A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo 02/0005133/2000, interposto por Mª Teresa Ventoso Cañas contra resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 13-7-2000, pola que se desestima o recurso de revisión interposto contra a Orde do 1-9-l999, pola que se declara extinguida a concesión da batea denominada Este, do polígono Cambados A.
En consecuencia, esta consellería acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e emprázanse para que poidan comparecer como parte ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2001.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura