Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 23 de xaneiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da UA 30, sita na avda. do Balneario, promovido por Calixto Bermúdez, en representación de Patiño y Gestal, S.L., segundo proxecto redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez e visado polo COAG con data do 11 de decembro de 2000, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 40/2000 PUR).

Arteixo, 29 de xaneiro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de Alcalde