No Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra tramítase o recurso nº 1/2001 (protección dos dereitos fundamentais da persoa) interposto polo referido colexio contra a convocatoria de probas de selección de persoal da Fundación Pública Hospital do Salnés, convocada por resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 18 de decembro de 2000, no que respecta á selección de persoal facultativo e técnicos superiores.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazados para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vilagarcía de Arousa, 22 de xaneiro de 2001.
Rafael Pérez-Santamarina Feijóo
Director da Fundación Pública Hospital do Salnés

