Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo do grupo de espectáculos e deportes da provincia da Coruña para a corrección de erros.

Visto o texto da acta asinada o día 20 de setembro de 2000, pola comisión negociadora do convenio colectivo do grupo de espectáculos e deportes da provincia da Coruña (código de convenio 1500715), integrada en representación da parte económica polo Real Club Náutico de A Coruña, La Solana, Club de Tenis de A Coruña e Club de Golf de A Coruña e da parte social por CIG, UGT e CC.OO., pola que se acorda a corrección de erros no artigo 8 do texto do convenio colectivo publicado no DOG nº 179, do 14 de setembro de 2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Acta de corrección de erros do convenio colectivo do grupo espectáculos e deportes da Coruña para o ano 2000

Na Coruña, sendo as 11 horas do día 20 de setembro, reúnense nos locais da Confederación Intersindical Galega (CIG) as persoas a continuación indicadas, representantes da parte empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de espectáculos e deportes da provincia da Coruña.

Pola representación empresarial:

Gerardo Villarino Gómez

Manuel Castellano Expósito

Fernando Rodríguez Rodríguez

José M. Pérez-Lago de Lanzas

Pola representación social:

Ángel Ucha Arcay (CIG)

Soledad Gómez Eiroa (CIG)

Antonio Vilar Otero (CIG)

Xosé Lois Martín Freire (CIG) (asesor)

Ángeles Míguez (UGT)

María Ángeles Rego Piñeiro (UGT)

Juan Trigo Espiñeira (UGT) (asesor)

Ricardo López Mejuto (CC.OO.)

Jaime López Gutiérrez (CC.OO.)

Miguel A. Riveira Orgueira (CC.OO.)(asesor)

A reunión ten como obxecto a corrección de erros que aparece no artigo 8º, referente á antigüidade do texto do convenio colectivo remitido para a súa publicación e rexistro á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, que queda como segue:

Onde di: «ós 3 anos, 10%», debe dicir: «ós 3 anos, 8%».

A comisión negociadora do devandito convenio faculta a Xosé Lois Martín Freire para a tramitación da devandita acta de corrección de erros diante da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para os efectos da súa publicación e rexistro.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión no mesmo lugar e data.