Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de caducidade do expediente de cambio de réxime solicitado por Carlos Gómez Gómez, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle a Carlos Gómez Gómez (expediente OR-85/020, conta 16) que con esta data resolvín publica-la resolución de caducidade do expediente de cambio de réxime solicitado por el, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O interesado poderá presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 18 de decembro de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense