.

Os productores que presten os seus servicios en tres quendas ou en terceiro ou cuarto equipo para a súa realización percibirán unha prima única mensual por tal concepto de 10.240 pesetas no ano 2000 e 11.145 pesetas para o ano 2001.

Complemento salarial.

Polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral. Este será satisfeito, unicamente, en xornada completa realmente traballada. A súa contía para o ano 2000 será de 12.060 pesetas mensuais, e para o ano 2001 será de 14.050 pesetas mensuais.

Artigo 23º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda escolar para os traballadores con fillos ó seu cargo en idade escolar (inclúese; infantil, primaria, EXB, ESO, BUP, COU, universitarios e outros), consistente nun fondo de axuda de 1.740.000 pesetas para o ano 2000 e de 2.001.000 pesetas para o ano 2001.

O reparto do fondo entre as peticións que anualmente se presenten efectuarase por un comité formado por un representante da empresa e dous dos traballadores.

No caso de que houbese sobrante de fondos durante o ano aplicarase para aumenta-lo fondo do ano seguinte.

Cláusulas adicionais

1. As diferencias salariais que se ocasionen como consecuencia do pactado no presente convenio colectivo serán aboadas pola empresa ós productores, no prazo máximo de 30 días a partir da data de sinatura deste, independentemente da data da súa publicación no BOP.

2. As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal, en cómputo anual salvo que expresamente se pacte o contrario.

3. O importe a que ascenda o custo do tempo a que teñan dereito os membros do comité de empresa a que lles sexa compensado, e estes non utilicen, farase efectivo pola empresa e destinaranse a constituír un fondo social, para a súa aplicación a fins sociais, a criterio do referido comité.

4. Para todas aquelas cuestións non recollidas polo presente convenio, haberá que aterse disposto no texto da Ordenanza laboral da madeira, que se dá por reproducido, e en Estatuto dos traballadores e normas dictadas para a súa aplicación.

ANEXO I

Táboa salarial 2000

CategoríasSalario base-díaBase anual
Encargado xeral3.9431.794.224
Encargado de sección3.8581.755.608
Xefe de equipo3.7181.691.563
Oficial de 1ª3.7181.691.563
Oficial de 2ª3.5791.628.459
Axudante3.4531.571.006
Peón especializado3.3891.541.808
Peón3.3741.535.216
Aprendices2.4181.100.081
Persoal subalternoSalario base-mesBase anual
Pesador-basculeiro103.5371.553.059
Almaceneiro107.2331.608.499
Chofer turismo107.2331.608.499
Garda107.2331.608.499
Chofer mecánico111.6181.674.263
Persoal administrativoSalario base-mesBase anual
Auxiliar, mecanógrafa, telf.103.5371.553.059
Oficial de 2ª118.2811.774.213
Oficial de 1ª129.3341.940.004
Xefe administrativo142.6042.139.066
Persoal técnicoSalario base-mesBase anual
Analista, calcador103.5371.553.059
Xefe de taller117.1751.757.632
Delineante118.0791.771.185
Xefe de talleres129.3341.940.004
Titulado de grao medio131.5441.973.165
Titulado de grao superior170.6342.559.514

ANEXO II

Táboa salarial 2001

CategoríasSalario base-díaBase anual
Encargado xeral4.0811.857.022
Encargado de sección3.9941.817.055
Xefe de equipo3.8481.750.767
Oficial de 1ª3.8481.750.767
Oficial de 2ª3.7041.685.455
Axudante3.5741.625.991
Peón especializado3.5071.595.772
Peón3.4921.588.948
Aprendices2.5021.138.584
Persoal subalternoSalario base-mesBase anual
Pesador-basculeiro107.1611.607.416
Almaceneiro110.9861.664.796
Chofer turismo110.9861.664.796
Garda110.9861.664.796
Chofer mecánico115.5241.732.862
Persoal administrativoSalario base-mesBase anual
Auxiliar, mecanógrafa, telf.107.1611.607.416
Oficial de 2ª122.4211.836.310
Oficial de 1ª133.8602.007.904
Xefe administrativo147.5962.213.933

Persoal técnicoSalario base-mesBase anual
Analista, calcador107.1611.607.416
Xefe de taller121.2771.819.149
Delineante122.2121.833.177
Xefe de talleres133.8602.007.904
Titulado de grao medio136.1482.042.226
Titulado de grao superior176.6062.649.097