Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 7 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución de inicio do expediente sancionador de sanidade alimentaria 55/2000.

En aplicación do art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data acórdase, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución de inicio do expediente sancionador nº 55/2000, incoado por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Expediente sancionador nº 55/2000.

Denunciada: María Dolores Pereira Montes.

DNI: 34.994.869-R.

Último enderezo coñecido: r/ do Campo nº 17-Santa Cruz de Rabeda-San Cibrao das Viñas (Ourense).

Ourense, 7 de decembro de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense