De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:
A liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 110 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 37 da liña Palmeira-Sirves-Tomada e final no C.T. Sirves-Norte, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Sirves-Norte, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e
conductor R.Z. de 855 m de lonxitude que se conectará á rede existente. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Sirves. No termo municipal de Ribeira. (Expediente 316/2000).
O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.
Esta publicación realízase igualmente para efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 27 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 316/2000.Provincia: A Coruña
L.M.T, C.T. e R.B.T. Sierves Norte.Termo municipal: Ribeira.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
15960 Ribeira
15960 Ribeira
Newyers-Usa
15960 Ribeira
3 A Carballeira Monte alto Josefa Valiño Bretal Bretal-Olveira, 42
1 2 14 256
4 A Carballeira Monte alto José Domínguez Chousa Bretal-Olveira, 66
18 324
5 A Carballeira Monte alto Mª Luisa Rego Río Prospct. S.T. Newar
10 132
9 A Carballeira Monte alto Dolores Balido Santos Bretal-Olveira, 95
10 80

