Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva de rectificación de proxecto de reparcelación da U.E. I-07 Rosalía Castro 3. (Expediente 3793/411).

En data do 22 de maio de 2000, o alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo resolveu aprobar definitivamente a rectificación do proxecto de reparcelación da U.E. I-07 Rosalía Castro 3, solicitada por Manuel Castillo Sarmiento, en representación de Promociones Inmobiliarias 2002, S.L. e Manuel Lorenzo Muradás nos seguintes termos:

Onde di:

«Técnica: resto de 44 m procedente da agrupación dos predios descritos (que tiñan unha superficie total de 280 m segundo expediente de expropiación da rúa Rosalía Castro do ano 1960), para a apertura daquela foron ocupados polo Concello de Vigo, 236 m, restando no interior da unidade de execución, os 44 m que se citan.

Lindeiros: norte Livors, S.L. (predio nº 4 das descritas neste expediente); sur, leste e oeste, terreos cedidos ó Concello de Vigo para vías».

Debe dicir:

«Técnica: resto de 44 m procedente do predio nº 2.856 descrito como nº 2 do devandito predio nº 3 dos achegados, cos datos de identificación e

lindes antes expresados (os dous predios descritos co nº 1 e 2 do denominado predio nº 3 dos achegados tiñan unha superficie total de 280 m, segundo expediente de expropación da rúa Rosalía Castro do ano 1960. Para a apertura daquela foron ocupados polo Concello de Vigo, 236 m, restando no interior da unidade de execución, os 44 m que se citan e que formaban parte do nº 2)».

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñe-los seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o alcalde-presidente da Xerencia de Urbanismo no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

c) Calquera outro recurso que se estime oportuno e sexa procedente interpoñer.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 25 de maio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo