Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO.

O Pleno do Concello de Narón, o 29 de decembro do ano 2000, acordou aproba-la memoria relativa ós aspectos social, xurídico, técnico e financeiro da prestación dos servicios de abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento, rede de sumidoiros, mantemento de edificios, xardinería e outras actividades e servicios subsumibles na noción ampla de prestacións ambientais, o que se expón ó público durante o prazo de trinta días naturais para a formulación de observacións polos particulares e entidades, no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Narón, 10 de xaneiro de 2001.

Juan Gato Díaz

Alcalde