En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 12 de xaneiro de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Antonio Arufe Rodríguez, avalada co visto e prace do presidente, Adolfo Domínguez Fernández, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria do día 28 de novembro de 2000, e que consiste na modificación do artigo 6 dos estatutos, referente ós fins da asociación.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais

