Dando cumprimento ó previsto no artigo 4º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maio
ritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, a Sociedade Xenética Fontao, S.A. anuncia a convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral fixa de tres plazas de oficial 2ª, pertencentes ó seu cadro de persoal e que se atopan vacantes.
Os tres postos de oficial 2ª terán as seguintes funcións principais: coidado, limpeza, alimentación e traslado dos animais e manipulación no salto; coidado do predio; así como as que lle sexan encomendadas polo director de producción.
O proceso selectivo axustarase ás seguintes bases da convocatoria:
I. Requisitos dos aspirantes: titulación académica: I.1. FP1 (rama agraria) ou I.2. graduado escolar, FP1 ou equivalente. Experiencia: soamente para o punto I.2, ademais da titulación, requírense dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.
II. Méritos valorables: II.1. Currículo. II.2 Experiencia en Centros de Escolma e Reproducción Animal e II.3. Coñecemento da lingua galega.
III. Solicitudes: III.1 Para tomar parte nas probas de selección, deberase presentar unha solicitude/petición, dirixida á Secretaría de Xenética Fontao, S.A., debidamente asinada e na que conste a intención de participar no proceso selectivo, achegando con ela a seguinte documentación: III.1.1. Fotocopia do documento nacional de identidade; III.1.2. Fotografía tamaño carné; III.1.3. Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación e a experiencia esixidas, así como os méritos para valorar; III.1.4. III.2. As solicitudes faranse chegar á Secretaría de Xenética Fontao, S.A., ó enderezo seguinte: Santiago de Compostela (A Coruña), Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños (C.P. 15704). III.3. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. III.4. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará nos taboleiros de
anuncios da sede social de Xenética Fontao, S.A., en Fontao-Esperante (Lugo), e da Secretaría da sociedade, no enderezo sinalado no punto III.2, a lista previa de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, establecéndose un prazo de cinco (5) días naturais para que, se é o caso, os interesados poidan corrixi-los posibles erros emendables. III.5. Transcorrido o prazo sinalado na base III.4., publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, estableceranse as puntuacións correspondentes á valoración dos méritos, e sinalarase o lugar, data e hora en que comezarán as probas de selección. A primeira proba realizarase transcorrido un prazo mínimo dun mes desde
a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. III.6. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada das bases da convocatoria.
IV. Comisión de selección. IV.1 O proceso selectivo efectuarao unha comisión de selección, integrada polo delegado provincial do Ilgga en Lugo, como presidente; o xefe do Servicio de Xestión Administrativa do Ilgga, como secretario, dous membros do Consello de Administración e o director de producción de Xenética Fontao, S.A., como vocais. IV.2 Os integrantes da comisión de selección serán designados polo Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., que poderá nomear, de se-lo caso, as persoas que os substitúan, en representación, respectivamente, do Instituto e da Sociedade. IV.3. A comisión de selección resolverá cantas dúbidas xurdan no desenvolvemento do proceso selectivo, con suxeición á normativa vixente e ó previsto nas presentes bases da convocatoria.
V. Probas de selección. Establécense dúas probas de selección: V.1. Unha, de carácter teórico-práctico, sobre os coñecementos específicos para o posto. V.2. Outra, consistente nunha entrevista persoal, sobre os coñecementos dos aspirantes e a súa adecuación ós postos de traballo. V.3. Os aspirantes terán que acudir ás probas provistas do documento nacional de identidade. V.4. Efectuada a proba teórico-práctica, a comisión de selección publicará nos taboleiros de anuncios sinalados na base III.4 as puntuacións de tódolos aspirantes, e establecerá o lugar, a data e a hora para que, os que superaron a dita proba, efectúen a entrevista persoal.
VI. Baremo de puntuación. VI.1. Os méritos ós que se refire a base II puntuaranse cun máximo de dez (10) puntos. VI.2. A proba teórico-práctica a que se refire a base V.1 terá unha puntuación máxima de dez (10) puntos e, para que se entenda superada, é necesario acadar un mínimo de cinco (5) puntos. De non obter tal puntuación mínima, os aspirantes non poderán acceder á entrevista persoal. VI.3. A entrevista persoal (base V.2) puntuarase cun máximo de dez (10) puntos.
VII. Selección dos candidatos. VII.1 Seleccionaranse os candidatos que obteñan a maior puntuación final, logo da suma das puntuacións parciais obtidas na fase de méritos e nas probas de selección. VII.2. A comisión de selección proporalle ó Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A. o nomeamento dos candidatos seleccionados, que procederá a autoriza-las correspondentes contratacións.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Consello de Administración
de Xenetica Fontao, S.A.

