Con data do 8 de xaneiro de 2001, o alcalde do Concello de Mos aprobou o proxecto de urbanización de solo urbano de Santo Antoíño, por instancia da entidade Rúas de Mos, S.L. En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a exposición pública por un prazo dun mes mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior circulación da provincia.
Mos, 8 de xaneiro de 2001.
Ramón Alonso Fernández
Alcalde

