Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno, en sesión do 22 de decembro de 2000, o Plan xeral de ordenación

municipal do Concello de Fornelos de Montes, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderá ser examinado e formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licencias, con carácter específico en todo o ámbito do polígono nº 1 do solo urbano non consolidado, a delimitación do cal se grafa no plano nº 2 a escala 1:1.000. Tamén se suspende o outorgamento de licencias para tódalas edificacións que incumpran as determinacións deste Plan xeral de ordenación municipal.

Fornelos de Montes, 9 de xaneiro de 2001.

Serafín A. Martínez Martínez

Alcalde