Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Serra das Penas para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 079-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula

o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Serra das Penas, coas seguintes características:

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., rúa do Castiñeiriño 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concello de Paradela (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1614.0004.738.000

PS2617.0004.738.000

PS3620.6004.727.000

PS4615.0004.731.150

PS5612.9004.735.800

Superficie afectada: 38.472 ha.

Potencia bruta: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 29 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo