Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 874

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 15/2001, do 11 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento de María Paz García Rubio como vocal do Consello do Servicio Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller.

No artigo 5 do Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller, e de conformidade co disposto no mesmo artigo da Lei 3/1999 do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, disponse que formarán parte do Pleno do Consello cinco persoas de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas, designadas polo Consello da Xunta de Galicia.

Polo Decreto 188/1991, do 30 de maio, nomeáronse cinco vocais do Consello do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Como María Jesús Montero Pardo formulou a súa renuncia a continuar como membro do Consello por motivos profesionais, na sesión do Pleno do 9 de outubro de 1997, faise necesaria, polo tanto, a súa substitución como vocal do devandito organismo.

Na súa virtude, e de acordo co establecido no artigo 12 do Decreto 312/1999, do 11 de novembro, por proposta da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xaneiro do dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a María Paz García Rubio como vocal do Consello do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller en substitución de Mª Jesús Montero Pardo.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude