Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a providencia da sección primeira da sala do contencioso-administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0001094/2000, interposto pola Federación Española de Relixiosos da Ensinanza, contra resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria con data do 28 de setembro de 2000 desestimatoria do recurso de reposición sobre aprobación de calendario escolar para o curso 2000-2001.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria

