Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2001, conforme as funcións que ten encomendadas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización de quince cursos básicos de protección civil, que se desenvolverán conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
Dota-lo persoal voluntario de protección civil dos coñecementos teórico-prácticos mínimos e xenera
listas para o correcto desenvolvemento das súas actividades.
Destinatarios.
Os cursos van dirixidos ós membros das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Solicitudes.
1. As persoas que desexen participar nestes cursos presentarán, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 2 de marzo de 2001, ás 14 horas.
3. As instancias serán enviadas polo presidente da agrupación correspondente á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contido.
Os cursos básicos de protección civil están divididos en varios módulos, cada un dos cales abarca os seguintes contidos:
Módulo I: a protección civil.
Módulo II: os riscos, accidentes e autoprotección.
Módulo III: loita contra incendios.
Módulo IV: comunicacións.
Módulo V: actuacións básicas ante emerxencias médicas.
Duración e datas.
Os cursos terán lugar ó longo do ano 2001, e cunha duración de 20 horas lectivas.
As datas quedan por determinar en función do número e localización de solicitudes.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 16 de marzo de 2001 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.
Lugar.
Determinarase en función da localización das solicitudes recibidas.
Asistencia.
É obrigatoria a asistencia e puntualidade en tódalas actividades do curso. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 10% das horas lectivas programadas, determinará a cualificación de non apto no curso.
Certificado de aproveitamento.
Ó remate dos cursos entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a eles, e que superen as correspondentes probas.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 8 de xaneiro de 2001.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade

