Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2001 Páx. 917

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de outubro de 2000 pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 228, do venres, 24 de novembro de 2000, cómpre face-la oportuna corrección.

-Na páxina 15.682, na disposición adicional, despois de: « ... a delegación territorial,» debemos engadir: « ... dentro do ámbito xeográfico da súa competencia, poderá modifica-las zonas, cantidades e períodos de extracción mediante resolución motivada que deberá ser comunicada ós interesados. Respectarase en todo ... ».

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Corrección de erros.-Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e a notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 4, do 5 de xaneiro de 2001, orixinados polo tratamento informático, cómpre face-las seguintes correccións:

a) Na páxina 186, no artigo 4º, parágrafo 2, onde di: «d) Considerará actividades de xestión de residuos as realizadas:», deberá dicir: «d) Consideraranse actividades de xestión de residuos as realizadas:».

b) Na páxina 186, no artigo 7º, parágrafo 1, deberá engadirse ó final do parágrafo: «sen prexuízo do disposto no Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 xuño, de avaliación de impacto ambiental».

No artigo 7º, parágrafo 2, deberá engadirse ó final do parágrafo: «sen prexuízo do disposto no Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 xuño, de avaliación de impacto ambiental».

c) Na páxina 187, artigo 9º, segunda columna, no punto 4) deberá engadirse ó final: «que cubra os riscos de transporte para mercadorías perigosas».

d) Na páxina 187, no artigo 9º, letra B, onde di: «Un estudio nos termos que se establecen no anexo X B», deberá dicir: «Un proxecto visado polo colexio oficial competente que se axuste ó contido do anexo X B e que conteña as especificacións do anexo XI para as actividades de xestión de vertedoiro».

e) No anexo XI, onde di:

«K<1,0x10 9 m/s, espesor>1 m», deberá dicir: «K<1,0x10 m/s, espesor>1 m».

«K<1,0x10 7 m/s, espesor>1 m», deberá dicir: «K<1,0x10 m/s, espesor>1 m».

«K<1,0x10 9 m/s, espesor>5 m», deberá dicir: «K<1,0x10 m/s, espesor>5 m».

f) No anexo XIV, onde di: «Que no seu centro de traballo, situado en..., cos datos que figuran no anexo IV, desexa levar a cabo as seguintes actividades de xestión:», debe dicir: «Que no seu centro de traballo, situado en..., cos datos que figuran no anexo IX, desexa levar a cabo as seguintes actividades de xestión:».

g) No anexo XVII, onde di: «Persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 30 e 31 deste decreto.», debe dicir: «-Persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 23º deste decreto.».

PRESIDENCIA

Decreto 16/2001, do 12 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, Genaro

Amigo Chouciño, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

PRESIDENCIA

Decreto 17/2001, do 12 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Evaristo Lareo Viñas, de acordo coa proposta da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Resolución do 8 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 320/2000 (3), interposto por María del Mar Sanz Sánchez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 320/2000 (3), interposto por María del Mar Sanz Sánchez, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de agosto de 2000, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 8 de xuño de 2000, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación 6/1999 (Diario Oficial de Galicia nº 116, do 15 de xuño de 2000).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 22 de decembro de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor do Porriño.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor do Porriño, solicitando autorización definitiva para o dito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo (BOE do 16 de marzo), de ordenación da educación especial, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Concederlle a autorización definitiva ó centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor do Porriño, do que os demais datos se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: O Porriño.

Localidade: O Porriño.

Enderezo: Torneiros-A Ribeira, polígono 3, 24 A-B.

Código do centro: 36017031.

Denominación específica: Santísimo Cristo del Amor.

Titular: Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (ACEESCA).

Ensinanzas que se autorizan: educación especial.

Número de unidades: 4 (3 psíquicos e 1 autistas).

Orde do 22 de xaneiro de 2001 pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 2001-2002.

Ó finaliza-lo curso 2000-2001 quedarán extinguidos os concertos educativos subscritos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cos centros docentes privados, ó abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 21 de xaneiro) que dictou normas para a aplicación do réxime de concertos educativos.

Tendo en conta o calendario de aplicación da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), faise necesario aprobar novas regras procedementais polas que se rexerá a renovación ou subscrición por primeira vez dos concertos educativos a partir do curso 2001-2002, así como as modificacións que nestes se poidan producir nos próximos catro anos.

Por todo iso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Para a subscrición do concerto educativo, de acordo coa Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación e co Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, os centros docentes privados poderán presentar solicitude dirixida ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ó longo do mes de xaneiro:

1. Os centros docentes privados que desexen renova-lo concerto educativo.

2. Os centros docentes privados que leven máis de 5 anos funcionando desde a data da súa autorización definitiva, así como aqueles que, no momento de solicita-la súa autorización definitiva, manifestasen a súa vontade de acollerse ó réxime de concertos.

Segundo.-Poderase presentar solicitude para subscribir por primeira vez ou renovar concerto nas seguintes ensinanzas:

a) Subscribir por primeira vez ou renova-lo concerto educativo para as ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

b) Renova-lo concerto educativo de unidades de ciclos formativos de grao medio ou programas de garantía social.

c) Renova-lo concerto educativo de unidades de ciclos formativos de grao superior.

d) Renova-lo concerto educativo de unidades de formación profesional de segundo grao ou transformalas en unidades concertadas nas que se impartan ensinanzas de ciclos formativos de grao medio, de ciclos formativos de grao superior ou de ensinanzas do bacharelato, sempre que estivesen autorizados para impartir estas ensinanzas.

Terceiro.-O titular do centro está obrigado a ter en funcionamento o número total de unidades escolares correspondentes ós niveis ou graos de ensino obxecto do concerto e a ter unha relación media alumnos/unidade escolar non inferior á que se determine tendo en conta a existente para os colexios públicos da bisbarra, concello, ou, se é o caso, distrito no que estea situado o centro. Así mesmo, independentemente do número de unidades autorizadas, os centros privados concertados unicamente poderán poñer en funcionamento, en niveis de ensino obrigatorio, o número de unidades concertadas. Todo iso sen prexuízo do previsto no artigo 17 e na disposición adicional segunda do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, no sucesivo regulamento.

Cuarto.-Os centros de formación profesional de segundo grao subscribirán os concertos no réxime singular que determina a disposición adicional terceira da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación (LODE).

Os devanditos centros poderán percibir dos alumnos, en concepto de financiamento complementario, a cantidade de 3.200 pesetas/alumno/mes durante 10 meses. Este financiamento terá carácter complementario ó aboado directamente pola Administración educativa para o financiamento de «Outros gastos», a teor do recollido nos módulos de concertos.

Quinto.-O conxunto de unidades concertadas de formación profesional non poderá exceder, en ningún caso, do número de unidades que cada centro tivese concertado á entrada en vigor da LOXSE, sen prexuízo da ampliación de unidades correspondentes ás ensinanzas obrigatorias, que se aterá ó disposto, con carácter xeral, no regulamento.

Sexto.

1. Os concertos que se subscriban ó abeiro desta orde terán unha duración de catro (4) anos, sen prexuízo do regulamentado para os centros en proceso de cesamento progresivo de ensinanzas e para os que deban modifica-lo concerto por aplicación do calendario de implantación do novo sistema educativo (formación profesional de segundo grao).

2. Se se denegase a renovación dun concerto educativo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria podería acordar co titular do centro a renovación do concerto por un só ano.

Sétimo.-A contía global dos fondos públicos destinados ó sostemento dos centros concertados é a

que se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Oitavo.

1. As solicitudes presentaranse, conforme os modelos que se xuntan como anexos a esta orde, nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do ámbito territorial no que se atopen localizados os respectivos centros.

2. As ditas solicitudes deberán ser subscritas polo titular do centro docente. No suposto de que a titularidade corresponda a unha persoa xurídica, a solicitude deberá ser asinada por quen teña a súa representación.

Noveno.-Ás solicitudes deberá achegárselles, para efectos da prioridade establecida no artigo 48.3º da LODE, unha memoria explicativa na que se farán consta-los seguintes puntos:

a) Nivel educativo para o que solicita o concerto, con expresión do número de unidades autorizadas e en funcionamento actualmente. Se se trata de unidades de formación profesional, especificaranse os ciclos formativos ou, de se-lo caso, as unidades de formación profesional de segundo grao. Se se trata dun centro que imparte educación secundaria ó que está adscrito algún centro de educación primaria, farase constar tal circunstancia.

b) Alumnos matriculados no momento da solicitude, indicando a súa distribución en cada curso e unidade. No caso de centros de formación profesional, indicarase a distribución dos alumnos nas distintas unidades dos ciclos formativos ou, de se-lo caso, de formación profesional de segundo grao.

c) Condicións socioeconómicas da poboación escolar atendida polo centro (só para centros que solicitan por primeira vez).

d) Experiencias pedagóxicas que se realicen no centro e interese delas para a calidade do ensino e para o sistema educativo (só centros que solicitan por primeira vez).

e) Os centros que desexen acollerse por primeira vez ó réxime de concertos deberán presentar, ademais, a documentación xustificativa de reuniren os requisitos previstos no número 2 do punto primeiro desta orde.

f) No caso de cooperativas, presentarase declaración xurada, asinada polo seu presidente, de que os estatutos correspondentes non conteñan cláusulas que impidan o cumprimento das obrigas propias dos centros acollidos ó réxime de concertos educativos. Se os estatutos sufrisen modificación desde a última sinatura do concerto engadiráselle, á citada declaración, unha copia deles.

Décimo.-As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria verificarán que os titulares dos centros achegan a documentación esixida; solicitarán informe á Inspección Educativa e someterán as solicitudes presentadas ás comisións provinciais de concertos educativos, que terán a composición e actuación que se establece no punto décimo segundo e seguintes.

Décimo primeiro.-O informe da Inspección Educativa, referido ó curso académico no que se presenta a solicitude, constará dos seguintes aspectos:

-Avaliación do déficit ou superávit de postos escolares e relación alumnos/unidade nos centros de titularidade pública da localidade ou, de se-lo caso, da zona de escolarización do centro solicitante do concerto.

-Avaliación do déficit ou superávit de postos escolares e relación alumnos/unidade no centro solicitante do concerto.

-Experiencias pedagóxicas realizadas no centro, se as houbese (só para centros que solicitan por primeira vez).

-Características socioeconómicas da zona (só para centros que solicitan por primeira vez).

Décimo segundo.-As comisións provinciais de concertos educativos, que se constituirán antes do 1 de febreiro, terán a seguinte composición:

Presidente: o delegado provincial de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en quen delegue.

Vocais:

-Dous membros da Administración educativa designados polo delegado provincial.

-Dous representantes dos concellos nos que teña maior incidencia o ensino concertado.

-Dous profesores do ensino privado concertado designados polas organizacións sindicais máis representativas do sector.

-Dous pais de alumnos designados polas federacións de pais de alumnos máis representativas no ensino privado concertado.

-Dous representantes de centros docentes privados concertados designados polas organizacións de titulares máis representativas no ámbito provincial.

Secretario: un funcionario da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria

Décimo terceiro.-As comisións provinciais de concertos educativos, logo de convocatoria do seu presidente, reuniranse, co fin de examinar e avalia-la documentación presentada e de formula-las correspondentes propostas nos termos previstos no artigo 23 do regulamento, cantas veces sexa necesario e, en todo caso, sempre antes do 15 de febreiro.

Décimo cuarto.-Os delegados provinciais remitirán, antes do 1 de marzo, as solicitudes dos centros, xunto co informe da Inspección Educativa e as propostas das comisións provinciais de concertos educativos, que deberán ser motivadas, á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Décimo quinto.-A Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, á vista das dispoñibilidades orzamentarias, procederá, se é o caso, a dar vista do expediente ós solicitantes para que poidan alega-lo que consideren procedente no seu dereito.

Décimo sexto.-Unha vez valoradas as alegacións presentadas, a Dirección Xeral de Centros e Ins

pección Educativa formulará, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, proposta de resolución sobre a concesión ou denegación dos concertos educativos solicitados.

Décimo sétimo.-A resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, que será definitiva, publicarase no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar denegatoria, esta deberá estar motivada e notificaráselle ó interesado. A resolución, que esgotará a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición ante o órgano que a dictou, ou ben directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

As solicitudes entenderanse desestimadas de non recaer resolución expresa no prazo de seis meses, contados desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Décimo oitavo.-Os concertos educativos formalizaranse en documento administrativo no que se fará consta-los dereitos e obrigas recíprocos, así como as características concretas do centro e demais circunstancias derivadas da LODE e dos regulamentos de aplicación desta.

Décimo noveno.

1. Procederá a modificación do concerto:

a) Nos centros que están a impartir formación profesional de segundo grao para transformar unidades das ditas ensinanzas en unidades de ciclos formativos de grao medio e/ou en unidades de ciclos formativos de grao superior sempre que estivesen autorizados para impartir estas ensinanzas.

b) Poderán ser modificados os concertos educativos por instancia de parte nos casos previstos no artigo 46 do regulamento.

2. As solicitudes de modificación presentaranse, conforme o modelo que se xunta como anexo IV, nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do ámbito territorial no que se encontren localizados os respectivos centros.

3. Os centros presentarán a solicitude xunto con, unicamente, unha certificación, actualizada, de alumnos matriculados. A Inspección Educativa informará sobre este aspecto e a comisión provincial realizará a proposta que considere sobre a modificación solicitada.

4. As modificacións por instancia do centro estarán sometidas ás normas e ós prazos contidos nesta orde.

Vixésimo.

1. A Administración, de acordo co previsto no artigo 46 do regulamento, poderá, de oficio, modifica-lo número de unidades concertadas dun determinado centro.

Procederá reduci-lo número de unidades concertadas dun centro no caso de que a proporción alumnos/unidade escolar permita concentrar grupos que tivesen poucos alumnos ou cando o número de alumnos por unidade escolar sexa inferior ó determinado pola Administración educativa, de acordo co previsto no punto cuarto desta orde.

2. O titular do centro, en caso de inexistencia de alumnos ou dun número notoriamente baixo nalgunha unidade concertada, está obrigado a comunicarllo, no prazo de 15 días naturais contados a partir da data de finalización da matrícula, á Administración educativa co fin de que esta considere a posibilidade de eliminar ou reducir unidades concertadas de forma inmediata.

3. Para proceder de oficio á reducción de unidades, a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, logo do informe da Inspección Educativa, daralle vista do expediente ó centro comunicándolle as alteracións que considera necesarias para o curso seguinte e co fin de que, no prazo de 10 días, faga as alegacións que considere oportunas.

Avaliadas as alegacións presentadas, a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa elevará proposta ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, que resolverá definitivamente. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderá ser obxecto do recurso potestativo de reposición, ou ben impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

4. A reducción do número de unidades concertadas dará lugar á modificación do correspondente concerto educativo subscrito polo centro afectado.

Vixésimo primeiro.-A subscrición das modificacións efectuarase mediante addenda ó documento de formalización do concerto educativo.

Vixésimo segundo.-Os posibles incrementos de unidades concertadas quedarán condicionados á existencia de autorización, á comprobación de que as novas unidades satisfagan necesidades de escolarización e ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional

Ós centros concertados que, ó remate do prazo de solicitude de renovación dos concertos educativos non conten con autorización definitiva, non se lles renovará o concerto, agás que, con carácter excepcional e transitorio, se lles conceda por resolución expresa do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a correspondente prórroga da autorización provisional. Neste suposto a vixencia do concerto será dun ano.

Disposición transitoria

Primeira.-Para o curso 2001-2002 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde. Para o dito curso os prazos establecidos nos puntos décimo segundo, décimo terceiro e décimo cuarto serán os do 1 de marzo, 15 de marzo e 1 de abril respectivamente.

Disposicións derrogatorias

Primeira.-Queda derrogada a Orde do 8 de xaneiro de 1997, pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 1997-1998.

Segunda.-Quedan derrogadas todas aquelas normas de igual ou inferior rango que se opoñan a esta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Queda facultada a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las normas necesarias para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Orde do 10 de xaneiro de 2001 pola que se establecen subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social. Así mesmo, no artigo 33.2º establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de Seguridade Social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais para Galicia, recolle no seu artigo 49 que a Administración autonómica poderá establecer subvencións a entidades prestadoras de servicios sociais.

De conformidade co Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, correspóndenlle a esta competencias en materia de servicios sociais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados pola Constitución española.

Mediante Real decreto 373/1999, do 5 de marzo, aprobouse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia e servicios sociais encomendados ó Instituto Social da Mariña (ISM).

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ós capítulos IV e VII dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, no exercicio inmediatamente anterior ó dos orzamentos con cargo ós que se vaian imputa-los correspondentes gastos.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001 establécense os requisitos xerais aplicables ás subvencións concedidas pola Administración autonómica, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente orde, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Con este fin, no citado proxecto de Lei de orzamentos, nas aplicacións:

11.03.212A.780.1

11.03.212D.780.0

11.03.212D.480.1

11.03.212D.482.1

11.03.212D.482.2

11.03.212D.484.1

11.03.212D.485.0

Existen partidas orzamentarias consignadas para as axudas que se establecen no articulado da presente orde, destinándose para tal efecto un crédito inicial máximo de 238.971.496 pesetas, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios conforme o fin para a que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. A presente orde ten por obxecto o establecemento de axudas económicas ás entidades que presten os servicios sociais seguintes:

1.1. Servicios sociais de axuda a domicilio.

1.2. Centros e servicios para minusválidos.

1.3. Centros e servicios para a terceira idade.

1.4. Centros e servicios de prevención da delincuencia e tratamento de delincuentes, de atención a internos e de reinserción de expenados.

1.5. Centros e servicios para persoas en estado de necesidade e marxinados.

2. A solicitude, tramitación e concesión das axudas obxecto da presente orde axustarase ó disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e ó proxecto de Lei de orzamentos da Comunidad Autónoma galega para 2001.

Artigo 2º.-Destinatarios.

1. Poderán solicita-las subvencións reguladas na presente orde as asociacións, federacións ou calquera outra entidade de iniciativa social que sexan titulares dos centros ou presten algún dos servicios establecidos no artigo anterior, sempre que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro, e pola Orde do 5 de febreiro de 1996, que desenvolve o anterior.

2. A obtención de subvención para o mantemento de centros dos que sexan titulares as entidades de iniciativa social quedará condicionada á solicitude, antes do remate do prazo de presentación das instancias, do permiso de inicio de actividades previsto no Decreto 243/1995, do 28 de xullo. A solicitude presentarase en modelo normalizado e irá acompañada da documentación prevista no artigo 21 do citado decreto.

3. Inclúense no ámbito subxectivo desta orde as entidades que, cumprindo cos requisitos establecidos nela, dirixan a súa actividade a traballadores, pensionistas e beneficiarios do sector marítimo pesqueiro.

4. As entidades que accedan á presente convocatoria deberán dedicarse con carácter preferente, en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións dirixidas en favor de calquera dos colectivos enumerados no artigo primeiro desta disposición.

Artigo 3º.-Tipos de axudas.

Os tipos de axudas que se poderán solicitar son os seguintes:

a) De investimento.

-Adquisición, construcción, reforma, ampliación ou mellora de inmobles.

-Equipamento e moblaxe.

b) De mantemento.

-De centros e servicios así como do programa de axuda a domicilio.

-De asociacións e outras entidades.

c) De promoción de actividades.

-De integración social.

-De carácter asociativo ou comunitario.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre as subvencións.

a) Tódalas axudas reguladas na presente orde, por criterio da consellería, poderán estar suxeitas á formalización dun convenio entre a institución beneficiaria e a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que poderá ser prorrogado para futuros exercicios nas condicións legalmente previstas.

b) Tanto para as subvencións de investimento como para as de mantemento e promoción de actividades, a subvención poderá significa-lo financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade, de tal xeito que a suma das subvencións concedidas por todo tipo de organismos públicos ou privados, percibidas coa mesma finalidade, non supere o 100% do importe total do gasto efectuado.

c) As delegacións provinciais ou, se é o caso, os servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais poderán efectua-las comprobacións que consideren oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei de servicios sociais de Galicia e pola súa normativa de desenvolvemento ás asociacións de iniciativa social.

d) A súa concesión axustarase ó disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e ó que estableza o proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001.

e) As institucións con personalidade xurídica independente que desenvolvan actuacións nun mesmo ámbito territorial, provincial ou supraprovincial, estarán facultadas para solicitar subvencións dirixidas á realización conxunta de actividades con idéntica finalidade. As instancias tramitaranse individualmente e cada entidade solicitará unha parte pro

porcional da axuda, de xeito que a suma resultante das subvencións solicitadas por todas elas non poderá supera-lo custo total da actividade.

Artigo 5º.-Solicitudes.

As solicitudes formularanse nos modelos oficiais que se facilitarán nas delegacións provinciais, servicios centrais ou servicios comarcais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, así como en calquera das oficinas de Información Administrativa e Atención ó Cidadán da Xunta de Galicia. A devandita solicitude deberá ir acompañada ademais de pola documentación requirida para as distintas axudas, pola documentación estatística relativa á institución e ós distintos centros ou servicios xestionados, debidamente cuberta nos modelos oficiais conforme os anexos VII, VIII ou IX da presente orde, segundo corresponda.

1. Documentos comúns a tódalas axudas.

a) Solicitude segundo o modelo oficial (anexo I).

b) Memoria da institución segundo o modelo oficial (anexo II).

c) Ficha de solicitude de transferencia bancaria segundo o modelo oficial (anexo III).

d) Certificación bancaria das contas correntes nas que se ingresará, se é o caso, o importe efectivo da subvención concedida.

e) Acreditación da personalidade e representación do solicitante.

f) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

g) Declaración das subvencións ou axudas obtidas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou de entes públicos nacionais ou estranxeiros, ou negativa, se é o caso.

h) As entidades que solicitaran subvención no exercicio anterior, quedarán exentas de presenta-la documentación prevista nos epígrafes c), d), e) e f), sempre que non se producisen modificacións no seu contido, circunstancia que será acreditada mediante certificación expedida polo representante da entidade.

2. Documentos específicos para cada tipo de subvención.

2.1. Para subvencións de mantemento.

Carpeta na que conste a identificación do centro, descrición técnica deste, cadro-resumo do persoal, relación de beneficiarios e orzamento de mantemento (anexo IV).

Cando se trate de servicios nos que, polo seu carácter ambulatorio, transitoriedade ou natureza da atención prestada, non sexa posible ou conveniente identificar concretamente as persoas atendidas, substituirase o cadro-resumo e a relación de beneficiarios por unha certificación do director do centro, co visto e prace do presidente da institución, na que se indique o número de beneficiarios ou a frecuencia dos servicios que se prestan, segundo proceda.

No caso dos servicios de axuda a domicilio, a certificación fará referencia ó número de beneficiarios e de horas prestadas.

2.2. Para subvencións de promoción de actividades.

a) Programa das actividades que se pretenden realizar (anexo V).

-Denominación de cada programa ou actividade.

-Resumo do contido de cada programa.

-Colectivo de atención.

-Descrición e fins de cada programa.

-Período de execución. Localización territorial.

-Número de usuarios directos.

-Metodoloxía e instrumentos que se van utilizar.

-Avaliación e seguimento do programa: obxectivos que se van acadar, indicador de impacto utilizado para a súa medición e resultado esperado en relación a cada obxectivo.

b) Orzamento desagregado por partidas dos gastos previstos, así como dos posibles recursos con que se conte para o seu financiamento.

A entidade solicitante que, ó abeiro da presente convocatoria opte pola realización conxunta dun programa con outras institucións participantes, identificará a estas, indicando expresamente o custo total da actividade, a parte proporcional da axuda que solicita cada unha delas e os recursos materiais e financeiros que achegan.

c) Compromiso expreso de ceder a favor da Xunta de Galicia os dereitos dos resultados obtidos no caso de congresos, reunións científicas, estudios e publicacións, así como de presentar un informe destes.

2.3. Para subvencións de investimento.

2.3.1. Adquisición de bens inmobles.

a) Certificado do Rexistro da Propiedade no que se acredite que o inmoble obxecto da adquisición está libre de cargas, así como a titularidade deste a favor do vendedor.

b) Documento de opción de compra, no que se indicará a data de caducidade desta, así como o prezo e a forma de pagamento.

c) Informe técnico sobre o estado do inmoble.

2.3.2. Construcción, reforma, ampliación ou mellora.

a) Certificado do Rexistro da Propiedade que acredite o dominio do solicitante do inmoble ou, se está en aluguer ou cedido, declaración do propietario na que faga consta-las condicións nas que se efectuou este e a súa conformidade coas obras que se pretenden realizar.

b) Certificado do concello correspondente no que se faga constar que os plans urbanísticos aprobados

e as ordenanzas municipais en vigor permiten a realización da obra que se proxecta e que esta cumpre cos requisitos establecidos na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Memoria das obras que se van realizar, co orzamento incorporado.

d) Plan de financiamento da obra.

2.3.3. Equipamento.

a) Orzamento do importe das adquisicións que se pretenden realizar, axustándose a criterios de funcionalidade e economía.

b) No caso de que no ano anterior se subvencionase a construcción do centro, acreditación de que a obra está totalmente rematada.

Artigo 6º.-Prazo de presentación das solicitudes e documentación.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde.

Artigo 7º.-Lugar de presentación das solicitudes e documentación.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse, de conformidade cos modelos normalizados, nas delegacións provinciais ou servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sendo de aplicación, en todo caso, o disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada por Lei 4/1999.

Artigo 8º.-Tramitación dos expedientes.

1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano encargado do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro, e pola Orde do 5 de febreiro de 1996, que desenvolve o anterior, emitirá unha certificación relativa ás entidades inscritas, para o efecto de comproba-lo disposto no artigo 2º, e remitirállela a tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2. As delegacións provinciais ou, cando proceda, os servicios centrais da consellería comprobarán que as solicitudes cumpren co establecido nesta orde e, se é o caso, requirirán os interesados para que no prazo de dez días emenden as faltas ou acheguen os documentos preceptivos con indicación de que se así non o fixesen, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

3. Os expedientes, unha vez revisados e, se é o caso, completados, remitiranse á Comisión Provincial ou Central de Valoración de Axudas Institucionais, que terá a función de propoñe-la aprobación ou denegación das subvencións, seguindo os criterios obxectivos recollidos na presente orde.

4. A composición das comisións de valoración será a seguinte:

a) Na esfera central:

-Presidente: o director xeral de Servicios Sociais.

-Vocais: o subdirector xeral de Acción Social e o subdirector xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais, actuando como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario por proposta do director xeral de Servicios Sociais. Poderá asistir, con voz pero sen voto, un representante da Intervención Delegada.

b) Na esfera provincial:

-Presidente: o delegado provincial.

-Vocais: dous funcionarios da Área de Servicios Sociais, designados pola delegación provincial. Actuará como secretario un dos vocais. Poderá asistir, con voz pero sen voto, un representante da Intervención Territorial.

5. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o presidente da respectiva comisión e, sempre que fose posible, o dito nomeamento deberá recaer noutra persoa da mesma subdirección ou servicio có substituído.

Artigo 9º.-Criterios de prioridade na valoración das axudas institucionais.

1º Criterios xerais:

-Implantación social da entidade e número de socios ou afiliados.

-Garantías de realización das actuacións propostas.

-A constitución da entidade con polo menos dous anos de antelación á publicación da convocatoria. Exceptúanse confederacións ou federacións de recente creación que estean compostas maioritariamente por federacións ou asociacións de máis de dous anos de antigüidade.

-A complementariedade coas actuacións públicas ou a satisfacción, por parte dos proxectos deseñados, de necesidades sociais non cubertas suficientemente.

2. Criterios específicos:

a) Axudas de investimento:

-O déficit ou a insuficiencia de recursos na zona de influencia.

-A adaptación dos centros e servicios ó cumprimento dos requisitos esixidos no Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais e á correspondente normativa en función do tipo de centro, así como á lexislación sobre accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma galega.

b) Axudas de mantemento:

-O mantemento de centros de atención nas áreas de minusvalía, vellez e marxinación social, atendéndose con carácter preferente o mantemento de residencias e centros de día.

-O mantemento de servicios de atención directa de forma continuada en calquera das áreas de actuación a que fai referencia o artigo 1º da presente orde.

c) Axudas de promoción de actividades:

-O desenvolvemento de programas e a realización daquelas actividades que tendan a posibilitar e fomenta-lo desenvolvemento persoal e a integración social dos colectivos recollidos nesta orde.

-En todo caso gozarán de preferencia neste epígrafe, as solicitudes que se formulen por entidades xuridicamente independentes para a consecución e financiamento conxunto de actividades con idéntica finalidade.

Artigo 10º.-Resolución.

1. Delégase a competencia para resolve-la concesión das axudas solicitadas ó abeiro da presente orde nos delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, segundo o seu respectivo ámbito territorial, unha vez fiscalizadas polas intervencións competentes. Exceptúanse do disposto anteriormente aquelas axudas destinadas a subvencionar investimento, mantemento e promoción de actividades de asociacións ou entidades de ámbito supraprovincial, que serán resoltas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

2. Tanto a concesión como a determinación do importe das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva atendendo ós criterios de prioridade establecidos nesta orde.

3. As resolucións recaídas serán motivadas e notificaranse ós interesados para a execución da axuda outorgada no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde. Se vencese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido, cando non fose posible efectualas dentro del, por existir fondos provenientes de recursos de subven

cións inicialmente concedidas ou doutro tipo de remanentes.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

5. As resolucións recaídas poñerán fin á vía administrativa e poderán ser recorridas potestativamente en reposición ou ser impugnadas directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, de acordo co previsto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

Artigo 11º.-Obrigas das entidades subvencionadas.

Os beneficiarios destas axudas deberán:

a) Realiza-la actividade, servicio ou investimento que fundamenta a concesión da subvención. En todo caso, as actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do exercicio.

b) Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade e o cumprimento dos requisitos e das condicións que determine a concesión da axuda ou subvención.

c) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información, a condición de subvencionada pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da consellería. En particular, o beneficiario queda obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

e) Autoriza-la inspección dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre os seus centros e actividades.

f) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público nacional ou internacional.

Artigo 12º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

1. De conformidade co establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2001, as asociacións e outras entidades de iniciativa social quedan exentas de acreditar que se atopan ó día das súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás no caso

daquelas subvencións ou axudas para investimento por unha contía superior ás 250.000 pesetas.

2. Unha vez dictada a resolución pola que se concede a subvención, procederase ó pagamento e xustificación na forma que a continuación se indica, agás nos casos nos que se establezan convenios nos que se aplicará o que neles se sinale ademais do establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2001 e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2.1. Subvencións de promoción de actividades e mantemento.

Ó abeiro do establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, e de acordo co disposto por acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 28 de decembro de 2000, o pagamento destas axudas poderá facerse segundo se establece a continuación:

Para aquelas subvencións que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata o 80%, e librarase o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para as que foi concedida, mediante un balance de ingresos e gastos asinado polo presidente ou responsable da entidade no que se reflectirá que o gasto realizado foi igual ou superior ó importe total da axuda, acompañado dos xustificantes do gasto realizado como consecuencia da actividade obxecto da subvención.

Nos demais casos, o pagamento das axudas poderá facerse nos seguintes prazos:

a) Un primeiro, de ata o 50% da totalidade da subvención, con carácter de anticipo a conta da liquidación, que poderá acordarse no momento da súa concesión.

Para facer efectivo este anticipo deberán presentarse os seguintes medios documentais provisionais de xustificación:

1. Para as subvencións de mantemento, certificación ou declaración xurada, se é o caso, do director ou responsable da entidade dos gastos realizados durante o exercicio e as cantidades pendentes de pagamento.

2. Para as subvencións de promoción de actividades, certificación ou declaración xurada, se é o caso, do director ou responsable da entidade do inicio das actividades.

b) Ata o 80% da subvención concedida poderán acordarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique ter realizado un gasto equivalente mediante certificación do director ou responsable da entidade, xunto cos xustificantes do gasto realizado como consecuencia da actividade obxecto da subvención.

c) O 20% restante farase efectivo, unha vez xustificada a aplicación da totalidade da subvención para o fin para o que foi concedida, mediante un balance de ingresos e gastos asinado polo presidente ou responsable da entidade no que se reflicta que o gasto realizado foi igual ou superior ó importe total da axuda, xunto cos xustificantes do gasto realizado como consecuencia da actividade obxecto da subvención.

En todo caso, unha vez recibida a resolución da concesión de axuda para mantemento e promoción de actividades, a entidade beneficiaria deberá remitir no prazo dun mes certificación acreditativa de que foi aceptada a subvención.

Así mesmo, a entidade deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, ante a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou delegación provincial respectiva, un balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural conforme o anexo VI, así como unha memoria no caso de promoción de actividades. Cumprir este trámite considérase requisito previo para a concesión de subvencións nos exercicios seguintes.

2.2. Subvencións de investimento.

No suposto de subvencións para gastos de investimento, o pagamento e a xustificación efectuaranse de acordo co establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

En todo caso, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Subvención para adquisición de inmobles. O aboamento da subvención efectuarase unha vez presentada ante a entidade que a concedeu unha copia da escritura pública de compravenda, que recollerá unha cláusula na que se faga constar que o inmoble obxecto da subvención deberá de manterse, polo menos durante trinta anos, destinado á finalidade que serviu de fundamento á petición.

b) Subvencións para construcción, reforma, ampliación ou mellora de inmobles.

-Certificación asinada e selada pola entidade receptora da axuda, na que se faga consta-la realización das obras e a conformidade con elas.

-Certificado ou factura orixinal expedida pola empresa ou contratista individual que realizou a obra.

-Nas subvencións para a construcción de nova planta, presentarase compromiso asinado polo representante legal da entidade beneficiaria de que o inmoble se destinará, durante 30 anos, á finalidade que serviu de fundamento á petición.

c) Subvención para equipamento e moblaxe.

-Certificado do representante da entidade na que conste a realización da subministración e a súa conformidade con ela.

-Facturas orixinais, debidamente conformadas, de cada unha das casas subministradoras.

3. Nos dous epígrafes anteriores, as facturas deberán cumpri-lo disposto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, e nas súas modificacións posteriores. Así mesmo, no momento da xustificación final do gasto e, en calquera caso, antes do último pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo obxecto que corresponde ás axudas reguladas pola presente orde.

4. A documentación xustificativa dos gastos realizados deberase presentar antes do 30 de novembro do ano 2001. Non obstante, o prazo de xustificación das subvencións de promoción de actividades, en casos excepcionais e debidamente xustificados, poderase prorrogar ata o 30 de setembro do ano 2002.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para estes fins nos orzamentos desta Comunidade Autónoma para o ano 2001.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde, así como a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Terceira.-En materia de infraccións e sancións haberá que aterse ó disposto no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias, e de función pública e actuación administrativa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Servicios Sociais para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

CONSELLERÍA DE XUSTIZA,

INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

Resolución do 27 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta asinada pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña mediante a que se fixa o calendario laboral para o ano 2001.

Visto o texto da acta asinada o día 16 de novembro de 2000 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña (código 1501235) integrada pola representación da Asociación Provincial de Industrias de la 1ª Transformación de la Madera de A Coruña (rematantes e serradoiros da provincia da Coruña) e das centrais sindcais UGT., CC.OO e CIG, mediante a que se fixa o calendario laboral para o ano 2001, no ámbito do referido convenio, de conformidade có disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Esta

tuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de novembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Orde do 15 de xaneiro de 2001 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

Convocado proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000, publicada no DOG número 115, do 14 de xuño de 2000, e de conformidade co establecido na correspondente base da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición dos tribunais que deberán cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia serán os que a continuación se indican.

Tribunal.

Grupo E.

E.1.

Titular:

Presidente: Juan José Álvarez Pérez, secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Vocais:

José Ramón Pardo Cabarcos, secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública, en representación da EGAP.

Elena Nimo Mayo, funcionaria da Xunta de Galicia.

Ángel Fernández López, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Xosefa Rey Liñares, funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidenta: Loreto Díaz Sánchez, subdirectora xeral de Xestión de Persoal da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais:

Mª José Fernández Ribeiro, funcionaria da Xunta de Galicia, en representación da EGAP.

Pastora Currás Quintairos, funcionaria da Xunta de Galicia.

Julián Fouz Pérez, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Regina Yrago Pereira, funcionaria da Xunta de Galicia.

E.2.

Titular:

Presidente: Eduardo Suárez Campo, subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control

Orzamentario da Consellería de Industria e Comercio.

Vocais:

Francisco Gómez Abelleira, profesor titular da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, en representación da EGAP.

Alfonso Blasco García, funcionario da Xunta de Galicia.

Manuel Rodríguez Pombo, en representación das organizacións sindicais .

Secretario: Santiago Suárez Serrano, funcionario da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidenta: Yolanda Otero Escudeiro, funcionaria da Xunta de Galicia.

Vocais:

Juan Ferreiro Galguera, profesor titular da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, en representación da EGAP.

Álvaro López Berdullas, funcionario da Xunta de Galicia.

Andrés Roel Nieto, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Lourdes Courtier Ramos, funcionaria da Xunta de Galicia.

E.3.

Titular:

Presidente: José Ricardo Díaz Presedo, subdirector xeral de Coordinación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Vocais:

Dolores Sáez Madrid, funcionaria da Xunta de Galicia, en representación da EGAP.

Susana Mª Castro Barral, funcionaria da Xunta de Galicia.

Olga Ferreiro Villaverde, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: José Luis Andújar Pose, funcionario da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidente: Enrique Álvarez Romero, asesor xurídico da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Vocais:

Esther Viz Otero, funcionaria da Xunta de Galicia, en representación da EGAP.

Ángel Romero Baleirón, funcionario da Xunta de Galicia.

Antonio Jesús Pais Andrade, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª del Mar Paz Santamaría, funcionaria da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Orde do 15 de xaneiro de 2001 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Presentada renuncia por Mª del Mar Pousa Cobas, nomeada presidenta suplente do tribunal D1 encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia pola Orde do 11 de decembro de 2000 (DOG nº 250, do 28 de decembro), esta consellería, de conformidade co establecido na base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo,

DISPÓN:

Acepta-la renuncia de Mª del Mar Pousa Cobas, presidenta suplente do tribunal D1.

Así mesmo, esta consellería dispón o nomeamento de José Eduardo Sánchez Campos, subdirector xeral de Contratación e Control Orzamentario da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, como presidente suplente do tribunal D1.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Resolución do 8 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 30 do grupo III (programador/a) (lista B), publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 138, do 17 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 30 do grupo III (programador/a)(lista B), publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 17 de xullo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados, no sentido de:

Incluír a Isabel Cotón Rubio, con DNI número 44.811.758, no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 17 e no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 13, en todos eles cunha puntuación de 1,250 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Resolución do 10 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 11 do grupo V (limpador/a/fregador/a e outros) (lista B), publicada por Resolución do 19 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 25 de maio).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 11 do grupo V (limpador/a/fregador/a e outros) (lista B), publicada por Resolución do 19 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 25 de maio), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados, no sentido de:

-Incluír a Ana María Costas Rial, con DNI nº 36.030.805, no ámbito xeográfico X3605 co número de orde 1, no ámbito xeográfico X3607 co número de orde 2 e no ámbito xeográfico X3609 co número de orde 11, cunha puntuación de 10,440 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Resolución do 22 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, lista B, de conformidade coas resolucións do 16 de outubro e do 11 de decembro de 2000.

Publicadas as resolucións do 16 de outubro e do 11 de decembro de 2000, relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de

abril, correspondentes ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, lista B, e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, lista B. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 1 de marzo de 2000; a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos para este corpo naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 1,00 puntos. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, non están admitidos.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas conforme a convocatoria do 28 de xaneiro de 1998 (DOG nº 28, do 11 de febreiro), correspondentes ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública