Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da asociación Agrupación de Defensa Sanitaria de Avicultura de Recría y Puesta de A Coruña, Lugo y Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 28 de decembro de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Andrés Almazán Ortega, avalada co visto e prace do presidente, José Penelo Reguera, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral, ans xuntanzas realizadas os días 7 e 26 de setembro de 2000, e consistentes na modificación dos artigos 6 e 29 dos estatutos, referentes ós fins da asociación e á composición da xunta directiva.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais