Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2001 Páx. 948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3º do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG do 11 de abril), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para os días 2 e 3 do mes de marzo de 2001 en Santiago de Compostela.

Segundo.-A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Fernando Amarelo de Castro

Secretario xeral para as Relacións

coas Comunidades Galegas

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución da comisión.

2. Informe das actuacións realizadas en favor da Galicia exterior no ano 2000 e presentación da memoria anual.

3. Informe sobre as liñas de actuación para o ano 2001.

4. Informe dos distintos departamentos da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas sobre actividades do ano 2000.

5. Intervención e informe dos representantes das comunidades galegas na comisión delegada.