Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 897

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000 pola que se nomean funcionarios da escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade os aspirantes que superaron as probas selectivas polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 22 de decembro de 1999 (Boletín Oficial del Estado do 24 de xaneiro e Diario Oficial de Galicia do 26 de xaneiro de 2000).

Vista a proposta formulada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 22 de decembro de 1999 (BOE do 24 de xaneiro de 2000), e verificado o cumprimento dos requisitos sinalados na base 2 da convocatoria.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Real decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro) e modificado polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto),

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta reso

lución, ordenados de acordo coa puntuación final obtida e con indicación do seu destino.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionarios de carreira, os interesados deberán prestar xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril (BOE do 6 de abril), e tomar posesión no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Terceiro.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, o persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión, deberá realiza-la declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados, ou a opción ou solicitude de compatibilidade recollidos no artigo 10 da Lei 53/1984.

Cuarto.-Contra a presente resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cabe interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante o rector no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdicción, contados ambos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 20 de decembro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

DNIAPELIDOSNOMECENTRO

32.450.972PARADA NAYALUISE.U. DE ESTUDIOS EMPRESARIAIS

32.771.591SOUTO PAMPINJOSEFINA V.E.S. DE MARIÑA CIVIL

32.759.404FREIRE POUSAANA M.E.T.S. DE ARQUITECTURA

32.776.273PRADO ALVAREDOCARMEN Y.FACULTADE DE FILOLOXIA

33.226.210LAVANDEIRA LOPEZJOSE MANUELFACULTADE DE SOCIOLOXIA

32.412.899ALDAO GARCIAFRANCISCOFACULTADE DE INFORMATICA

32.783.842SEOANE ANTELOJUANA JOSEE.T.S. DE ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS

76.363.370FERNANDEZ FAYAM. CARINA

32.643.005FERNANDEZ LOPEZJOSE FELIPEE.T.S. DE ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS

32.621.427CARUNCHO RUIZM. VICTORIAFACULTADE DE DEREITO

32.418.260LAVANDEIRA POSEM. CARMENE.S. DE MARIÑA CIVIL

32.424.744TORREIRO DIAZAGUSTINAE.U. DE ARQUITECTURA TECNICA

32.761.664DELGADO MARTINEZBERTABIBLIOTECA CAMPUS DE ESTEIRO (Ferrol)

76.808.405GONZALEZ GONZALEZM. ANGELES FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACION

32.753.108VARELA BARREIROCARLOSFACULTADE DE SOCIOLOXIA

35.299.677LORES TORRESXAQUINFACULTADE DE INFORMATICA

32.757.968NUÑEZ ROMEROM. BELENFACULTADE CC. ECONOMICAS E EMPRESARIAIS

32.768.821VELASCO ROELM. PILARFACULTADE DE FILOLOXIA

32.769.110NOGUEIRA DOBAOMERCEDESFACULTADE DE CIENCIAS

32.436.919FOJO FUENTESANTONIOFACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACION

32.440.930PEDREIRA VILLARM. DOLORESE.U. DE ARQUITECTURA TECNICA

32.777.913CALVO DIAZYOLANDA E.U. DE ESTUDIOS EMPRESARIAIS

32.588.853VILARIÑO LOPEZJOSE LUISE.U. POLITECNICA

33.837.307MENENDEZ-VALDES ALVAREZEDUARDOE.T.S. DE ARQUITECTURA