Aprobada por Resolución do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público do persoal da administración e servicios da Universidade da Coruña, e aprobado pola Xunta de Goberno o sistema de selección do concurso-oposición para a provisión dunha praza de técnico especialista de laboratorio, segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos,
Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17) e modificados polo decreto da Xunta de Galicia 245/1998 do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e co obxecto de atende-las necesidades de técnicos especialistas de laboratorios da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Caminos, Canais e Portos,
RESOLVE:
Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir unha praza de técnico especialista de laboratorio, grupo III, destinado a realiza-las correspondentes tarefas de mantemento e de apoio nos laboratorios desta universidade, no Campus da Coruña.
As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes:
Bases da convocatoria.
1. Solicitudes.
1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo modelo que figura como anexo IV. Á instancia xuntaráselle fotocopia do documento nacional de iden
tidade, acreditándose, ademais, o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.
As solicitudes dirixiranse ó Excelentísimo e Magnífico Señor Rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (Edificio do Rectorado, Rúa da Mestranza, s/n, C.P 15001) ou en Ferrol (Doutor Vázquez Cabrera, s/n, C.P. 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).
As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
1.2. Os dereitos de exame serán de 5.640 pesetas, que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas do Grupo Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, na conta corrente número 0182-0470-40-0207957986, Probas selectivas para técnico especialista de laboratorio da E.T.S. de Caminos, Canais e Portos, a nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso; a falta desta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento supoñerá a substitución do trámite de presentación, no tempo e forma, da solicitude ante o órgano expresado no punto 1.1.
1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade. A documentación acreditativa dos méritos estará referida á data de publicación no DOG da presente convocatoria e deberá incorporarse á solicitude.
1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.
1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unica
mente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.
2. Requisitos dos candidatos.
2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguientes requisitos:
a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos na que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación ós familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.
b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.
c) Estar en posesión dunha titulación de B.U.P. ou F.P. de 2º grao ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de cualquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.
2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.
3. Discapacidades.
3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador destas establecerá, para as persoas con minusvalideces que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.
3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo lle xurdisen dúbidas ó tribunal respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de técnico especialista de laboratorio, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.
4. Listas de admitidos e excluídos.
4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o
rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, declarando aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do rectorado da universidade e no vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.
Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a súa exclusión. Transcorrido o citado prazo, o rector dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, contra a que os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 30 do xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 10.1 desta convocatoria.
5. Sistema selectivo.
5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.
5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.
6. Tribunal cualificador.
6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.
6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 do novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).
6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que estime necesario.
O tribunal terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).
7. Calendario das probas.
7.1. O lugar e data do comezo dos exercicios será feito público na resolución que aprobe as listas definitivas dos aspirantes admitidos e excluídos.
7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación da presente convocatoria.
7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública
da Comunidade Autónoma para o ano no que se realice a proba.
8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.
8.1. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.
8.2. O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29), polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, sendo necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren na posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, e do certificado de aptitude no español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declarados exentos, debendo, na súa consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.
9. Lista de aprobados.
9.1. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.
9.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol e no lugar ou lugares de realización do exercicio, así como naqueles outros que estime oportuno, a puntuación obtida nel polos aspirantes, así como, se é o caso, a de cada unha das probas que o compoñan.
Posteriormente, o tribunal fará pública, nos mesmos lugares, a relación dos aspirantes que superaron as probas selectivas, constituída por aqueles opositores que, no número non superior ó das prazas convocadas e acadando a puntuación mínima esixida para supera-los exercicios da fase de oposición, obtiveran a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I, e coa indicación expresa da obtida por cada un deles. Esta lista será confeccionada segundo a orde de puntuación final acadada por cada aspirante e en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se encontren incluídos nesta relación terán a consideración de non ter aprobado as probas selectivas, único extremo acerca do que o tribunal poderá certificar.
9.3. O tribunal remitirá ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final, coa proposta de que se formalicen con eles os correspondentes contratos de traballo.
10. Presentación de documentos e formalización dos contratos.
10.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, s/n) os seguintes documentos:
a) Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.
c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.
10.2. Cumpridos debidamente polo aspirante que superou as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, será contratado como técnico especialista de laboratorio da Universidade da Coruña.
10.3. O período de proba será de seis meses, durante o cal o traballador terá os dereitos e obrigacións correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade teñan desempeñado funcións de técnico especialista de laboratorio da Universidade da Coruña.
Segundo.-As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14) e ós estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 xullo (DOG do 28 de agosto), o convenio colectivo aplicable ó persoal laboral da Universidade da Coruña, a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e ás bases desta convocatoria.
Terceiro.-A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).
Así mesmo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.
A Coruña, 19 de decembro de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
ANEXO I
Técnico especialista de laboratorio
Procedemento de selección
Fase de oposición.
A) Exercicios.
A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios, todos eles obrigatorios.
Primeiro exercicio: consistirá en contestar un cuestionario de, alomenos, 60 preguntas con respostas múltiples, entre as que só unha será correcta, baseado no contido que para este exercicio se fixa no programa que figura na parte xeral (módulos I e II).
Os aspirantes terán un prazo de alomenos setenta e cinco minutos para a realización do exercicio e a súa valoración será de 0 a 22 puntos, sendo necesario obter 10 puntos para ter acceso ó exercicio seguinte.
Segundo exercicio: consistirá na realización de dous supostos prácticos específicos, elixidos de entre seis propostos polo tribunal relacionados coa parte específica do programa (módulo III).
Os aspirantes terán un prazo de alomenos dúas horas para resolve-los supostos.
A cualificación do exercicio será de 0 a 38 puntos, sendo necesario obter 15 puntos para ter acceso ó seguinte exercicio.
Terceiro exercicio: consistirá na traducción, sen diccionario, de dous textos propostos polo tribunal, un do galego para o español e outro do español para o galego e a súa valoración será de 0 a 5 puntos.
O tempo para a realización de cada exercicio será fixado polo tribunal.
A cualificación final da fase de oposición obterase sumando as puntuacións obtidas no primeiro e segundo exercicio, polo que terá un valor máximo de 65 puntos.
Fase de concurso.
Nesta fase valóranse, ata un máximo de 40 puntos, os seguintes méritos:
a) Os servicios prestados na Universidade da Coruña como persoal contratado laboral non permanente en funcións similares, a razón de 1 punto por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 30 puntos.
b) Cursos impartidos por organismos públicos ou empresas de prestixio recoñecido relacionados cos temas do programa específico, ata un máximo de 10 puntos.
-Cursos de máis de vinte horas: 2 puntos.
-Cursos de entre dez e vinte horas: 1 punto.
Sistema de puntuación.
A cualificación final das probas que, como máximo, será de 105 puntos, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. No caso de empate, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de concurso; se isto non fose suficiente, á maior puntuación obtida no segundo exercicio; se isto non fose suficiente, no cuarto exercicio e se isto tampouco fose suficiente, no primeiro exercicio. Se persistise o empate, este dirimiríase pola orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose a citada orde pola letra á que se refire a base 7.3 da presente convocatoria.
ANEXO II
Técnico especialista de laboratorio
Programa das probas
Módulo I. Lexislación universitaria.
1. A Universidade da Coruña. Estructura. Órganos de goberno.
Centros, departamentos, institutos, servicios. Rector, vicerrectores, secretario xeral, xerente, decanos, directores, outros órganos unipersonais. Órganos colexiados: Consello Social, Claustro, Xunta de Goberno, xuntas de centro, consellos de departamento e institutos.
2. O persoal docente e investigador na Universidade da Coruña.
Clases e réxime xurídico do profesorado universitario.
3. O persoal da administración e servicios na Universidade da Coruña.
Clases e réxime xurídico do persoal da administración e servicios.
4. O estudio e a investigación na Universidade da Coruña.
Estudios de 1º e 2º ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao. A organización da investigación. Contratos, convenios e cursos de especialización.
Módulo II. Coñecementos básicos.
Parte 1: electrónica analóxica.
1. Compoñentes electrónicos analóxicos. Tipos e características. Criterios da selección para o deseño de circuítos.
2. Circuítos básicos utilizados en electrónica analóxica. Tipos e características. Criterios de deseño.
3. Circuítos básicos utilizados en medida e regulación electrónica. Tipoloxía e características. Criterios de deseño.
4. Instrumentación e medidas analóxicas. Procedementos de aplicación.
5. Electrónica analóxica de potencia.
6. Electrónica analóxica de telecomunicacións.
7. Construcción de maquetas electrónicas.
Parte 2: lóxica dixital e microprogramable.
1. Fundamentos de electrónica dixital.
2. Circuítos dixitais. Características e tipoloxía.
3. Circuítos electrónicos de conversión A/D e D/A.
4. Circuítos e elementos complementarios en electrónica dixital. Características e tipoloxía.
5. Dispositivos programables.
6. Programación de dispositivos programables.
7. Procedementos en electrónica dixital e microprogramable.
8. Construcción de maquetas electrónicas.
Parte 3: desenvolvemento e construcción de prototipos electrónicos.
1. Deseño de prototipos electrónicos mediante a utilización de ferramentas informáticas.
2. Construcción de circuítos impresos.
3. Técnicas de montaxe de placas para prototipos: montaxe manual de placas.
4. Control de calidade.
Parte 4: mantemento de equipos electrónicos.
1. Documentación técnica de equipos electrónicos.
2. Técnicas de mantemento utilizadas nos equipos electrónicos.
3. Técnicas e procedementos para diagnose e reparación de avarías en equipos electrónicos.
4. Control de almacéns e facturación.
Parte 5: calidade.
1. Calidade e productividade.
2. Política industrial sobre calidade.
3. Xestión da calidade.
4. Características da calidade. Avaliación de factores.
5. Proceso en estado de control.
6. Custo da calidade.
Parte 6: técnicas de programación.
1. Sistemas operativos e utilidades informáticas.
2. Metodoloxía da programación.
3. Linguaxe C. Ferramentas de desenvolvemento.
4. Desenvolvemento de aplicacións informáticas en linguaxe C.
Parte 7: electrónica de sistemas.
1. Sistemas electrónicos de tratamento da información.
2. Sistemas electrónicos de medida, regulación e control.
3. Sistemas electrónicos de telecomunicación.
Parte 8: desenvolvemento de proxectos de productos electrónicos.
1. Fases no desenvolvemento dun proxecto electrónico.
2. Xestión de proxectos.
3. Desenvolvemento dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito industrial, no que interveñan técnicas de medida, control, regulación e potencia electrónica. Incluirá tecnoloxías analóxicas, dixitais e microprogramables.
4. Desenvolvemento dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito das telecomunicacións, no que interveñan distintas técnicas de modulación e demodulación, transmisión en distintos soportes (cable, radio, infravermellos, fibra óptica). Incluirá tecnoloxías analóxicas, dixitais e microprogramables.
Parte 9: formación e orientación laboral.
1. Saúde laboral.
2. Lexislación e relacións laborais.
3. Orientación e inserción socio-laboral.
4. Principios de economía.
5. Economía e organización da empresa.
Módulo III. Parte específica.
1. Sistemas de adquisición e monitorización de datos.
-Rede de adquisición de datos.
Módulos Nudam.
Instalación e programación dunha rede de adquisición e control.
-Sistema de visualización.
SCADA (WINCC).
Creación e manipulación dos obxectos básicos.
Comunicación con outras aplicacións mediante DDE.
Manipulación de propiedades e eventos.
Control das peticións de actualización no intercambio de datos.
Linguaxe SQL estándar ANSI.
-Tarxetas de adquisición de datos.
Características.
Linguaxes de programación (características).
-Data Logger.
Conexión de sensores ó sistema (clases e tipos de sensores admitidos).
Manipulación e control remoto do sistema.
Mediante porto serie.
Mediante módem e liña telefónica.
-Transductores, sondas e elementos de medida.
Galgas extensométricas.
Células de carga.
Transductores lineais de desprazamento.
Sensores de presión.
Transductores de posición.
Medidores de ángulo potenciométricos e inductivos.
Inclinómetros e acelerómetros.
Sensores de nivel por ultrasóns.
Regretas incrementales.
Anemómetros.
Cataventos.
Velocímetros.
Piranómetros.
Pluviómetros.
Temperatura.
Caudalímetros.
Sensores de pH.
Sensores de conductividade.
Sensores de osíxeno disolto.
Sensores sólidos en suspensión/turbidez.
2. Ensaios típicos de enxeñería civil.
-Preparación e acondicionamento de mostras, testemuños e probetas de diferentes materiais.
-Manexo de equipos pasados de execución e control de ensaios (gatos de pretensado, etc.).
ANEXO III
Técnico especialista de laboratorio
Tribunal cualificador
Titulares.
Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.
Vocais:
Miguel D. Rodríguez Bugarín, director da ETS Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Juan Ramón Rego Álvarez de Mon, vicexerente de Asuntos Económicos.
Rogelio Lage Vázquez, en representación dos traballadores.
Manuel Romero Beade, en representación dos traballadores.
Secretario: Silverio Díaz Vázquez, xefe da Sección de Retribucións e Acción Social, que actuará con voz e sen voto.
Suplentes.
Presidente: Fernando Martínez Abella, vicerrector de Relacións Institucionais e Postgrao.
Vocais:
Miguel Maestro Saavedra, director de Servicios Xerais de Apoio á Investigación.
Jesús Fernández Jiménez, vicexerente de Control Interno.
Salvador Peña Díaz, en representación dos traballadores.
María José Grueiro Maroño, en representación dos traballadores.
Secretario: Daniel Miguélez Costa, xefe da Sección de Selección e Formación de Persoal, que actuará con voz e sen voto.

