1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ponteceso.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Nº expediente: OC01/2000.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: acondicionamento das marxes do río Pedamio e pavimentación do acceso ó centro cultural.
b) Lugar de execución: Ponteceso.
c) Prazo de execución (meses): cinco.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: dezasete millóns cincocentas mil pesetas (17.500.000), IVE incluído.
5. Garantías:
Provisional: 350.000 ptas.
Definitiva: o 4% do prezo da adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
Entidade: Concello de Ponteceso.
Enderezo: rúa Concello, nº 18.
Localidade e código postal: 15110 Ponteceso.
Teléfono: 981 71 40 00.
Fax: 981 71 50 28.
7. Clasificación do contratista:
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9 ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.
Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que terán que rexer para a contratación mediante concurso, con procedemento aberto, das obras comprendidas en plans provinciais (BOP nº 77, do 3-4-2000).
Sobre B, subtitulado «Documentación», e sobre C subtitulado «Referencias técnicas», coa documentación esixida na claúsula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que terán que rexer para a contratación mediante concurso, con procedemento aberto, das obras comprendidas en plans provinciais (BOE nº 77, do 3-4-2000).
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Ponteceso (rexistro xeral).
2ª Enderezo: rúa Concello nº 18.
3ª Localidade e código postal: 15110 Ponteceso.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (artigo 89 do TRLCAP).
9. Apertura das ofertas:
a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.
b) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos dos anuncios:
Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Ponteceso, 5 de decembro de 2000.
José Luis Fondo Aguiar
Alcalde

