Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Consejeros de Seguridad.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositadas a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Consejeros de Seguridad que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os profesionais titulados como conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, que desenvolvan a súa actividade profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Sonia e Yolanda Contreras Álvarez.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

José Vazquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais