Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Logares.
Situación: A Fonsagrada.
Descricións técnicas: cinco liñas de media tensión en apoios de formigón e metálicos e conductor LA-56. Cinco centros de transformación intemperie. Cinco redes de baixa tensión en apoios de formigón e conductor trenzado R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de novembro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

