Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria, por concurso público aberto, con tramitación urxente, para a explotación do servicio de cafetería do Centro Nacional de Formación Ocupacional de Santiago de Compostela (A Coruña).

A delegación provincial de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la convocatoria do concurso que de seguido se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 34/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: explotación do servicio de cafetería.

b) Lugar de execución: Centro Nacional de Formación Ocupacional de Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2001, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 100.000 pesetas.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña 15006.

d) Teléfono: 981 18 57 18/00.

e) Telefax: 981 57 01/02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2001.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña