Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva, da asistencia para a realización de traballos de creatividade e elaboración de orixinais para a promoción dos valores de Galicia.

O secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, actuando no nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencia segundo Orde do 22 de febreiro de 1999, acorda facer pública a adxudicación definitiva da asistencia técnica convocada por Resolución do 21 de decembro de 2000 desta secretaría xeral, polo sistema de concurso público aberto, para a realización de traballos de creatividade e elaboración de orixinais para a promoción dos valores de Galicia.

De conformidade cos artigos 81 e 88, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e o punto 10 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación, constituída para o efecto, despois de examinar e pondera-las proposicións presentadas, eleva proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vistas as actas da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 73, 74, e 208 do citado Real decreto lexislativo 2/2000, e os puntos 7, 10 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares deste contrato, esta secretaría xeral resolveu adxudica-la citada contratación á empresa Canle de Comunicación, S.L. por un importe IVE incluído de 34.800.000 pesetas (209.152,212 euros).

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, «ad sensum» dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde

o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2001.

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións cos Medios

Informativos