En cumprimento do disposto nos artigos 258 a 262 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración
local de Galicia e artigo 2.2º do Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, na sesión do día 30 de novembro de 2000, acordou, por unanimidade, aproba-la bandeira municipal.
O que se fai público polo prazo dun mes, para efectos de presentación de alegacións.
Zas, 20 de decembro de 2000.
Ernesto Rieiro Oreiro
Alcalde

